venres, 27 de setembro de 2024

PICO DO GALO DENDE S. ROQUE (VIVEIRO)

 Hai tempo que lle tiña ganas a esta ruta pero tamén algo de medo, xa que este Pico é o máis alto de Viveiro e as subidas moi pronunciadas....nunca foron para min. Non é para tanto, faise ben pero, eso si, ten unha subida de 1,5 km. aprox. moi pronunciada e despois zonas alternas de chan e subida pero cun desnivel menor.

Penedo do Galo, cunha altitude de 550 m., é o punto máis alto de Viveiro. No cume hai unha estación meteorolóxica da que se oe falar moito. Cando sopra moito o vento sempre nomean a esta estación por ser a que recolle os refachos máis fortes da Mariña lucense e do resto de Galicia.

Características da ruta

Lonxitude: 10,5 km.

Dificultade: fácil

Ruta circularsen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción da ruta:

Partimos do Monte S. Roque pasando polo estupendo miradoiro e a capela. S. Roque é un dos patróns de Viveiro a quen con esta capela se lle quixo agradecer que liberase da peste a esta vila na I. Media. Foi construida no S. XVI e restaurada no S. XX. A zona complétase cun cruceiro, un hórreo, un miradoiro e unha estupenda e coidada área recreativa. 

Vistas dende S. Roque sobre Viveiro, a praia de Covas, porto de Celeiro, Fuciño do porco...


Empezamos a camiñar pola parte baixa da capela e chegamos á Cova do Santo. Esta é a lenda:
"En el siglo XVI, Viveiro y la comarca sufren una gran pandemia de peste, trayendo dolor y enfermedad a la ciudad. Gonzalo de Velaira fue uno de los supervivientes y quiso subir hasta el Monte de San Roque para respirar aire puro. Allí se encontró una cueva entre las piedras en donde había un hombre que parecía extranjero con su perro.
Este animal lamió las heridas de Gonzalo y aquel extraño hombre humilde le dijo que su nombre era Roque. Hablaron de la situación de la peste y Roque le cuenta que deben rezar para que cambie la situación. El santo invoca una oración mirando cara a Viveiro y se marcha con su perro hacia el Penedo do Galo.
Al bajar, Gonzalo se da cuenta que todo había cambiado, que la gente celebraba el final de la peste y de la enfermedad. Contó su historia y por ello San Roque fue nombrado copatrono de la villa de Viveiro desde aquella."

A cova permaneceu tapada pola maleza e sen acceso durante moitos anos ata que no 2018 a Comunidade de Montes de S. Roque recuperou o lugar e podemos ver tamén unha imaxe do santo tallada en pedra.

A Cova do Santo vista dende arriba.

Un hórreo tipo Ribadeo decora tamén este lugar.

Baixamos por un camiño fermoso con abundante arboreda, pola parte de atrás do Semilleiro, un lugar onde hai unha reserva de animais (vimos ovellas, ponis e burros) nun recinto valado, tamén hai un pequeno edificio onde se pode comer, celebrar cumpreanos...pasando un día en contacto coa natureza. Ao pé hai tamén un Parque de Aventuras.
O Semilleiro, onde vimos ovellas.

Despois seguimos baixando ata atopar unhas escaleiras que temos que baixar e camiñar uns metros (moi poucos pola estrada) ata pillar un camiño á dereita.

A subida ata Naín ten bastante desnivel. Por veces, os eucaliptos deixannos ver a costa.

Este tramo foi o que máis me custou e o que menos me gustou. Non deixa de ser unha pista monótona polo medio de eucaliptos.

Naín é unha aldea  moi pequena a 231m de altitude que ten boas vistas.

Tramos con poucos atractivos...

Dende A Trasposta xa vemos o noso obxectivo: O Penedo do Galo.

Ás veces atallamos saindo da pista principal por camiños totalmente accesibles.

Os cabalos pastan en total liberdade aquí enriba.

Pouco queda xa para chegar...

Vistas excepcionais...

Xa estamos a 545m. de altitude. Aquí hai unha estación meteorolóxica da que se fala moito cando o vento é forte.
 
Despois de desfrutar un tempo das magníficas vistas, baixamos primeiro pola mesma pista de subida para despois coller á dereita e facer circular a ruta. Atallamos baixando por este camiño.

Nun punto determinado do percorrido, hai un miradoiro.

A baixada é fácil e cómoda. Frente a nós, Penedo do Galo onde acabamos de estar.

Pasamos de novo polo Semilleiro pero agora pola parte de diante, por onde sube a estrada.

Non falta de nada neste espazo: parque de aventuras, refuxio de animais...

A verdade é que en Monte S. Roque temos de todo para pasar un día en familia.

Nós comemos en Pulpería Mario que se instalou aquí non hai moito. Comemos un pulpo delicioso!

Unha área recreativa moi grande e ben coidada á sombra dos piñeiros con mesas, bancos e barbacoas de pedra.

Un lugar tamén para pasear.

Outro restaurante, neste caso unha parrillada. Ao fondo, Penedo do Galo.















Ningún comentario:

Publicar un comentario