sábado, 16 de setembro de 2023

S. PANTALEÓN DE CABANAS/ CAMPO DE TÚMULOS/ CRISTO DO FOXO ( OUROL)



Hoxe funme ata o concello de Ourol a inventar unha ruta xa que non coñezo ningunha sinalizada e/ou homologada neste municipio e penso que me saeu un percorrido interesante, fácil e cunha distancia moi axeitada. Eso si, vai absolutamente todo por asfalto pero ao meu entender non lle resta nada á ruta xa que estas estradas de aldeas recónditas son do máis solitario e ademais teremos que acostumarnos a camiñar cada vez con máis frecuencia por estradas xa que os camiños e carreiros polos que agora xa no transita ninguén están pechados de maleza (agás que se trate dunha ruta homologada...e hai algunha que aínda lle chega ben...) e noutras ocasións por falta de uso público, moita xente apoderouse deles pechándoos dentro das súas propias fincas.

A ruta fíxena na parroquia de S. Pantaleón de Cabanas.

Características da ruta

Lonxitude: 10,8 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar.

O meu track en WIKILOC: 

Descripción da ruta:

Aparquei o coche xunto á igrexa de S. Pantaleón. Este templo é do S. XVI e foi construido sobre unha anterior igrexa gótica.

Igrexa de S. Pantaleón de Cabanas

Esta igrexa está unida á figura de D. Fernán Pérez de Andrade que foi o impulsor da mesma, xa que acodía a estas terras a cazar con regularidade.

Na foto seguinte vemos como na porta da entrada á igrexa están grabadas as figuras dun can e dun xabaril que é o símbolo dos Andrade.

A figura do xabaril, símbolo dos Andrade

Observei que a porta que dá acceso ao campanario non estaba pechada con chave, polo que aproveitei e, por unhas estreitas escaleiras de pedra en forma de caracol, puiden subir á torre. Nas fotos que seguen vese a paisaxe que puiden contemplar dende aló enriba:

Vistas dende a torre da igrexa:

A igrexa actual é o froito de varias modificación que sufreu aolongo dos anos, sobre todo en canto á súa lonxitude.
Campanario da igrexa

 Campanas que agora só tocarán en días de Festa:

A igrexa é moi grande. Na seguinte foto, vémola dende outro ángulo e observo o esquilón, campana pequena coa que antes se chamaba aos fieles á oración.
Igrexa de S. Pantaleón de Cabanas

O concello de Ourol sofre un descenso continuo de poboación dende 1910. Vin moitas casas abandonadas.

O abandono do rural

Na foto seguinte vemos o Centro Social da parroquia que antes foi a escola. Estaba dividida en dúas partes, nunha estaban as nenas e noutra os nenos, ao igual que moitas nesa época. A súa construcción foi financiada con fondos dos emigrantes que estaban en Cuba.
Antigas escolas, hoxe Centro Social da parroquia.

Pasei polo barrio case abandonado de Os Campos e escribo "case" porque aínda falei cunha señora de máis de 90 anos  que vive aquí e que semellaba ter 70 pola apariencia física e por como razoaba. Díxome entre risas que se mantiña así por vivir nese entorno rural tan tranquilo.
Os Campos
 A partires deste cruce é onde a ruta se fai circular. Fun pola dereita e volvín pola estrada que se ve de frente. Pode facerse loxicamente ao revés pero sería a subida máis acusada, mellor como eu a fixen, torcendo á dereita.
Á dereita.
Paisaxe que vemos subindo.

O percorrido é todo absolutamente por estrada, pero poucos vehículos me crucei.

Estas son as vistas dende o Monte do Cristo dos Callós, onde se atopan os túmulos funerarios.
 Outra vista.

Neste Monte, hai rexistrados 7 túmulos funerarios. A palabra túmulo vén do latín tumulus que significa elevación. Este tipo de construcción funeraria remóntase á Idade de Pedra. Na súa orixe, os túmulos eran un montón de pedras que cubrían o corpo dos mortos e co tempo pasaron a ser verdadeiras colinas artificiais
Túmulo co Monte do Cristo dos Callós.

O túmulo que vemos é alongado, propio de principios do Neolítico. Eran tumbas frecuentes no norte de Europa e asociadas ás culturas celta, eslava e báltica.

Outra imaxe do túmulo máis de cerca.

