Amosando publicacións coa etiqueta ano 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2014. Amosar todas as publicacións

domingo, 19 de abril de 2020

RUTA DA SEIMEIRA. SANTA EULALIA DE OSCOS. PR-AS116

Santa Eulalia de Oscos está situada no occidente asturiano e pertence á comarca Oscos-Eo declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera. O municipio non chega hoxe aos 500 habitantes
É un concello dun notable interese histórico e natural onde conviven atualmente a gandería, a agricultura e o turismo rural.
Santa Eulalia ten homologadas nada menos que 6 rutas de sendeirismo o que dá idea do inmenso potencial natural e paisaxístico que ten este concello.

A ruta da Seimeira  foi a primeira que realizamos neste concello. É unha ruta curtiña e moi fácil pero non por eso menos fermosa: partiremos do pobo de Pumares que constitúe un exemplo de arquitectura típica dos Oscos, iremos case todo o camiño á beira do río Agüeira, pasaremos pola aldea abandonada de Ancadeira, polo Val do Desterrado que ten a súa lenda e chegaremos á seimeira(fervenza ou cascada) que cae dende uns 30 m. de altura.




Lonxitude: 6,5km.
Dificultade: baixa
Ruta lineal ben sinalizada.

Descripción da ruta:

Partimos da aldea de Pumares (a 1km. aprox. de Santa Eulalia) e aparcamos na área recreativa que hai á entrada. Percorremos uns metros e adentrámonos nesta máxica aldea que en tempos pasados vivía da actividade ferreira e hoxe faino do turismo rural.


Empezamos subindo lixeiramente. O can que se ve acompañounos todo o camiño de ida e volta:


Á beira do río Agüeira:


A maior parte do sendeiro está protexido por muros de pedra cubertos de musgo pola moita humidade:


Ao cabo de 2km. chegamos á aldea abandonada de Ancadeira:


Pasamos polo Val do Desterrado onde fixemos un alto:

Esta é a lenda:
Dice la historia que en Santa Eulalia de Oscos habitaba un señor con un obediente criado. Tras una jornada de caza, regresaban al pueblo para asistir a misa, pero se les hizo tarde. De forma que el señor pidió al criado que se adelantara y solicitara que se retrasara la misa hasta que él llegara, pero el párroco se negó. Cuando llegó el señor se enfureció tanto que ordenó a su sirviente que matara al cura o moría él. El lacayo obedeció y dio muerte al cura, motivo por el cual le condenaron a morir en la horca. Pero el día del ajusticiamiento se le conmutó la pena por un destierro a un sitio solitario y asilado. Desde aquel día deambula por el valle del Desterrado .

Nós dende logo non vimos o Desterrado!!

Seguimos o noso camiño e ao pouco chegamos á Seimeira:

O tronco dunha árbore fíxolle de berce ao canciño
Dende aquí, demos a volta polo mesmo sitio.
Comemos en Santa Eulalia, en Casa Pedro. Moi recomendable polo servizo, o lugar e a comida!!

E aínda nos deu tempo a pasear por ests fermosa vila:

venres, 17 de abril de 2020

SENDA DA VENTUREIRA. FRAGAS DO EUME


As Fragas do Eume é o bosque atlántico mellor conservado de Europa. Dende 1997 é Parque Natural. Esténdese polos municipios coruñeses de Pontedeume, A Capela, Monfero, As Pontes e Cabanas o que dá idea da súa extensión: 9000 hectáreas. Esta exuberante fraga está percorrida polo río Eume.
Son varias as rutas que se poden realizar nas Fragas do Eume.
A ruta que nós fixemos foi a Senda da Ventureira, unha das máis fermosas xa que discorre por parte do Cañón do Eume. Ademais é moi sinxela e curta.
Pero...temos que volver facela. Non a desfrutamos como deberiamos xa que hai puntos nos que se cruzan varias rutas e se non vas atento/a, podes perderte. Non, non nos perdemos pero pensamos que si, que íamos perdidos nun determinado momento e esto impideunos desfrutar da ruta como sería desexable.
Temos que repetila!!

