Amosando publicacións coa etiqueta Viveiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Viveiro. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2026

FRAGA DAS SAÍMAS (BOIMENTE- VIVEIRO)

 Cando coñecín  Candaoso, entereime que de alí mesmo partía un camiño que leva a unha fermosa fraga. Está anunciada como unha ruta lineal pero nós fixémola circular.

Características:

Lonxitude: 6,3 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

  A ruta empeza e remata en Candaoso onde se celébra tódolos veráns unha Rapa das Bestas considerada Festa de Interese en Galicia.

Hai que dicir que a outra ruta que fixemos empezando e rematando neste mesmo lugar, gustoume moito máis ca esta. No ENLACE, pódese ver.

Candaoso

A Fraga das Saímas atópase na parroquia de Santo André de Boimente, concello de Viveiro.

Fraga das Saímas

Un camiño en perfecto estado atravesa esta fraga.

Fraga das Saímas

A outra vez que estivemos por esta zona víramos moitos cabalos. Díxonos un veciño que os cambiaran de sitio e hoxe vimos vacas.

Fraga das Saímas

Nesta fraga poidemos ver carballos, bidueiros, abelairas, acivros, pereiras bravas...

Fraga das Saímas

 Esta exuberante fraga atópase no monte Lerín.

Fraga das Saímas

O percorrido pola fraga dura 2 km. e ao remate, chegamos á aldea de Castiñeiras na que tan só vive unha persoa.

Castiñeiras

Vistas á aldea chamada Os Ramos que está totalmente deshabitada.
Os Ramos

Moi cerca de Castiñeiras, está Piñeiro que aínda que ten bastantes vivendas, só ten un habitante, un home chamado Adolfo que estivo falando con nós bastante tempo e contounos cousas sobre a súa solitaria vida.

Piñeiro

Casas de pedra, actualmente baleiras.
Piñeiro

Abandonamos Piñeiro deixando a Adolfo na máis completa soidade.

Piñeiro
Deseguida deixamos a estrada para pillar un camiño de monte con bastante denivel.


Esta constante subida é a parte máis fea da ruta.

Despois de 1,5km. , estamos arriba.

E agora iremos por asfalto ata  o final. Intentamos pillar un camiño á dereita tal e como me marcaba o trck que levaba, pero ao pouco de inicialo, estaba tortalmentenpechado, así que voltamos á estrada.

Camiño pechado. Cando se planifican as rutas sempre hai que ter coidado con que pode pasar esto. De seguro que este camiño existeu nalgún momento e o mapa así o recolle, pero actualmente está impracticable.
Camiño pechado

A paisaxe agora é aberta aos prados da zona onde pastan as vacas.


Piñeiros enfermos por un fungo que acaba por secalos.

A min esta zona de Candaoso, cos Montes de Buio ao fondo, paréceme preciosa!


Onde se ve a vexetación densa é por onde pasa o Rego da Fraga.

En Candaoso hai prados, hai curros e hai moitas e variadas árbores que medran cos protección do Rego  da Fraga e ao abrigo do val.

A frondosidade e variedade das árbores.


sábado, 11 de outubro de 2025

FONTECOVA (VIVEIRO)

 Fontecova é un lugar da parroquia de Santa Mª, no concello de Viveiro. Este lugar é coñecido sobre todo pola Capela da Sarna da que escribirei despois.

Esta ruta empeceina non no concello de Viveiro, senón no de Xove, un pouco máis arriba da aldea de Gondar, ao pé mesmo da Serra do Xistral.

Características da ruta:

Lonxitude: 8,2 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar . O meu track en WIKILOC

Descripción

Deixo o coche cando vexo que a estrada vai rematando e se convirte nunha pista. É unha zona onde hai gando pacendo.

Empezo unha subida lixeira onde vexo cabalos na beira da pista.

De frente, a Serra do Xistral, concretamente Monte Maior que pertence a Xove. Eu estou no concello de Viveiro.

Sigo a ver gando e as suaves lombas da Serra do Xistral.

A subestación Parque Eólico de Viveiro:

Sigo a camiñata por unha ancha e cómoda pista para camiñar.

