mércores, 23 de xullo de 2025

PENEDO DO GALO DENDE GONDAR (XOVE)

 Xa fixera unha ruta ata o Penedo do Galo con inicio e fin no Monte S. Roque. Hoxe volvín subir ata o Penedo pero dende a parroquia veciña de Xove.

Partín da aldea de Gondar, parroquia de Monte, no concello de Xove.

Características da ruta

Lonxitude: 12,5 km.

Dificultade: baixa

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción 

Deixei o coche un pouco máis arriba da aldea de Gondar, ata onde vin que podía levalo xa que despois empezaban as pistas para os parques eólicos.

Deseguida entro no concello de Viveiro, como así o indica o letreiro .

 

A medida que ascendo, as vistas sobre a Mariña son perfectas neste despexado día.

O mar Cantábrico aló embaixo...


É moi difícil, case imposible, mirar a algún sitio que non haxa aeroxeradores...Frente a nós, o Coto da Meda.

De frente, aló enriba, xa vemos o Penedo do Galo.

A pesares de pasar tan preto, eu non subía á cima porque xa o fixera na anterior ruta que comentei ao principio e porque non era o obxectivo de hoxe.

Agora toca baixar. Seguimos de momento no concello de Viveiro.

Nun momento dado, no km. 4,4 do percorrido, vin un carreiro dende o que se adiviñaban boas vista e así era: o punto máis lonxano é a Estaca de Bares, despois, a punta do Vicedo coa illa Coelleira, o Fuciño do Porco e a máis próxima, a punta onde está a Cova da Doncela e a Ría de Viveiro.

A pesares de atopar varios pasos canadenses, só vin unhas vacas no inicio da ruta. Durante o percorrido, ningún.

Baixamos por unha pista entre eucaliptos:


Pasamos pola canteira explotada por Prebetong Áridos. Aquí extraen granito para a producción de areas e áridos de alta calidade para fabricar formigón, prefabricados, firmes de estradas...

Ao pé da canteira pillamos á dereita por un camiño de monte no que ademais dos consabidos eucaliptos, atopamos de cando en vez algún carballo e incluso un arce branco.

Vemos este letreiro en madeira anunciando a "Ruta do Curro de Naia". Non volvemos a ver ningunha indicación máis de dita ruta. Naia é un rego polo que pasaremos máis adiante.
 
Nun sitio que cortaran eucaliptos, vemos ao lonxe algunha aldea de Xove e o mar.

Nesta zona houbo cortas moi recentemente, de feito, vimos varias máquinas aínda polos montes.
 
Atravesamos o Rego de Naia con árbores propios de lugares onde hai auga.

Agora a subida é constante durante 1,5 km. aprox. Á esquerda imos vendo o monte cortado polo que vimos de pasar.

Un curto tramo en subida por un camiño irregular, con pedras.

E chegamos ao punto no que a ruta se divide. Agora volvemos polo mesmo percorrido que na ida.

Non podo reisitirme a fotografar de novo a fábrica de Aluminio e o porto de Morás.

De frente, vemos Monte Maior.

Nas zonas máis baixas (esta ruta trancorre case toda por zonas de pouca altitude) xa hai prados e medran eucaliptos e piñeiros.

Chegando xa ao final desta ruta.

 O coche, que deixei antes do paso canadense.



Páxina web consultada:
https://www.votorantimcimentos.es/es/aridos/explotaciones/