Despois da visita aos túmulos, vou pola estrada LU-P-3805

 Por aquí abondan sobre todo os piñeiros.

Chego ao Foxo onde me sorprende un Cruceiro de pedra nun fabuloso entorno onde en 1º lugar me chaman a atención as árbores que vexo xa que non son eucaliptos nin os piñeiros de aquí.

O cruceiro está nun entorno moi fermoso ao pé dunha casa deshabitada e en frente, cruzando a estrada hai un bosque que chama a atención polas moitísimas especies arbóreas que ten.
Cruceiro do Cristo do Foxo

Buscando información, resulta que o artífice desta creación é Daniel Sierra que morreu o ano pasado (2022) Este home, dedicado toda a vida á hostelería e emigrado en Suiza, propúxese demostrar que en Galicia pode medrar calquera planta favorecidas polo noso clima e polo terreo.

Cultivou nesta finca da súa propiedade máis de 100 especies arbóreas dos 5 continentes. e así hai cedros canadienses, pinos canarios, magnolios, plataneiros siberianos, pinos de Oregón, ginkgo biloba de China...etc, etc...



Ao pé do Cristo do Foxo, hai unha estrada que vai á S. Pantaleón e por ela fun.

Non me crucei ningún vehículo porque a pesares de que hai indicacións ao principio para vir por aquí, a verdade é que a pista está nun estado lamentable.


A estrada ten desnivel e subo a modiño porque por riba o sol sae de entre as nubes e vai calor. Mirando cara atrás penso o que xa teño percorrido...

"Resistirei" parece dicir esta bidueira sola, entre tanto eucalipto.
A bidueira soíña...
No punto máis alto desta estrada xa podo ver S. Pantaleón onde destaca a súa formidable igrexa.

Estou nunha zona chamada "As Esqueiras" como ben di na foto seguinte:

Axiña me atoparei cun cruce onde vou sair á estrada da ida. Agora virá o tramo de case 2 km. compartido co camiño da ida.
S. Pantaleón
Páxinas web consultadas:

https://efuneraria.com/blog/tumulo-funerario/

http://www.xoanarcodavella.com/2022/09/igrexa-de-san-pantaleon-igrexa-cabanas.html

https://interfunerarias.es/blog/tumulos-funerarios/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/11/30/bosque-cien-especies-arboles-cinco-continentes/0003_201811G30P30992.htm



xoves, 14 de setembro de 2023

XORDANIA: MADABA/MONTE NEBO/ MAR MORTO/BETANIA.

 MADABA

É luns e o despertador soou ás 6.30 da mañá. Deixamos o hotel de Wadi Musa para ir cara ao Mar Morto pero antes pararemos a realizar algunha visita.

Indo de camiño a Madaba, funme fixando na paisaxe. Ao longo da estrada aparecían de cando en vez, pequenos postos de bebidas medio destartalados. Nada que ver co que estamos acostumados en occidente con confortables Áreas de Servizo.

Tamén observei un campo cultivado non sei de que. O que se observa é que dende logo necesita ser regado e moito! Se miramos ao redor vemos deserto. Chocoume este enorme contraste.

Paramos en Madaba, tamen chamada Cidade dos Mosaicos De especial importancia é o mapa de Mádabamosaico-mapa da era bizantina coa representación cartográfica máis antiga que se conserva de XerusalénTerra Santa e o Delta do Nilo. Data do S. VI e atópase na igrexa ortodoxa grega de San Jorge.

Este mapa foi descuberto a finais do S. XIX durante a construcción  da igrexa de S. Jorge sobre os cimentos doutra bizantina.

Consérvase ao redor dun cuarto do mosaico orixinal que constaría de 2,3 millóns de teselas.

Este mapa é un dos máis importantes achados arqueolóxicos e unha das testemuñas cartográficas máis antigas.

A pesares de que este país é maioritariamente musulmán, en Madaba hai un 40% de cristiáns.


Mapa mosaico de Madaba
Nun panel, o noso guía, Nizar , explicando o mapa que logo veremos na realidade.

Na seguinte foto aprecíanse perfectamente as teselas do mosaico e vese o Río Jordán

Mapa mosaico de Madaba

MONTE NEBO

- É un pico de 817 m.

