O último día desta viaxe visitamos Ponte de Lima , unha vila de case 3000 habitantes, ben fermosa e coñecida sobre todo pola súa ponte sobre o río Limia ou Lima que se caracteriza pola súa arquitectura rústica e o seu val bañado por este río.
Entramos pola avda. António Feijó con árbores outonales.
|
Avda. Antonio Feijó |
O Palacio do Marqués de Ponte de Lima é o 1º monumento que vemos ao baixar do bus. É do S. XV e actualmente acolle a Oficina de Turismo. A estatua que vemos é a da raíña Dª Teresa, nai de Alfonso de Portugal
|
Palacio do Marqués de Ponte de Lima |
Esta figura dun touro que vemos ao pé da catedral representa unha festa moi antiga, "A Vaca das Cordas" na que actualmente se leva un touro polas rúas guiado por cordas e dá 3 voltas á catedral como manda a tradición. Eu vin vídeos desta festa e para nada me gustou ver o que se fai cun animal que non se pode defender, atado con varias cordas e ríndose del, saltando derriba, pegándolle aínda que sexa coas mans...Paréceme unha festa bárbara e fóra deste tempo actual. Por desgraza aínda quedan bastantes deste xeito...
|
Monumento á "Vaca das Cordas" que finalmente é un touro |
Na foto de abaixo vemos Cadeia Vella, unha torre que na parte posterior ten unhas escaleiras dende as que se obten unha panorámica do Largo da Picota e a igrexa matriz ou catedral ao fondo.
|
Cadeia Vella |
Vistas dende Cadeia Vella: |
A Igrexa Matriz dende Cadeia Vella |
O monumento á Feiras Novas e ao Folclore non pasa desapercibido polo grande que é e pola representación tan natural do modo de vida de antes. É unha obra do escultor Salvador Vieiras inaugurada en 2009.
As Feiras Novas son unhas festas que se celebran en Ponte de Lima a 2ª semana de setembro na honra da Virxe das Dores.
|
Monumento ás Feiras Novas e o Folclore
|
Moi cerca do monumento anterior vemos este non menos fermoso represantando a vida no campo antigamente.
|
Monumento á vida rural de antes |
A esta cidade dalle nome a súa ponte romana e medieval sobre o Río Lima. Ao fondo vemos a Igrexa de Santo Antonio da Torre Velha.
A lenda conta que os soldados romanos cando chegaron a este río e viron a beleza que a rodeaba creron estar vendo on río Lethes, ou río do esquecemento (este río facía perder a memoria aos que o atravesaban) e non se atrevían a cruzalo. Cruzouno o xeneral Décimo Junio Bruto e cando chegou á outra beira chamou aos soldados cada un polo seu nome para fecerles ver que non perdera memoria.
A ponte mide 380m. e conserva 5 arcos romanos e o resto son da I Media xa que a ponte tivo que ser ampliada no S. XIV. Por esta ponte pasan os peregrinos do Camiño Portugués a Santiago.
|
Ponte romana e medieval de Ponte Lima |
Cerca do río vemos estas estatuas de soldados romanos que recrean a lenda do río Lethes . |
Estatua de soldados romanos |
Ponte de Lima conserva algún tramo da antiga muralla que mandara construir Pedro I no S. XIV. A Torre de San Paulo que vemos abixo na foto é unha mostra dela.
|
Torre de S. Paulo. |
A Praza Largo de Camôes é o epicentro da vila e está presidida pola fonte que vemos do S. XVII e que foi a 1ª que suministrou de auga a Ponte de Lima. Naquel tempo as multas por botar nela lixo eran 3 día de cárcere. |
Fonte no Largo de Camôes |
A Cámara Municipal ou Concello está situado na Avda. Antonio Feijó por onde entramos e saimos da vila.
|
Edificio da Cámara Municipal ou Concello |
ILUMINACIÓN DE VIGO
Vin a iluminación de Vigo cando aínda esta non era tan coñecida e famosa, cando aínda non se falaba dela máis que na propia cidade. Lembro que me chamara a atención xa o fermosa que se vía e para mín chegaba ben daquel xeito máis sinxelo e máis humilde.
Non vou dicir que non é espectacular, porque o é. É unha iluminación grandiosa, abundante, suprema, superlativa...tódolos adxectivos que engrandecen algo, cádranlle.
Hai unha polémica aberta sobre se tanto "lucerío" é bon para todos os de Vigo e claro, como en case todo non hai unanimidade. Uns din que é boísimo pola cantidade de xente que atrae e beneficia a hoteis, restaurantes, bares...outros din (sobre todo a xente que vive cerca) que é un martirio para eles pola reestructuración do tráfico que hai que facer, polos ruidos, ocupación de espazos, retrasos por atascos...etc.
Eu só teño clara unha cousa: se fose alcaldesa dunha cidade gustariame que a xente dixera da miña cidade que é a máis limpa, a que ten máis zonas verdes, a que ten máis parques, as rúas mellor pavimentadas....etc, etc antes de que dixesen que tiña a mellor iluminación do mundo.
Enfín...parce que este fenomeno de masas no que se convirteu o Nadal en Vigo con 11,5 millóns de LED ten trazas de seguir e ir aínda a máis...xa se verá.
Aquí deixo unhas fotos (poucas) porque xa todo o mundo estamos cansos de ver vídeos, fotos deste acontecemento por tódolos lados: TV, prensa, redes sociais....
Aquí quedan mostras da gran contaminación lumínica de Vigo. Na foto seguinte vese tamén a escultura de Francisco Leiro "El Sireno" instalada en 1991 Mide 11m. de altura e representa un personaxe imaxinario entre home e peixe.
Páxinas web consultadas:
https://www.routeyou.com/es-pt/location/view/52528148
https://es.wikipedia.org/wiki/Ponte_de_Limahttp://www.portoenorte.pt/es/que-hacer/ponte-romana-e-medieval-puente-romano-y-medieval/
https://www.turismoenportugal.org/puente-medieval-de-ponte-de-lima
https://es.wikipedia.org/wiki/El_Sireno