Amosando publicacións coa etiqueta Asturias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asturias. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2026

BRAÑAS E VISTAS. (VALDÉS; SALAS E CUDILLERO)

 Hoxe tocou unha ruta que pasa en poucos km. por 3 concellos: Valdés (só no inicio e final), Salas e Cudillero)

Esta concretamente é unha ruta de montaña pero moi fácil, porque xa parte dunha considerable altitude e ademais é moi curtiña, pero non por eso menos fermosa, vendo antigas brañas e con vistas sorprendentes á costa e á montaña.

Hai que reseñar que a estrada para chegar aquí é moi estreita e con curvas moi pechadas.

Características da ruta:

Lonxitude: 7,7 km.

Dificultade: fácil.

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

O inicio e final desta ruta está no alto do Cerezal a 660m. de altitude, ao pé da capela de S. Juan e nun cruce do que saen varias pistas. Este punto pertence a Lendepeña da  parroquia de Arcallana, no concello de Valdés.

Punto exacto de onde sae a ruta.

A capela de S. Juan á que me achegarei á volta.
Capela de S. Juan (Lendepeña)

Casiñas diseminadas pola montaña en Lendepeña.

Frente a min, El Picón que máis tarde rodearei. Estamos na Serra dos Ventos.

Neste lugar abundan tamén os pastos, xa que é zona de brañas e de antigos vaqueiros de alzada. (Os vaqueiros de alzada son un grupo social e cultural do occidente de Asturias dedicados á gandería e caracterizadospor unha trasumancia estacional: viven en brañas altas no verán e baixan á  costa no inverno. Históricamente marxinados polos «xaldos» (habitantes agrícolas sedentarios), mantiveron unha cultura propia, tradicións únicas e unha vestimenta distintiva

Fermosas vistas á montañas lonxanas con neve.

Mirando cara atrás, a pista que sube á subestación Parque Curiscao-Pumar.

A 1,5 km. da saída de ruta, xa vemos o mar.

Camiño por asfalto, pola SL-13. Non hai unha alma.

 Aló embaixo, o lugar de Os Baos que pertence a Arcallana (Valdés)

Alí enriba, o pico El Río, na Serra dos Baos.

 As vistas nesta ruta son impresionantes.

Vemos diferentes picos da Serra do Pumar que separa os concellos de Pravia e de Cudillero.


De súpeto, cara á costa, deixamos de vela clara e perfectamente porque se achegan nubes que traen auga. Aquí arriba, por onde vou, non chegan e segue a lucir un espléndido sol.

Na foto, Peña Cesteiro á que partiron polo medio para facer a pista que se ve e leva aos eólicos.
Peña Cesteiro

Mirando cara ao oeste, vemos montañas e picos da Serra de Gamoneo.


No concellos de Valdés Cudillero, mar e montaña están ben próximos conformando paisaxes de inmensa fermosura.

Eso si, miremos onde miremos, hai parques eólicos. Estamos agora no concello de Cudillero.

Na zona verde da seguinte foto, está Busfrío. Unha braña vaqueira no concello anterior que coma case todas está deshabitada.



Ao fondo, o Pico Cueto que acabo de rodear. É o punto máis alto do concello de Cudillero.

Distintas montañas da Serra do Pumar.


Que vistas!! Busfrío, as montañas, un viaducto da A-8 e o mar...

Por aquí mesmo pasa a
ruta das Brañas Vaqueiras, homologada como PR-AS 272 de case 24 km. e que vai percorrendo brañas vaqueiras, bosques autóctonos e serras. 
Eu hoxe percorrín algo da parte da serra vendo tamén algunha braña.

O camiño que se ve é o chamado "camín dos asturianos". Eu vou por outro, máis arriba e máis novo que vai polo parque eólico.

Dende este punto, xa vexo O Cerezal de onde partín. Muros de pedra milenarios, as cabanas abandonadas da braña do Cerezal. Esta braña pertence á parroquia de Malleza, xa no concello de Salas.

Acabo de pasar ao pé do Pico El Picón e baixo por un camiño con bastante desnivel ata a estrada que se ve na foto.
Á dereita o Pico La Mosqueta.

Atopo unha cancela para o gando. Só está achegada. Pásase sen problema.

Pretendía voltar ao punto de inicio por un camiño que vai ao pé das cabanas pero está pechado con ramas e cordas para que non se pase. Así que volto pola estrada da ida.

Xa de volta ao inicio de ruta, achegueime a coñecer a capela de S. Juan  nesa mesa que se ve en 1º plano foi onde comín ese día. Vaia restaurante!! Que ben se estaba, sen aire, sen frío e cunha paisaxe impresionante.

