Día 22, sábado.-
(Varias das fotos que aparecen nesta entrada, son obra de Xaime Cancio e as demais son miñas. Para a identificación de algún edificio que descoñecía empreguei o Google Lens)
O Recodo do Danubio é unha das zonas máis fermosas que forma este río xusto na fronteira entre Hungría e Eslovaquia formando meandros e xirando bruscamante cara ao sur para ancamiñarse a Budapest.
A 50 km. de Budapest atopamos a cidade de ESZTERGOM, que dende a fundación de Hungría se convirteu na residencia do arcebispo de Esztergom, o máis alto representante da Igrexa Católica no país. O seu protagonismo foi clave na historia húngara.
BASÍLICA DE ESZTERGOM (Catedral de S. Adalberto)
É a igrexa máis grande e o edificio máis alto de Hungría. Ubicada sobre unha colina ás beiras do río Danubio, é a sede da Igrexa Católica en Hungría e o corazón espiritual do país.
![]() |
| Basílica de Esztergom |
![]() |
| Basílica de Esztergom (Foto, Xaime Cancio) |
![]() |
| Órgano da basílica |
![]() |
| Cúpula da Basílica de Esztergom |
![]() |
| Palacio arcebispal e Igrexa de S. Ignacio (Esztergom) |
A ESTATUA DA COROACIÓN DE S. ESTEBAN , xusto detrás da basílica, é impoñente e representa a coroación de Esteban (1º rei de Hungría) polo arcebispo, simbolizando tanto a fundación do Estado húngaro como a conversión e adopción do cristianismo.
Mide 12 metros de altura e está tallada en pedra caliza. Foi inaugurado o 15 de agosto de 2001
![]() |
| Coroación de S. Esteban |
VISEGRAD.- Aquí xantamos este día no restaurante Palotaház, emblemático lugar que destaca pola súa ambientación medieval e a súa gastronomía tradicional, por eso tivemos a opción de probar a famosa sopa goulash e o estofado de cervo ao viño tinto.
![]() |
| Restaurante Palotaház, |
En Visegrad só estivemos no restaurante anterior, non visitamos a vila pero estiven lendo que tampouco merece moito a pena.
STEZENDRE
É unha pintoresca cidade coñecida popularmente como "A cidade dos Artistas" debido ao seu ambiente bohemio, as coloridas casas e á vida cultural.

Rúa en Stezendre
![]() |
| Rúa en Stezendre |
Todos íamos pola rúa central que estaba case saturada de xente, en cambio nas rúas transversais non había ninguén.
![]() |
| Rúa en Stezendre |
![]() |
| Rúa en Stezendre |
Szentendre sirveu durante séculos como un gran refuxio para familias serbias comerciantes que fuxían da invasión otomana.
![]() |
| Rúa en Stezendre |
A Praza é o corazón da localidade, rodeada de antigas casas que albergan hoxe galerías de arte, museos, tendas de artesanía e cafés acolledores.
![]() |
| A Praza principal |
A CRUZ DOS COMERCIANTES OU DA PESTE é o monumento máis famoso da Praza principal.
Foi levantada no S. XVIII como unha ofrenda de gratitude por terse salvado dunha epidemia de peste.
![]() |
| Cruz da Peste (Foto de Xaime Cancio) |
A CATEDRAL DE BELGRADO é unha igrexa ortodoxa do S. XVIII coñecida oficialmente como Catedral da Dormición da Nai de Deus.
Foi construida por refugiados serbios que fuxiron de Belgrado despois da Gran Guerra Turca.
![]() |
| Catedral de Belgrado |
Pola tarde deste mesmo día, tíñamos reserva para visitar o interior do Parlamento de Budapest.
O Parlamento húngaro é probablemente o edificio máis coñecido de Budapest. O edificio é o centro da lexislatura húngara e doutras institucións, como a biblioteca do Parlamento. Atópase xunto á beira do Danubio, coa entrada principal atopada na Praza Kossuth.
