Amosando publicacións coa etiqueta Capadocia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Capadocia. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de setembro de 2022

CAPADOCIA (TURQUÍA)

 Capadocia é un dos lugares máis impresionantes que se poden visitar, non só en Turquía, senón en todo o mundo.

O venres, día 9  pillamos un avión e voamos dende Estambul ao aeroporto de Kayseri. Imos cara ao interior, a ao centro da Península de Anatolia. Estamos en Asia. 

O que convirte a Capadocia nun lugar único no mundo son as súas  formacións xeológicas de toba calcárea, que é unha rocha caliza, tan débil que incluso permiteu durante séculos que os habitantes do lugar constrúan as súas  moradas dentro das propias rochas. As caprichosas formas que foron adquirindo as formacións durante milenios de erosión, convirten a paisaxe da Capadocia en todo un espectáculo para os ollos.

Dende 1985, Capadocia é Patrimonio Mundial da Humanidade. Foi un lugar habitado dende o principio dos tempos e numerosos pobos viviron aquí. Debido ao seu enclave, foi tamén un importante punto nas rutas comerciais.


Xa dende o avión se vía que a paisaxe ía cambiando gradualmente a medida que nos internábamos máis no interior:


Despois da aterraxe en Kayseri, subimos  aos autobuses e a 1ª parada foi en:

Uçhisar:
Ao igual que noutras zonas de Capadocia, en Uçhisar pódense atopar fermosos exemplos de moradas trogloditas excavadas no débil subsuelo da rexión. Sen embargo, Uçhisar é máis famoso polo seu Castelo, unha estructura que corona un promontorio. Tamén é coñecido como o Val das Pombas debido aos numerosos pombais artificiais que foron tallados na suave toba volcánica. Dende moi antigo, as pombas foron usadas na Capadocia como alimento e como fertilizante natural.
Uçhisar ou o Val das Pombas.

Castelo de Uçhisar realmente é unha fortaleza aproveitada a base de escavar artesanalmente as formacións de toba para crear habitáculos e laberínticas galerías que comunican o interior co exterior.

O lugar deixou de ser habitado hai pouco tempo, a causa dos perigosos desprendementos da fráxil formación rochosa.

Uçhisar

Unha bandeira otomana corona o perforado peñón, repleto de ventanucos e cavidades a distintas alturas. Parece unha auténtica fortaleza troglodita e, ao mesmo tempo, un decorado irreal surxido da  imaxinación.

Castelo de Uçhisar

Moitos veciños viven agora en casas construidas nas ladeiras do promontorio rochoso dunha forma algo máis moderna e confortable.
Uçhisar

 Love Valley (O Val do Amor)
Algo máis adiante paramos a ver outro miragre da natureza, nunha rexión moi árida con veráns moi cálidos e secos e invernos moi crus, con neve, atopamos estas formacións rochosas naturais que se parecen a falos e a pesares de ter semellanza coa virilidade non foron creadas polos homes, senón pola natureza.
O Val do Amor

Love Valley (O Val do Amor)
 
Fomos xantar a un fermoso restaurante:
Restaurante Hanedan

Símbolos para diferenciar os aseos masculinos e femininos no restaurante.
Aseos

 Parque Nacional de Göreme
Este parque é un museo ao aire libre, Patrimonio Mundial da Humanidade. Os asentamentos neste lugar comenzaron nos séculos III y IV, cando os cristiás do período romano fundaron varios mosteiros. Como a maioría das construcciones en Capadocia, non se trataba de edificios, senón de sitios excavados na rocha, en forma de covas artificiais. Aínda existen restos de monumentos, capelas, alcobas, almacéns e igrexas, moitas delas decoradas con frescos dos séculos XI e XII.
Xa na entrada se pode aprezar a magnitude das escavacións, na mole de pedra chamada "Mosteiro das mulleres"
O mosteiro das mulleres

Göreme foi un centro monástico de 1ª orde no mundo bizantino
Göreme
 
Subimos escaleiras e atravesamos oquedades para ir descubrindo diferentes igrexas que nada teñen que ver coas que estamos acostumados a visitar. Algunhas delas tiñan pinturas espectaculares pero estaba prohibido sacar fotos dentro.
Göreme


Na seguinte foto vemos a Igrexa da Sandalia chamada así poruqe as cavidades que hai no chan semellan pegadas de sandalias.
Igrexa da sandalia
Sábado, día 10
Este día, algúns e algunhas madrugamos moito xa que íamos viaxar en globo. Aínda que foi unha actividade fóra do programa e era bastante cara (Tivemos o NON na cabeza varios días), non quixemos perder a oportunidade de facer algo que todo o mundo co que faláromos nos recomendou. E aló fomos!!
E a verdade que foi unha experiencia emocionante, voando sobre unha paisaxe única e vendo un precioso mencer.
Como dixen, tivemos que madrugar moito e unha furgoneta veunos recoller ao hotel aos que decidimos viaxar en globo (Unhas 31 persoas das cerca de 100 que íamos) Tardamos uns  20 minutos en chegar ao lugar onde están os globos e vemos a gran infraestructura que hai montada en torno a esto.
En canto chegamos, ofrecéronnos un zume e u pasteliño.

