venres, 24 de setembro de 2021

RUTA DA CARBALLEIRA. SOBRADO DOS MONXES. A CORUÑA

 Seguro que case todos oímos falar de Sobrado dos Monxes a causa do seu enorme e maxestuoso mosteiro do que falarei na seguinte entrada porque ben merece unha para el solo.

En Sobrado tamén hai unha ruta de sendeirismo, a Ruta da Carballeira, que percorremos e como é curta e moi fácil deunos tempo a visitar o Mosteiro con calma, a coñecer o pequeno santuario de Santa Colomba das Pías que está nun entorno moi fermoso e a Ciadela, un campamento romano , o máis grande de Galicia que aínda non está rematado de escavar.

Imos primeiro e coa ruta de sendeirismo "Ruta da Carballeira".

Características: 

Lonxitude: 7,9 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular ben sinalizada, aínda que nós apartámonos algo do trazado orixinal por recomendación de Adelaida, unha rapaza que traballa en Información Turística do concello de Sobrado e que moi amablemente nos indicou unha pequena variación no percorrido para poder visitar a Lagoa de Millares e enlazar despois coa ruta orixinal.

O track da ruta en Wikiloc

Descripción: 

Aparcamos o coche diante mesmo do concello e de aquí é de onde parte esta ruta. 


Camiñamos uns metros pola beirarúa e deseguida vemos xa a 1ª indicación da ruta. Collemos pois, á dereita:


Cruzamos a estrada que vai a Melide, seguindo as indicacións.


Pasados case 500m. entramos de cheo na carballeira:


Nesta carballeira, chamada "carballeira de Casa do Gado" foi rodada a película do director J. Luis Cuerda, "El bosque animado".



Chegamos de novo á estrada con beirarúa pola que camiñaremos sobre 800 m. ata chegar á Lagoa de Sobrado:

A Lagoa de Sobrado é artificial xa que foi creada polos monxes do mosteiro no S. XVI co obxectivo de ter auga para os seus cultivos, para as cociñas do mosteiro e para mover o muíño.
Nesta lagoa hai moitos nenúfares.


A lagoa é un paraíso para as aves. Nós poidemos observar ao lonxe a dous lavancos.

Hai un observatorio de aves e con sorte e estando en silenzo podemos ver algunhas.
A lagoa está rodeada por un espeso bosque caducifolio.

Unha pasarela de madeira percorre parte da lagoa (uns 500m) Ao ser espazo protexido onde se refuxian moitas aves, non se pode percorrer enteira.


Damos a volta ao chegar ao fin da pasarela. A maioría da xente, dá a volta dende este punto. É dicir volve pola estrada para atrás ata atopar o sinal da ruta. Nós, por recomendación de Adelaida, unha rapaza que traballa en Información Turística do concello, seguimos de frente pola estrada que traíamos uns metros (con moitísimo coidado xa que non hai beirarúa) para ver a lagoa dende o outro lado, frente á pasarela de madeira onde estivemos antes.  Despois, collemos unha estrada estreita onde indica "Aptos. turísticos de Casa de Millares" e "Eirixe Nova".
 
Esta lagoa é unha zona húmida de interese europeo

Imos por esta estrada local sen pintar e aínda que é por asfalto a vexetación é xenerosa ás beiras.
E chegamos deseguida á Lagoa de Millares, tamén artificial. Foi construída para embalsar auga para un muíño próximo. É moito máis pequena ca outra pero tamén un importante refuxio para moitas aves.

Ao pé desta lagoa están os apartamentos turísticos "Casa de Millares" que amosan varias figuras  feitas en madeira.
Uns curiosos cervos

Os apartamentos están nun entorno privilexiado:
As orixes desta casa foron a agricultura e a gandería.

Encantounos este tren!!!


Estes apartamentos turísticos foron unha casa de campo que ten máis de 400 anos de antigüidade.


Despois de parar a contemplar tantas cousas fermosas, proseguimos o camiño pola estrada local que traíamos:
Contemplamos unha paisaxe eminentemente rural

E ao pouco deixamos o asfalto para meternos á esquerda por onde nos manda o sinal.

Imos bordeando o mosteiro. Á nosa dereita está o muro do mosteiro que abarca unha boa lonxitude:

Ao rematar de bordear o mosteiro saimos á estrada e á nosa esquerda temos unha área de lecer .


Xa case chegando á vila, divisamos ao lonxe o mosteiro con prados e terras de millo:


E chegamos de novo á praza do concello de onde saímos.

Fomos xantar ao bar-restaurante Real  no que comemos un menú do día con moitos platos onde escoller, abundantes e lugar limpo con bastante bo servizo (tal vez, un "chisquín" lento.

Pola tarde, dedicámonos a coñecer o mosteiro, Santa Colomba das Pías e o campamento romano de Ciadella que comentarei noutra entrada.

domingo, 19 de setembro de 2021

MADEIRA (RESUMO)

 Despois de plasmar a viaxe a Madeira día a día, vou facer un resumo nunha sola entrada para que se poda ver todo de xeito máis rápido e áxil.

1º Día:

- Chegada á illa portuguesa, aloxamento no hotel Alto Lido de **** estrelas e percorrido andando dende o hotel ata Cámara de Lobos.

