Hoxe visitamos a comarca de O Bierzo en León da man de "Amigos das Viaxes" que preside Jaime Cancio. Como de costume, en canto á organización e atención na viaxe merece un sobresaínte.
Saimos ás 8:00 da Mariña de Lugo e despois de parar en Vega de Valcalce media hora a tomar un café ou o que cadaquén quixo, chegamos ao 1º concello que visitamos sobre as 11:30h.
CORULLÓN.-
Corullón é un pequeno municipio da comarca de O Bierzo de menos de 1000 habitantes que está situado nunha fértil veiga que rega o río Burbia. Atopamos neste municipio mazás, castañas, peras, vides... e sobre todo cereixas, tantas que Corullón é chamado o "Jerte berciano"
"Un pueblo que huele a cerezo y a uva, que es balcón al Bierzo, que sabe a lo mejor de la huerta berciana y conserva auténticas joyas patrimoniales" lin nalgún sitio e penso que é un moi bo resumo do que é este municipio.
Ademais de ter unha moi productiva horta, Corullón tamén é sinónimo de románico e así o imos ver en dúas igrexas. A primeira, entrando na vila é :
Igrexa de S. Miguel. En documentos do S. XII xa aparece nomeada esta igrexa. Ten unha planta dunha soa nave e un ábside semicircular.
| Igrexa románica de S. Miguel. |
Nesta fachada sur está tamén a entrada principal cunha porta sinxela de arco de medio punto con arquivoltas apoiadas sobre columnas de capiteis decorados.
A continuación, dúas imaxes da igrexa por dentro. A primeira é un detalle das ventanas que, como en tódalas igrexas románicas, son moi estreitas. Están adornadas cunha columna a cada lado que rematan en chapiteis adornados con distintas figuras.
A seguinte fotografía é unha imaxe do altar maior, no ábside semicircular.
Unha imaxe da igrexa pola outra parte. A torre foi contruida en datas posteriores á igrexa.
Fomos vendo cerdeiras que nesta época aínda algunhas teñen os seus froitos sen recoller.
E chegamos á igrexa de S. Esteban, tamén románica aínda que deste estilo só conserva a nave central e a portada principal. A primeira igrexa foi contruída no S. XI pero 7 anos máis tarde foi destruída e foi reconstruída rematándose no ano 1100. Non poidemos vela por dentro poque nese preciso momento estaban na Misa.
| Igrexa de S. Esteban |
Debaixo, un detalle da Portada románica que se conserva da antiga igrexa. Un arco de medio punto con dúas arquivoltas apoiadas sobre columnas.
De volta ao autobús, volvemos cruzar a Praza do concello. Corullón é moi pequeno e máis ca unha vila, semella unha aldea.
A continuación subimos ata o miradoiro de Corullón dende o que temos excelentes vistas sobre diversas aldeas e vilas do Bierzo da veiga do río Burbia e ao lonxe temos os Ancares galegos.
| Plantación de cerdeiras. |
| Estatua á vendima |
| Igrexa de Santa Mª |
Cacabelos atópase en pleno Camiño de Santiago e esta rúa é testemuña do paso de milleiros de peregrinos ao longo da historia.
| Un inmenso escudo heráldico na fachada dunha casa. |
A ermida de S. Roque foi reconstruída no S. XVI cando aínda se chamaba Ermida da Vera Cruz. Despois das pestes de finais dese século, cambiáronlle o nome polo de S Roque, santo protector desa enfermidade. Desde esa data foi reconstruída en varias ocasións, a última foi no S. XVIII
| Capela de S. Roque |
Seguimos camiñando por esta fermosa rúa
E chegamos ao Hotel "Moncloa de S. Lázaro" . Este edificio foi un antigo hospital de peregrinos no S. XVII. No S. XX desaparece o lazareto e unha ermida que había e o edificio é empregado como vivenda.
Nos anos 80 do S. XX iníciase a rehabilitación do edificio e engádense outras edificacións como o patio e a palloza que actualmente é usada como exposición e venta de productos bercianos.
Á entrada do restaurante recíbenos unha abundante vexetación. Á dereita, a palloza onde está instalada a tenda.
Fermosa terraza
Outro recuncho do hotel.
Un detalle dun salón interior.
Dende Cacabelos partimos para:
Empezamos a camiñar pola Rúa Real, a principal desta vila e paso obrigado para os peregrinos e que une a Praza do Santo Cristo que acabamos de deixar coa Ponte romana.
É unha delicia camiñar por esta rúa medieval no medio das casas con eses balcóns tradicionais preciosos.
| Igrexa de S. Nicolás de Bari |
A Ponte Romana chamada Ponte dos Peregrinos xa que por ela chegan estes á R. Real. Dende esta ponte tan antiga temos para mín as imaxes máis fermosas de Molinaseca: a igrexa de S. Nicolás de Bari, a praia fluvial, a igrexa das Angustias e a mesma vila.
| Ponte romana |
| Igrexa de S. Nicolás de Bari |
Cando o calor aperta, a praia fluvial é un dos lugares máis concorridos. É unha zona fermosa rodeada de céped, sombras, bares con terraza...
| Praia fluvial. |
Na foto seguinte vemos a fermosa Praza del Rollo, empedrada e porticada.
| Praza del Rollo |
Marchamos de Molinseca pensando que non é de estrañar que estea considerada unha das vilas máis fermosas de España!
