mércores, 17 de decembro de 2025

VILAPEDRE (VILALBA)

 Hoxe realizamos unha curta e descansada ruta na parroquia de Vilapedre (Vilalba).

É a 4ª ruta que vou realizar neste concello que pertence á comarca da Terra Chá é curta e sen dificultade ningunha, cun desnivel moi suave e por pistas e estradas locais en bo estado.

Características:

Lonxitude: 7,6 km.

Dificultade: ningunha.

Ruta circular que eu planifiquei. O meu track en WIKILOC

Descripción: 

Partimos da vella igrexa de S. Mamede, situada ao pé do cemiterio e en total estado de ruina. Non ten campanas nin tellado e a maleza ameaza con devorala.

Custa vela. Na foto só lle vemos a totrre. Tápaa o cemiterio.

Cemiterio e igrexa de S. Mamede en Vilapedre.

A igrexa rematará caendo se ninguén o remedia.

Igrexa vella de S. Mamede

O cemiterio ten unha parte gótica tan habitual noutros Campo Santos do concello: Goiriz, Román, Alba...

Cemiterio de Vilapedre

"Os Carboeira" foron 5 xeracións de canteiros que dende a parroquia de Román (Vilalaba) crearon innumerables obras, principalmente na Terra Chá. Os cruceiros ou pináculos dos célebres cemiterios son o seu principal selo de identidade.
Cemiterio de Vilapedre

Sen campanas, sen tellado e a maleza coméndoa...triste imaxe.

Un cruceiro ao pé da igrexa e cemiterio. Ao longo da ruta, veremos máis.

Empezamos a camiñar en ascenso suave.

Xa vemos a Serra do Xistral que abarca tamén parte do concello de Vilalba. 

Fermosa imaxe da Serra do Xistral e os verdes prados.

A pista pola que imos é ancha e de bo andar.


As vistas á nosa dereita: hoxe está despexado nas alturas e hai néboa nos vales.

É moi frecuente atopar cabalos na Serra do Xistral.

Baixamos agora pero logo voltaremos a subir un pequeno treito para acadar a altitude máxima desta ruta, 682m. Tendo en conta que partimos dunha altitude de 555m. , o desnivel é baixo. Imos atravesar a Fraga de Freire.

Na seguinte foto, vemos a Fraga de Freire, nunha ladeira do Xistral. A zona que ocupa esta serra en Vilalba non ten alturas moi elevadas e por eso é posible ver estas fragas.

Estamos agora no punto máis alto da ruta. A partires de aquí, baixaremos ao val.

Fermoso camiño entre bidueiras e carballos.

O Rego do Igresario, así chamado porque pasa ao pé da igrexa antiga de S. Mamede, onde deixamos o coche. Tamén hai un barrio de Vilapedre que se chama do mesmo xeito.

Rego do Igresario

Estamos chegando á aldea de O Carballal. A parroquia de Vilapedre é a de maior superficie do concello de Vilalba.

Fermosa imaxe outonal en O Carballal.

Os cruceiros son elementos destacados do Patrimonio deste concello.
"Una de las funciones que se atribuye a los cruceiros es la de cristianizar lugares de culto indoeuropeo, anterior al cristianismo. Sin embargo, cumplen también otro tipo misiones. Hay cruces que marcan término, como una división entre parroquias. También pueden alzarse en encrucijadas de caminos: por ejemplo, en Catro Camiños, en el casco urbano vilalbés, se alza un cruceiro en la confluencia de dos antiguas rutas, la de Ferrol y la de Viveiró (Muras). Por otro lado, hay cristos, cruces y cruceiros votivos, relacionados con ofrendas y promesas. Un último grupo, menos numeroso, son las cruces de cristianización, levantadas para recordar muertes violentas o enterramientos no autorizados por el cristianismo". (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/vilalba/2016/11/06/cruceiros-cristos-cara-cruz-patrimonio-artistico-vilalba/0003_201611L6C7995.htm)

Atopamos a capela do Corazón de Xesús ou de S. Mamede que é actualmente a igrexa parroquial.

A igrexa vista de frente e o cruceiro, que non podía faltar.


Estamos xa a piques de rematar esta fácil ruta.

Xa podemos ver o cemiterio e a igrexa onde temos o coche.