Piscinas de Ponta Gorda e praia Formosa ao fondo

Praia Formosa

Cámara de Lobos
2º día:

- Visita panorámica de Funchal (este nome seica procede de que nesta illa había moito fiuncho) Estivemos na catedral, no mercado dos lavradores, no xardín botánico...comemos en Funchal e pola tarde visitamos o porto deportivo, a zona de Santa Mª...

Catedral de Funchal

Mercado dos lavradores

Xardín botánico

Hotel e museo de CR7

Núcleo histórico de Santa Mª

3º día

- Costa oeste de Madeira con paradas en varios miradoiros: o da Cruz, Cabo Girâo...estivemos en Ribeira Brava e Porto Moniz.

Cabo Girâo

Ribeira Brava

Porto Moniz

4º día:

- Navegamos na nao Santa Mª vendo golfiños e bañándonos en alta mar. Tarde libre.

Na nao Santa Mª

Bañándonos en alta mar

5º día:

- Visitamos Pico Arieiro (1810 m) cunha incribles vistas, estivemos en Ribeiro Frío, en Santana (onde xantamos) e fomos despois á Punta de S. Lourenzo cunha paisaxe totalmente distinta ao resto da illa.
En Pico do Arieiro (1810 m)

Sendeiro que vai a Pico Ruivo, o máis alto da illa.

As casiñas de Santana

Punta de S. Lourenzo

6º día:

- Levada (ruta de sendeirismo) pola Serra do Faial (un tramo de 3 ou 6 km. a escoller) Tarde libre

Levada da serra do faial

7º día:
- Visita a Monte para baixar nos famosos carros de cesta empregados no pasado para baixar a Funchal. Estivemos tamén en Pico dos Barcelos, Curral das Freiras e miradoiro de Eira do Serrado onde xantamos.
Carriños de cesta

Curral das Freiras dende o miradoiro de Eira do Serrado

8º día
- Retorno á Galicia pola mañá. Fin da viaxe.
Se queres ver con todo detalle e día a día a viaxe, deixo os enlaces:


MADEIRA (7º DÍA)

 Hoxe visitaremos en 1º lugar Monte para baixar (quen o desexe) nas típicas cestas que fan as "carreiras de Monte" 

Monte está a só 6 km. de Funchal e ademais de vehículo, tamén se pode accder en teleférico como fixeron o día antes algúns membros do grupo.

Esta vila foi no pasado un antiguo sanatorio para a alta sociedade europea.

Volvín arrepentida de non haber visitado os xardíns da "Quinta Tropical Monte Palace" xa que tivemos oportunidade de facelo a estou lendo o espectaculares que son. En fin...haberá que volver a Madeira...

O primeiro que visitamos en Monte foi a igrexa de Nosa Señora do Monte que se levanta sobre unha colina  e foi edificada onde houbo unha capela no S. XV edificada por Adam Gonçalves Ferreira que xunta coa súa irmá Eva, foron os primeiros nenos nados en Madeira.

Igrexa de Nosa Señora do Monte

Os famosos Carros de Cesta son actualmente un gran atractivo turístico en Monte. Ao longo de 2 km. descéndese nestes carros feitos de madeira e vimbio que en tempos pasados era a solución máis rápida para baixar ata Funchal. Estes carros son conducidos por homes vestidos todos de branco e cun sombreiro de palla chamados "carreiros" que guían con precisión e frean coas súas botas de suela moi grosa para evitar que o trineo poda volcar por unhas empinadas rúas.

Os homes esperando polos turistas cos seus carros cesta 



Foi unha boa experiencia baixar netse carro cesta!!

Despois fomos ata o miradoiro de Pico dos Barcelos dende onde temos unhas boas vistas de Funchal e as montañas circundantes.


E seguimos viaxe ata Eira do Serrado, a 1095 m. de altitude dende onde temos unhas magníficas vistas do val onde se atopa Curral das Freiras e as enormes montañas que o rodean. Aquí mesmo comemos, nun restaurante cunhas vistas espectaculares.

Curral das freiras aló embaixo

Curral da Freiras (valle de las monjas) está situado nun profundo val rodeado de montañas e lonxe do mar. No S. XVI chegaron aquí unhas monxas escapando do ataque dos piratas, de aí o nome do lugar. Neste lugar tan illado, os seus habitantes viven do que cultivan e algo do turismo. Son moi famosas as castañas desta zona coas que se elaboran multitude de receitas.

E de volta ao hotel, dispoñemonos a facer as maletas xa que ao día seguinte pola mañá tocaba coller o avión de volta a Galicia.

Despedímonos de Madeira, dunha viaxe inesquecible a esta marabillosa illa á que teño que volver xa que aínda que vimos os lugares máis emblemáticos e aínda que a illa é pequena ten moitísimo para ver: Teño que ir aos xardíns da Quita Tropical Monte Palace, a Machico, a Calheta e sobre todo realizar algunha ruta de sendeirismo: a que vai a Pico Ruivo (aínda que só sexa un tramiño) a do Furado, a de S. Lourenzo...en fin...moitos motivos para volver...

Fontes dixitais:

Curral das Freiras - Valle de las Monjas, Isla de Madeira (madeira-web.com)

Portugal - Guía de turismo y hoteles en Portugal (turismoenportugal.org)