Era aínda noite cando chegamos

No noso globo fomos 28  persoas e dous rapaces que o controloban.
A golpes de lume o globo vai tomando aire e alonxándose do chan case sen darnos conta, xa que vai moi suave.


É marabilloso!! O noso voo durou aprox. unha hora.

Parece que sobrevoamos unha paisaxe lunar.
 
Ver amencer dende o globo é un espectáculo único!!


Ás veces, parecía que chocábamos coas rochas, pero non...
 
Sobrevoando o Val de Goreme coas súas características formacións rochosas:

Ao rematar o voo, invitáronos a unha bebida que parecía champán...Todos brindamos xuntos.


Val de Pasabag
Este val caracterízase pola forma cónica das súas abundantes chemineas de fadas de pedra caliza. Este val tamén é coñecido como Val dos Monxes, xa que na antigüidade, nas chemineas  escondíanse monxes.

O noso guía, explicando

As chemineas de fada que pueden observarse nesta zona son algunhas da máis impresionantes de todas as que se atopan en 
Capadocia.

 Portas, ventás...que demostran que aquí houbo asentamentos humanos.

A súa curiosa forma  débese á acumulación en columna (que poden elevarse a decenas de metros de altura) de materiais sedimentarios sobre os que se asenta unha «cúpula» de rocha máis resistente á erosión, que pode desgastar a parte inferior en maior medida que a súa cúpula, dando lugar a estas formacións.

Saratli
Cidade subtarrénea descuberta en 2014. Pénsase que na Capadocia pode haber máis de 200 cidades subtarrénaeas. Esta sería das máis antigas, aínda que se decoñece a orixe exacta. Ten 7 pisos e hai 3 abertos ao público. Os seus habitantes podían estar moito tempo sen sair ao exterior xa que dispuñan de comida e de auga suficientes, ademais dunha perfecta ventilación con conductos respiradeiros cara ao exterior.
Saratli
 
Eran covas para sobrevivir pois este territorio era frecuentemente atacado.

 A través de estreitos pasillos, túneles...imos vendo distaintas habitacións, establos para animais...
 
Moitas veces hai que pasar agachado. Coidado as persoas claustrofóbicas!!

Este día comemos nun restaurante orixinal e precioso. Hai que dicir que tódolos días comemos fóra do hotel a mediodía, en espectaculares restaurantes que viaxando doutro xeito ao mellor non coñeceríamos.
O restaurante chámase Uranos Sarikaya e ten unha orixinal forma de anfiteatro. Servíronnos unha comida turca dentro dun xarro que é cociñada durante horas. A mín gustoume moito!! E ademais foi servida de forma ceremoniosa cos camareiros abrindo o tarro diante nosa.

 O restaurante está dentro dunha cova a unha temperatura ideal.

Çavusín
O poboado troglodita é  encantador e atópase no corazón de Capadocia. A parte antiga de Çavusin está construida nunha ladeira de rocha. Semella un formigueiro abandonado e estraño, cheo de cavidades talladas na rocha. Houbo xente que subíu a ladeira e estivo na parte de arriba da aldea. Ía moita calor  e eu, a pesares de que non me gusta perderme nada, desta vez só saquei unhas cantas fotos dende abaixo e senteime a tomar algo fresco nunha das terraciñas que había.
Çavusín

Çavusín
Á noite deste día, sábado 10, fomos ver un espectáculo tradicional  a un lugar moi similar ao restaurante onde xantamos a mediodía. A verdade é que foi agradable: tíñamos bebidas e froitos secos gratis e desfrutamos do espectáculo de bailarines e bailarinas tocando e danzando e implicando tamén aos que alí estábamos (había máis xente que os noso grupo) a sair a bailar ao escenario. Pasámolo ben!!

E ata aquí chegou a nosa visita á Capadocia! Un lugar eu diría que imprescindible para visitar en Turquía. Vir a este país e non viaxar a este lugar é perderse algo único no mundo. 

Páxinas web consultadas:
https://www.capadocia.com/
https://www.losapuntesdelviajero.com/
https://www.lasexta.com/