Aparecen os prados porque falta moi pouco para chegar a Fontecova.

A paisaxe ábrese e vemos casas de Fontecova e, ao lonxe, outras aldeas de Viveiro.


Nesta curva da foto pillamos por un carreiro para ir ata a capela de Fontecova. Eu non vin outro acceso.

Este carreiro estreito, lévanos á capela.

Esta canceliña estaba pechada e era difícil de abrir. Eu pasei polo lado.


Nun fermoso entorno illado, nun alto, atopamos a capela de Fontecova, chamada pola zona a Capela da Sarna porque despois da Guerra Civil española a fame e as condicións hixiénicas de moitos fogares, provocaron un incremento das enfermidades da pel como a sarna e centos de persoas subían á capela para festexar unha romería e pedir pola curación do seu mal.

Capela de Fontecova

A capela atópase a 430m. de altitude e foi fundada no S. XVII por iniciativa de Pedro Mestre, un labrador do lugar acomodado que deixou en herencia a capela coa condición de que os seus herdeiros dixeran 2 misas ao ano nese lugar.

Capela de Fontecova

A patroa da capela é a Virxe dos Remedios e hai unha placa colocada na fachada principal, derriba da porta, que di:
" En honor a N.S. de los Remedios,
patrona de esta capilla de Fontecova,
para que ella bendiga y proteja siempre
a sus vecinos, dedicamos este recuerdo
en fecha 19 de mayo de 1970."
Capela de Fontecova

No entorno hai tamén un fermoso cruceiro. A última romaría celebrada aquí foi no ano 2019.

E tamén hai unha fonte "A fonte da Sarna" que segundo di a tradición manaba auga curativa.
«Bebiendo o lavando en ella las manos, no solamente se quita la enfermedad producida por el insecto acarus scabie [la sarna], sino todas las de carácter herpético», describió en su día el escritor y periodista Alfredo García Dóriga, según recoge Nuevo Cal. Un dato que confirman recuerdos de romeros como Vicente Rolle Rodríguez, su mujer, Nieves, y su hija Belén, quien recuerda «ver panos colgando das árbores» o las piedras que hay cerca de la capilla.
O certo é que actualmente da fonte non manaba nada, nin unha pinga de auga.

Ao pé da capela hai unha casa deshabitada.


Vistas dende a capela.

En Fontecova hai casas deshabitadas pero outras non. Vin e escoitei xente por alí.

Desviándose uns metros da estrada, nunha curva, este camiño que se ve na foto, vai á unha fonte.

Desta fonte restaurada, si que manaba auga.

Outra imaxe de Fontecova.



Imos por asfalto algo máis de km. e medio entre prados, ata que de súpeto remata o asfalto e imos por unha pista.

 Avanzo por unha pista entre piñeiros onde pastan as vacas!! A mellor prevención contra incendios!




Neste cruce, temos a opción de ir polo camiño da dereita e acurtaremos a ruta. Eu sigo pola esquerda.

Un pouco máis adiante, vexo un camiño á dereita que acurta tamén o percorrido e semella máis fermoso. Aló vou!!

É un camiño illado e fermoso no que caín ao cruzar un pequeno rego que hai. Nada de importancia, puxen un pé mal nunha pedra por intentar non mollarme e caín. A verdade é que me lastimei ben nun xeonllo e custoume chegar ao coche. Menos mal que estaba rematando a ruta, se chega a ser ao principio, teño que dar a volta e se fora polo medio, había sufrir bastante .
Só foi un golpe, con xeo e unha pomada, ao día seguinte estaba case nova.

 Algo máis adiante se converte nun camiño de monte rodeado de piñeiros que deseguida desemboca na ampla pista que antes traía.

Estou na Serra do Xistral, no punto máis alto da camiñata e estas son as vistas cara á costa. As mismas que vin noutra ruta que fixen non hai moito tempo e comparte con esta un pequeno tramo.

Agora empeza a baixada cara ao coche. De frente Monte Maior, xa en Xove.


Xa estou de novo no punto de inicio.



Medio consultado:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2025/09/12/capilla-sarna-300-anos-historia-monte-sagrado-viveiro/0003_202509X12C4992.htm