Lonxitude: 6km.
Dificultade: baixa
Ben sinalizada pero hai que estar atento. Ruta circular

Descripción da ruta:
Empezamos a ruta na ponte de Santa Cristina que foi onde deixamos o coche xa que non era temporada alta. No verán e S. Santa hai que deixalo máis atrás, no Centro de Interpretación.

Os primeiros metros imos por unha pista ancha pero en seguida nos metemos por un estreito sendeiro co río Eume á nosa esquerda.
Imos vendo pequenos regatos que verten ao Eume:

Aquí, e como xa uns cantos anos que fixemos esta ruta, non sei como pero fomos dar ao Mosteiro de Caaveiro que na maioría das informacións que busquei sobre esta ruta, non pasa por aquí.



Dende aquí demos a volta e foi precisamente cando chegou un momento que pensamos que íamos perdidos



Pero, non!!!! Nos íamos perdidos!
De súpeto aparecemos xusto onde deixáramos o coche!!!

FRAGA DE VILAPENA (TRABADA) PR-G85




Trabada é un concello da provincia de Lugo que ten 5 rutas de sendeirismo homolagadas o que dá idea dos recursos paixísticos que ten este concello e do interese do mesmo por dalos a coñecer.

Mapa de Trabada, Lugo

No ano 2016 realizamos esta ruta que empeza e remata na aldea de Vilapena, sube ao Alto do Gorro e logo descende para atravesar umha preciosa fraga cruzando ademais o regato de Vilaformán.



Lonxitude: 10km.
Dificultade: media- baixa. 
Ruta circular ben sinalizada

Descripción da ruta:
Empezamos na igrexa de Vilapena nun día gris:



Empezamos a forte subida a Pena Gorra:

Dende o alto de Pena Gorra divisamos Vilapena:


Despois baixamos pola fraga de Vilapena e parecía que nos metiamos nun conto de fadas:

Esta ruta caracterízase pola grande diversidade arbórea: vimos eucaliptos, acivros, carballos, piñeiros, arandos...




 Atravesamos o regato de Vilaformán: na época que nós realizamos esta ruta chovera bastante e había que levar boas botas para non mollar os pés:

Chegamos de volta a Vilapena. Fin desta fermosa ruta:

Para comer, non saímos do concello: xantamos no Restaurante Villapol. (Penso que actualmente cambiou de nome pero segue a existir)

xoves, 16 de abril de 2020

RUTA DAS XANAS. (QUIRÓS-SANTO ADRIANO)




Esta fermosa e fácil ruta lineal (pódese facer circular engadindo un km. e medio máis enlazando coa senda de Valdolayés) percorre o desfiladeiro das Xanas, un dos máis coñecidos e visitados de Asturias e Monumento Natural dende 2002.

As Xanas son uns dos personaxes máis coñecidos da mitoloxía asturiana. Son fadas de gran beleza que viven en augas limpas e critalinas e que se entretiñan peiteándose xunto á auga coa axuda dun espello.  
  Unha xana    (Imaxe procedente de enjoyaasturias.es)

Lonxitude :8km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal. Boa sinalización

 Ao ser lineal podemos empezar a ruta dende Villanueva (Concello de Santo Adriano) ou dende Pedroveya(concello de Quirós). Nós empezamos e rematamos en Pedroveya xa que queriamos comer nesta pequena aldea que é encantadora e moi coñecida polo restaurante "Casa Generosa", auténtico templo da cociña asturiana.
                                 
Descripción da ruta:
Saíndo de Pedroveya:
Pedroveya

Pedroveya


Empezamos a baixar entre prados rodeados de montañas:

Baixamos escaleiras:

E cruzamos pontes:

E túneles:

Imos adentrándonos no desfiladeiro:


Aló ao fondo o pobo de Villanueva:

Tamén atopamos animais:


Chegamos a Villanueva:

E dende aquí demos a volta por onde viñemos para chegar de novo a Pedroveya:




Un teixo centenario