Dende o xoves 16 ao domingo 19, viaxamos a Portugal da man da Asociación Amigos das Viaxes liderada por Xaime Cancio, un grupo de 58 persoas para visitar Viseu e unha serie de cidades portuguesas situadas na Serra da Estrela, realizar un percorrido polo Douro en barco e visitar tamén Zamora.
Antes de empezar a escribir de cada lugar visitado, quero puntualizar o seguinte:
1.- Eu só valoro no blog os lugares visitados, NON os hoteis onde estivemos, a guía, o autobús, as comidas, as habitacións...etc. Eu eso xa o fixen mediante a enquisa que nos mandou Jaime que considero que é onde se debe facer.
2.- Este blog foi creado por min dedicado sobre todo a Rutas de Sendeirismo e dende hai uns anos, tamén vou escribindo aquí as viaxes que fago. A dirección do blog e o acceso ao mesmo pódese ver neste ENLACE
3.- O que aquí escribo é única e exclusivamente responsabilidade miña; non o fago en nome do grupo xa que cadaquén terá unha visión da viaxe que pode ou non coincidir coa que eu teño.
4.- As fotos que vou publicar son miñas (xa me vistes andar sempre cunha cámara ao pescozo) e tamén podo coller algunha das que Xaime manda ao grupo de whatsapp (de ser así, sempre o especifico)
5.- Aínda que sempre procuro non sacar persoas nas fotos xa que este blog é público, está en Internet e o pode ver calquera, pode que nalgunha foto se vexa alguén. Se é así e a persoa ou persoas non están de acordo, só teñen que comunicarllo a Jaime, el diramo a min e a foto será inmediatamente retirada.
VISEU
Na parte centro/norte de Portugal atopamos esta vila de case 60000 habitantes (case 100000 se contamos as 25 freguesías que ten e que son o equivalente ás nosas parroquias)
Que vimos en Viseu?
A entrada á cidade de Viseu polo Xardín da Ribeira, ás beiras do río Pavia é moi fermosa.
Río Pavia |
En Viseu hai costas. Por este motivo instalaron un funicular que empezou a funcionar no 2009 pero non o fai a diario, limítase a diferentes épocas do ano e seica ten un futuro incerto. Conecta o Xardín da Ribeira coa Praza da Catedral. O día que fomos nós non funcionaba e subimos andando, pero aínda que é empinado é un traxecto moi curto.
A CATEDRAL:
Empezouse a construir no S. XII e orixinariamente era románica pero quedan poucos restos deste estilo. O que predomina é o gótico. A construcción duha catedral dura moitos anos polo que moitas delas están construidas en varios estilos.
Destacan no exterior as dúas torres xemelgas e a fachada renacentista do S. XVII
![]() |
Catedral de Viseu (Foto de Xaime Cancio) |
O máis importante da catedral está no interior da mesma. O claustro é unha obra mestra da arquitectura renacentista.
Claustro da catedral |
Claustro da catedral |
Interior da catedral |
Interior da catedral |
Igrexa da Misericordia |
O interior da igrexa da Misericordia é de estilo neoclásico, un pouco sobria en comparación co exterior. O retablo do altar maior ten unha imaxe da Virxe da Misericordia do S. XVII
Interior da igrexa da Misecordia (Foto de Xaime Cancio)Nun lateral da igrexa anterior está a Fonte das tres Bicas, chamada así por ter 3 canos de auga que caen sobre tres pías de pedra
PRAZA DE D. DUARTE
Ubicada ao pé da catedral e presidida pola estatua de D. Duarte que naceu nesta cidade e foi rei de Portugal entre finais do S. XIV e pricipios do XV.
Praza de D. Duarte. |
Estatua de D. Duarte na Praza do mesmo nome |
A Praza de D. Duarte está rodeada de edificios dos S. XVIII e XIX.
Edificios en Viseu |
PORTA DO SOAR
En Viseu atopamos restos dunha muralla medieval e algunhas portas como a do Soar. Esta porta está ao pé da Capela de Nosa Señora dos Remedios.
Porta do Soar e á dereita, a capela de Nosa Señora dos Remedios. |
Se nos asomamos á Porta do Soar vemos os restos da muralla.
Porta do Soar |
A Porta do Soar en foto tomada do lado contrario ás anteriores. (Foto de Xaime cancio)
![]() |
Porta do Soar |
IGREXA DOS TERCEIROS DE S. FRANCISCO
No Parque Aquilino Ribeiro, atopamos nun alto esta igrexa, unha construcción barroca do S. XVIII.
Igrexa dos Terceiros de S. Francisco. |
No interior da igrexa podemos ver retablos de talla policromada e dourada en estilo rococó.
Interior da igrexa dos Terceiros de S. Francisco |
Unha fermosa fonte nunha rotonda ao pé da igrexa anterior e do parque Aquilino Ribeiro.
AZULEXOS DO ROSSIO
Estes azulexos nunha parede da Praza da República foron pintados en 1931 polo artista Joaquim Lopes por unha proposta do capitán Francisco de Almeida.
Representan escenas de alegoría á vida local con escenas rurais e de feira.
Azulexos do Rossio |
Na Praza da República atópase tamén a Cámara Municipal ou Concello de Viseu.
Cámara Municipal ou concello |
XARDIN DAS MAES
Así chamado debido á instalación nos anos 40 do S. XX dunha escultura do artista José de Oliveira Ferreira en memoria da súa nai, nada en Viseu.
Xardín das maes ou nais. |
O Xardín das Maes está presidido por esta escultura da nai de Xosé de Oliveira. É un xardín pequeno con moitas flores: rosas, petunias, begonias...
![]() |
Xardín das maes ou nais. |
E esto foi o que vimos na nosa visita a Viseu. Vimos moito e quedaron cousas por ver. Viseu ten moitos parques e vimos algúns pero non vimos o do Fontelo que seica é moi fermoso; tamén nos faltou visitar a Igrexa de Nosa Señora do Carmo, a Fonte e o Parque de Santa Cristina e a verdade é que pouco máis. Foi unha visita curta pero ben aproveitada.
Páxinas web consultadas:
https://www.visitportugal.com/es/node/137319
https://www.turismoenportugal.org/