- A Biblia narra que Moisés veu a Terra Prometida dende este Monte sen embargo o bíblico Monte Nebo nos se sabe onde está con exactitude xa que algúns sitúano no Monte Sinaí e outros noas Montañas Abarín, ao este do río Jordán.

- Dende o Monte Nebo podemos ver Xerusalén nun día claro.

- No S. IV edificouse neste lugar  unha igrexa con tres ábsides ampliada na época bizantina, (S. VI e VII). A peregrina hispana Egeria visitou o 1º santuario e as súas impresións, descubertas no S. XIX impulsaron algunhas expedicións francesas. A principios do S. XX, os franciscanos reedificaron unha igrexa, preservando os mosaicos bizantinos do S. VI.

- É un lugar de peregrinación dende tempos remotos.

O noso grupo entrando ao Monte Nebo

Hoxe en día o Monte Nebo é un complexo conmemorativo, un mosteiro franciscano e un lugar arqueolóxico que atrae moitísmos visitantes pola súa importacia histórica e relixiosa. O lugar está custodiado por monxes franciscanos. Dise que aquí morreu Moisés pero a seus restos nunca foron encontrados.

Os papas J. Pablo II e Benedicto XVI tamén visitaron o Monte Nebo. A escultura seguinte, obra de Vicenzo Bianchi conmemora a visita de X. Pablo II no ano 2000. No 2009 visitou este lugar tamén Benedicto XVI
Monumento  conmemorativo da visita de J. Pablo II

Memorial de Moisés é outro dos lugares que ver no Monte Nebo.  É unha especie de táboa de pedra, onde está escrito que o Monte Nebo é un lugar santo para o cristianismo, pois así o estableceu Juan Pablo II.

Este mosaico foi o 1º que vimos(dentro da igrexa despois, veremos outros) É un mosaico bizantino do S. VI que se atopa parcialmente destruido.

Continuamos e vemos ao fondo a actual igrexa dos Franciscanos.

O máis impresionante do Monte Nebo son as impresionantes vistas en días despexados (o día que fomos había algo de calima) das colinas e cúpulas de Xerusalén, o Val do Río Xordán, Belén, o Mar Morto... A Terra Prometida a Moisés.
Vistas dende o Monte Nebo

Tamén son moi interesantes os mosaicos que se atoparon como o que vemos na imaxe, descuberto en 1976. É un dos máis importantes descubertos a Xordania e representa escenas de caza. Conservouse intacto a 1m por debaixo do nivel do chan.

Tamén se atopou unha pía bautismal bizantina en forma de cruz.


Ao construir a nova igrexa vese que respectaron os rstos arqueolóxicos atopados como estas columnas.

Mosaicos e outros restos arqueolóxicos da época bizantina se conservan nesta igrexa.


 Igrexa de Moisés no Monte Nebo:
Igrexa de Moisés no Monte Nebo

O monumento á serpe é un dos monumentos máis fotografados do M. Nebo. O seu significado é o seguinte segundo a Biblia:

«Y partieron del monte Hor, camino del amar Rojo, para rodear la tierra de Edom; se abatió el ánimo del pueblo por el camino. Habló el pueblo contra Dios y contra Moisés: ¿Por qué nos hiciste subir de Egipto para que muramos en este desierto? Pues no hay pan ni agua, y nuestra alma tiene fastidio de este pan tan liviano. Jehová envió entre el pueblo serpientes ardientes que mordían al pueblo; y murió mucha gente de Israel. Entonces el pueblo acudió a Moisés, y le dijeron: Hemos pecado por haber hablado contra Jehová y contra ti; ruega a Jehová que quite de nosotros estas serpientes. Moisés oró por el pueblo. Jehová dijo a Moisés: Hazte una serpiente ardiente y ponla sobre un asta; y acontecerá que cualquiera que sea mordido y la mire, vivirá. Moisés hizo una serpiente de bronce y la puso sobre un asta, y sucedía que cuando una serpiente mordía a alguno, y este miraba a la serpiente de bronce, vivía». 

Monumento á serpe no M. Nebo


MAR MORTO

Un dos momentos máis agardadaos da viaxe despois de visitar xa Petra , era chegar ao Mar Morto, outro dos emblemas e dos motivos polos que viaxar a Xordania.

- Realmente é un lago con tanta salinidade que se flota nel sen ningún esforzo. Pola enorme cantidade de sal que te, non existe nel ningún tipo de vida.

