Amosando publicacións coa etiqueta Pravia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pravia. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de xullo de 2021

SANTIANES (PRAVIA)

 Despois de estar en Somao:

Rutas de sendeirismo: SOMAO (ASTURIAS)

E na vila de Pravia:

Rutas de sendeirismo: PRAVIA

Imos agora ata outra parroquia deste concello que non se debe de deixar de visitar por dous motivos principales:

- Aquí está a igrexa prerrománica máis antiga de Asturias.

- Tamén está "El rincón de las aves" unha colección privada de aves e plantas.

O primeiro que atopamos ao chegar é a igrexa prerrománica de S. Juan que mandaron construir os reis Silo e a súa muller, Adosinda (esta era neta do rei Pelayo) entre os anos 774 e 783. Mandaron construir esta igrexa ao traladar para Santianes a capital do reino astur dende Cangas de Onís co fin de que lles servise de panteón real e como igrexa do seu pazo do que se descoñece a ubicación. Estes reis están enterrados nesta igrexa.

Igrexa prerrománica de S. Juan


A igrexa, de planta basilical con tres naves, permaneceu intacta ata o S. XVI pero nos séculos XVII e XIX sufríu profundas tranformacións. No S. XIX descubríronse importantes restos da igrexa primitiva. No S. XX tamén houbo exacvacións que sacaron á luz importantes elementos como un fragmento da pedra fundacional cunha inscripción laberíntica, unha la´pida cunha talla dun pazo e un candelabro de cobre. Estas pezas expóñense no museo prerrománico que está preto da igraxa e que tamén se pode visitar.
Igrexa prerrománica de S Juan

A case 1km. de aquí, está "El rincón de las aves". Podemos deixar o coche aparcado aquí, xunto á igrexa e ir andando ou ben levar o coche xa que alí hai aparcamento; eso sí, as rúas son moi estreitas!
El rincón de las aves é un lugar creado no ano 1969 por unha familia (Carmen e Ceferino) amante das aves e que empezaron con tres parellas e hoxe teñen máis de 110 especies que dificilmente poderás ver xuntas noutros sitios.
Faisáns, perdices, paspallás, tórtolas, cegoñas, grúas, parrulos, pitas do monte, mouchos, loros, paxaros exóticos...e ata tartarugas, peixes e ras podemos ver neste lugar que tamén conta con máis de 400 variedades de plantas, arbustos e árbores.
Aínda que personalmente non me gustou ver os animais encerrados en gaiolas, vale a pena a visita polos rincóns máxicos que ten e polas plantas e árbores. Todo ben coidado e con carteles identificativos no caso dos animais. A entrada custa para adultos 5€.

Fotos de "El Rincón de las Aves"
A entrada

O moucho

Guacamaio

Aspecto do percorrido

Non faltan os detalles




Tartarugas

Fermosos rincóns



Grúas

As cegoñas




Os parrulos






venres, 23 de xullo de 2021

PRAVIA

 Hoxe tamén pateamos, pero non por unha ruta de sendeirismo propiamente dita, hoxe pateamos rúas que é a mellor maneira de coñecer calquera lugar e tamén descubrimos dúas rutas de sendeirismo que deixamos para percorrer outro día xa que hoxe non deu tempo a máis.

Pravia non queda moi lonxe da Mariña lucense (1h, 15min.) e para mín era unha vila descoñecida que ten moitos atractivos que ofrecer: as súas casas de indianos (especialmente na parroquia de Somao) os monumentos históricos civís e relixiosos entre estes últimos destaca unha xoia do prerrománico (a igrexa de S. Juan en Santianes), a Casa das Aves tamén en Santianes...

De Somao, xa hai unha ampla entrada no blog:

Rutas de sendeirismo: SOMAO (ASTURIAS)

Agora imos falar da vila de Pravia. Despois de visitar Somao, en 11km. xa chegamos a Pravia. Esta localidade foi "villa y corte" da monarquía asturiana e segue conservando un aire rexio e monumental.