O edificio foi construído entre 1885 e 1904
![]() |
| Parlamento húngaro en Budapest |
![]() |
| Parlamento húngaro en Budapest (Fermosa foto de Xaime Cancio) |
A PRAZA KOSSUTH é o centro simbólico e político de Budapest. Leva o nome de Lajos Kossuth, héroe nacional e líder da Revolución de 1848 contra los Habsburgo. Ademáis da súa imponente beleza monumental, a praza foi testemuña dos eventos máis significativos, festivos e tráxicos da historia húngara.
Na praza atopamos importantes estatuas ecuestres e conxuntos escultóricos que homenaxean a figuras esenciales del país. Case todas elas foron destruidas durante a II Guerra Mundial ou ben despois durante o Rexime Comunista. Foron reconstruidas en anos recentes.
Na foto seguinte, estatua de GYULA ANDRÁSSI primeiro ministro de Hungría no último cuarto do S. XIX
![]() |
| Estatua de Gyula Andrassi na Praza Kossuth |
![]() |
| Monumento a Lajos Kossuth (Foto de Xaime Cancio) |
O monumento a TISZA ISTVÁN é un impoñente conxunto escultórico ubicado na Praza Kossuth Lajos. Rinde homenaxe ao conde Esteban Tisza (István Tisza), quen foi primeiro ministro de Hungría en dúas ocasiones e unha figura clave durante a I Guerra Mundial
Conta con 12 figuras de bronce distribuidas nas súas catro caras. As estatuas individuais superan os 5 metros de altura.
A estatua principal mostra a Tisza mirando cara ao Parlamento. O monumento está coroado por un gran león de pedra, que simboliza a traxedia e a resistencia da nación frente á guerra.
![]() |
| Monumento a Tizsa István (Foto de Xaime Cancio) |
O INTERIOR do Parlamento é unha das obras máis maxestuosas de Europa cunha mestura de estilos: neogótico, renacentista e barroco.
Para a súa decoración empregáronse cerca de 40 kilos de ouro de 23 quilates, millóns de ladrillos e unha inmensa cantidade de mármore e pedras preciosas.

![]() |
| Interior do Parlamento |
![]() |
| Interior do Parlamento |
Artiluxio onde os deputados poñían os seus puros cando fumaban.
PALACIO DE XUSTICIA
Situado frente ao Parlamento, foi construído a finais do S. XIX e ao longo dos anos mudou varias veces de función. Actualmente, atópase nun proceso de restauración co obxectivo de que volva a ser a Sede do Tribunal Supremo.
![]() |
| Palacio de Xusticia |
O corazón xeométrico e espiritual do Parlamento é a Sala da Cúpula. Baixo unha imponente cúpula de 96 metros de altura custodiase a Santa Corona de Hungría (Corona de San Esteban), custodiada permanentemente por dous guardias de honor con uniforme de gala.
(Está estrictamente prohibido tomar fotografías ou grabar vídeos dentro desta sala específica)
ZAPATOS ÁS BEIRAS DO DANUBIO
A escasos 300m. do Parlamento atópase un dos memoriais máis conmovedores e tráxicos do holocausto xudío en Europa.
Este espacio rinde homenaxe aos miles de personas —na súa gran maIoría Xudíos húngaros— que foron asasinados nese mesmo lugar por milicianos fascistas do Partido da Cruz Flechada entre finais de 1944 e principios de 1945.
![]() |
| Zapatos ao pé do Danubio |
Inaugurado o 16 de abril de 2005, a obra consta de 60 pares de zapatos de ferro fundido, esculpidos ao detalle e ancorados ao chan ao longo duns 40 metros de paseo.
![]() |
| Zapatos ao pé do Danubio |
![]() |
| Palacio Anker. (Foto de Xaime Cancio) |
![]() |
| Igrexa de Santa Ana en Pest (Foto de Xaime cancio) |
![]() |
| Tranvía en Budapest |
![]() |
| Túnel do Castelo de Buda |
![]() |
| Palacio Vigadó (Foto de Xaime Cancio) |
A CASA DO BANCO TURCO é un edificio de estilo Art Nouveau de principios do S. XX. É famoso polo ornamentado mosaico de vidro que coroa o seu frontón superior.
![]() |
| Casa do Banco Turco (Foto de Xaime cancio) |
Páxinas web empregadas:
https://panavision-tours.es/viajes/recodo-del-danubio/
