A capela de S. Juán foi construida en 1924 polo indiano Nicolás Gayo. Cada ano celébrase aquí en xuño a festa na honra do santo.

Vistas dende a capela ao pico La Mosqueta. 

Vistas a Lendepeña dende a capela de S. Juan. Nesta aldea quedan tan só 3 casas habitadas, no 2024 con 8 persoas en total durante todo ano. No verán hai máis xente que ven pasar as vacacións.

Tiven moita sorte co temo porque no momento de marcharme, a néboa xa tapaba os lugares máis altos polos que había pouco que pasara.



Páxina web consultada:

https://www.lne.es/asturias/2017/05/05/grato-volver-lendepena-19325282.html

venres, 20 de febreiro de 2026

PENACOBA E BRAÑANOVA POLA SERRA DA BOBIA (VILANOVA DE OSCOS)

No concello de Vilanova de Oscos fixen xa tódalas rutas homologadas que ten este municipio, todas interesantes e fermosas como son tódalas dos Oscos.

Características da ruta: 

Lonxitude: 9,4 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

 Penacoba é unha aldea do concello de Vilanova de Oscos onde ten inicio e fin esta ruta. Está situada a case 800m. de altitude e no día de hoxe o vento soplaba frío e con forza.

Penacoba
Esta é a parte máis alta da aldea. Ten outras partes máis baixas polas que tamén pasaremos á volta.
Penacoba
Con 778m. de altitude, esta aldea ten boas vistas. Na foto vese a pista pola que despois subiremos

Alonxámonos da aldea contemplando prados e un pico aló ao lonxe. Pasaremos ao pé del.

Á dereita, un bosque autóctono e no fondo, o Rego Acebeiral que non distinguimos dende aquí pero que se adiviña.

Imos en lixeira subida e deseguida empezaremos a baixar.



Agora toca asfalto por esa estrada solitaria na que non atopamos unha alma.


Xa vemos, aló embaixo, o lugar de Brañanova e preguntámonos se vivirá alguén nun sitio tan illado e solitario. Axiña o imos adiviñar.

Á beira da estrada hai árbores con liques que indican que o aire aqui é puro, sen contaminar.


Muros separando fincas que xa teñen seguramente centos de anos.
Brañanova
Aínda que semella que está abrigada, esta aldea está a  947m. de altitude. Aquí vive unha familia, polo menos vimos a unha muller moi amable que saeu a falar con nós.
Brañanova

Unha imaxe que dá idea do costoso que era traballar estes prados que antes foron leiras de labor en Brañanova.

En Brañanova remata a estrada. Pillamos este fermoso camiño:

Empezamos unha subida constante pero moi suave que nos vai levar ao Parque Eólico  Chao das Grallas na Serra da Bobia.

A muller coa que falamos advirteunos deste peche que é fácil de sacar e vover a poñer.

Por aquí chegaremos á estrada AS-361

Abrimos este peche (é importante sempre que camiñamos por lugares así, onde hai estes peches para o gando, deixalos sempre como se atopan) e estamos xa na estrada AS-361 que vai a Illano, Pesoz...

Imos durante 1km. por esta estrada.

Estamos a 1063m. de altitude, o punto máis alto desta ruta.

Estamos no Parque Eólico Chao das Grallas.

Unha paisaxe inmensamente fermosa.

Mirando á dereita, vemos Brañanova por onde pasamos antes.

Nesta zona houbo incendios.

Aí abaixo, resgardada entre as montañas, atopamos a aldea de S. Cristobo que visitei en dúas ocasións copn motivo das rutas do Silencio e da Bobia que pasan por aí. É unha aldea e parroquia de Vilanova de Oscos moi, moi fermosa polo seu entorno natural e polas súas construccións tradicionais.

Atopamos esta vaquiña que nos deu pena porque camiñaba con moita dificultade por unha coxeira.

Frente a nós, o Pico do Somo coa estrada que baixa a S. Cristobal.

Estamos a piques de enlazar coa estrada que nos vai levar ao inicio da ruta.

Vemos moitas árbores con liques á beira da estrada. A contaminación debe ser nula, porque son contados os vehículos que transitan por aquí.


Aló embaixo, a aldea de Morlongo con 4 vivendas que dá nome tamén a unha fermosa cascada que hai moi preto da AS- 11.

A estrada pola que baixamos está rodeada de bidueiras.

Xa vemos Penacoba, a onde chegaremos axiña.

Este barrio cahmado Ponte de Penacoba está a beira da AS- 11 á que agora imos chegar.

Pasamos pola parte baixa da aldea de Penacoba.

 Chegamos deseguida á parte aldea da aldea, onde temos o coche.