Esta zona está bañada por tres importantes ríos: a Nalón, o Narcea e o Aranguín, ríos salmoneiros e troiteiros que ademais forman ricas veigas.

Según entramos en Pravia, xa nos chaman a atención os seus edificios, tan señoriais situados na rúa de S. Antonio ao pé da Praza de Sabino Moutas.






Fernando Arango Queipo, bispo de Tui e natural de Pravia foi un grande benefactor desta vila e promoveu no S XVIII a construcción do maxestuoso conxunto barroco da Praza chamada de Sabino Moutas.
O Pazo de Moutas de apariencia austera alberga sen embargo un luxo propio da nobreza. Conseva aínda boa parte do mobiliario orixinal.

O pazo de Sabino Moutas pegado á Colexiata de Santa Mª e a estatua do rei Silo que foi rei de Asturias entre 774 e 783 e trasladou a capital dende Cangas de Onís a Pravia.

En 1º termo estatua do rei Silo

Unha colexiata é unha igrexa na que se celebra culto como nas catedrais pero non é sede de bispo. Tiña abades e coengos. No 1887, esta colexiata pasou a ser considerada igrexa parroquial.


A casa onde vivían os coengos, en frente da colexiata e o pazo:
Casa dos coengos

Este fermoso e gran edificio é onde están a Biblioteca Pública e a Oficina de Turismo:

Tamén visitamos a Capilla del Valle que algúns autores remontan ata o S. XI. Alberga un dos maiores tesouros renencentistas de Asturias: a imaxe da Virxe do Val, patrona de Pravia nun retablo realizado en terracota cocida e policromada.


Imaxe da Virxe do Val

Abandonamos esta zona atravesando o Parque Heno de Pravia que leva este nome en recoñecemento á promoción que este xabrón fai da vila. Aínda que non é aquí onde está a fábrica nin moito menos. A historia di que Salvador Echeandía Gal veu de viaxe a Asturias e ao pasar por Pravia quedou prendado do olor que desprendía a herba seca recén cortada e obsesionouse con crear un perfume con ese cheiro. En 1905 sacou á venda un xabrón co aroma de herba seca recén cortada e púxolle "heno de Pravia" como recordo desa vila.


E chegamos agora á parte máis antiga de Pravia, na Praza Marquesa de Casa Valdés. Chámanos a atención esta fonte con 6 canos representando as 6 vilas próximas: Soto del Barco, Muros de Nalón, Cudillero, Candamo, Salas e Pravia.

Fonte dos seis canos

Topamos con esta estatua "La hilandera", que rinde homenaxe a arte de fiar que realizaban as mulleres pravianas.


E chegamos á Praza Marquesa de Casa Valdés que é o núcleo máis antigo de Pravia e aquí temos mostras da arquitectura señorial dos séculos XVII e XVIII.
O edificio do concello é de estilo neoclásico do S. XVIII.
Edificio que alberga o concello

A seguinte é a "Casa del Busto"  do S. XVI, hoxe reconvertida en hotel:


Casa del Busto

Esta é a casa dos marqueses de Valdés:
Casa da marquesa de Valdés

Por último, nesta vila vimos a antiga azucreira que forma parte do patrimonio industrial. Levantouse no ano 1899. Estaba equipada con moderna maquinaria e nacía coa esperanza de medrar rápido grazas ao cultivo de remolacha azucreira nos concellos veciños pero en 1903 tivo que pechar ao non poder superar a forte competencia, o reducido mercado e os elevados costes de producción.
Durante varias décadas estivo abandonada e recentamente a chimenea veuse abaixo a consecuencia dun raio. O concello entón propúxose recuperala e entre este e o Principado conseguiron restaurala. De momento non ten uso ningún.




Antiga Azucreira

E damos por rematada a nosa visita por hoxe á vila de Pravia pero voltaremos porque vimos dúas rutas de sendeirismo que queremos realizar.