- Entre Israel e Xordania, a máis de 400m. por debaixo do nivel do mar.

-  O barro deste mar ten moitos minerais que o fan moi beneficioso para a pel.

- O seu futuro está en perigo xa que descendo drasticamente de ano en ano  acusa da contruccións de represas, canalizacións e estacións de bombeo que desvían a auga do río Xordán que desemboca nel e sos as únicas augas que lle chegan.

- Fálase de facer un trasvase de auga dende o Mar Roxo.

- Esta zona é das máis calorosas de Xordania e realmente pasamos moito calor.

Dende o noso hotel, ao pé do Mar Morto, xa podíamos ver o mar, máis aló das piscinas.


Estivemos no lugar máis baixo da terra aínda que non o notásemos.

Nesta zona, os hoteis teñen reservado para eles un cachiño de mar, polo que aquí só podía acceder a xente aloxada neste hotel.




BETANIA
A visita a Betania era opcional. Segundo din textos bizantinos medievais imos ver o lugar onde se bautizou Cristo.

Por un lado veremos as escavacións arqueolóxicas que se veñen realizando dende 1996 no lado xordano e por outro veremos, no lado israelí, como grupos de persoas se bautizan no río Xordán.

Datos:

  • O enclave xordano de Betania foi aberto ao público no ano 2000 e o Papa asisteu á inauguración mostrando así o recoñecemento por parte da igrexa de que este foi o lugar onde se bautizou a Cristo.
  • No 2011, os israelitas estableceron o seu propio enclave e esto supuxo un conflicto diplomático entre ámbolos dous países.
  • Veremos igrexas de diversas relixións.
  • O río Xordán é a fronteira natural entre Israel e Xordania, separadas por apenas uns metros (O ancho do río)
  • Este lugar é Patrimonio Mundial da Humanidade.
Ás beiras dunha estrada fotografamos esta árbore, unha especie de acacia (nome científico: ziziphus spina christi) É un arbusto con moitas espiñas, copa redondeada e ramas que case chegan ao chan. Segundo a tradición é a árbore coa que se fixo a coroa de espiñas a Jesús. Tamén é unha árbore sagrada para os musulmáns e ten un papel esencial como "árbore dos cemiterios" xa que se menciona no Corán.

Azufaifa ou Espiña de Cristo

Achegándonos a Betania, vemos xa diferentes igrexas.

O percorrido para chegar aos lugares emblemáticos é cómodo e á sombra aínda que esto lles reste naturalidade ao lugar.

 Ver o río Xordán, para min foi unha decepción porque nunca o imaxinei así: case un rego con augas de cor indefinido...


Estas pasarelas cubertas agradécense dende logo en días calorosos pero suman artificialidade a este lugar.

O lugar que se ve na foto seguinte, chamado Al-Maghtas e o punto exacto onde se cre que Cristo foi bautizado. Neste lugar, os arqueólogos descubriron as ruinas dunha importante igrexa e mosteiro bizantinos. Parece que o lugar está alonxado do río pero é que este variou o seu cauce ao longo dos anos.

Neste lugar atopáronse tres igrexas superpostas.

Hai varais igrexas repartidas por este lugar, hai unha anglicana, unha copta, unha católica...

Vemos a fermosa igrexa ortodoxa de S. Juan Bautista.

E chegamos ao pé do río Xordán que separa Israel e Xordania.

Estivemos un pedazo mirando ás xentes da beira israelí como se bautizaban coas súas túnicas brancas. Nós, no lado de aquí, conformámonos con mollar os pés e as pernas.

CONTINUARÁ...

Páxinas web consultadas:

https://universes.art/es/art-destinations/jordania/madaba/madaba-map

https://es.wikipedia.org/wiki/Madaba

https://es.wikipedia.org/wiki/Monte_Nebo
https://elisaimellado.wordpress.com/2020/05/22/monte-nebo-la-ultima-morada-del-profeta-moises/
https://camerlust.com/monte-nebo/
https://www.fundacionaquae.org/wiki/descubre-el-mar-muerto-el-mar-mas-salado-del-mundo/
https://guias-viajar.com/viajes-jordania/bautismo-rio-jordan-betania/
https://www.ecured.cu/Ziziphus_spina-christi