xoves, 8 de abril de 2021

RUTA DE SENDEIRISMO PARA NENOS. S. CLODIO DE AGUIAR- OUTEIRO DE REI (LUGO)

 É a 1ª vez que publico unha rutiña para nenos e nenas. Esta publicación vai dedicada ao meu netiño Gael, de 3 aniños e que o outro día vivíu unha xornada preciosa desfrutando dun lugar máxico na compaña dos seus papis, do seu padriño e a noiva deste e dos seus avós paternos. Os adultos vivimos un día de 10 véndoo a el como desfrutaba e gozando tamén nós da fermosura e orinalidade deste sitio que agora comentarei.

Características da ruta:

Lonxitude: 1,5 km. aprox.

Dificultade: ningunha

Ruta circular na que é imposible perderse.

Descripción

Este lugar máxico atópase nun sitio bastante apartado aínda que cerca de poboacións como Rábade, Outeiro de Rei e Lugo.

Está dentro do concello de Outeiro de Rei, na parroquia de S. Clodio de Aguiar. Unha parroquia moi pequena (no ano 2019 só tiña 36 habitantes)

Parécenos que para ver cousas grandiosas e que vallan a pena temos que ir ás cidades ou vilas grandes pero non sempre é así. Nesta parroquia ben pequena naceu da man de X. Ramón Rodríguez Iglesias un proxecto precioso que cada día é máis coñecido e ten máis visitantes.

Con gran esforzo e de xeito altruista (só nos pedirán que deixemos a vontade) este home creou un mundo de conto con animais, con personaxes, con lugares que non deixarán de sorprendernos a cada paso; e o máis importante: todo construído con materiais de refugallo. Un mundo cheo de maxia no que se pode sentir o amor á natureza.

Situamos  o lugar de S. Clodio de Aguiar onde está a tamén chamada "Aldea das Formigas" Está AQUÍ

Despois de aparcar onde se pode (Non hai sitio habilitado) atopámonos con estas cigoñas:


E imos con coidadiño porque nos vixía a " Formiga radar"

Tamén vemos este bólido vermello que conduce unha formiga.


Non podía faltar o enfermeiro coa vacina contra o Covid:



Tampouco podía faltar a Formiga que controla o tráfico:


Xusto na entrada temos un punto de recarga de batería. Todo aquí é ecolóxico:

Estes elementos anteriores están na carretera. Entramos ao recinto, que é un precioso prado rodeado de árbores e o primeiro que vemos é ao cobrador de morosos


Todo é feito con materiais reciclables como tiestos, botas, plástico de silos, neumáticos, bidóns... Esta preciosidade sería a casiña das formigas, que aínda que hai moitos outros animaliños, elas son as protagonistas:



Continuamos o percorrido sorprendéndonos a cada paso. Este foguete facía as delicias de tódolos pequenos que por alí había:

Porque se pode entrar dentro onde hai un astronauta e unha réplica dun ordenador que poden manexar:

O camiño é precioso e sorprendente a cada paso:

E xa vemo ao lonxe a 1ª "criatura feroz"

Ohhhhhh....que medo! Esta é a serpe Lurditas

O polbo non podía chamarse doutro xeito...

Tamén vimos a abella Maya:

E un paxaro carpinteiro:

É incrible o que se pode facer con imaxinación e vontade de traballo:

As formigas traballando:

E aquí temos a Fermín:

E a Gastón

Este lugar é chamado tamén "A aldea das formigas"

Unha inmensa araña!!

Seguimos o percorrido sen deixar de sorprendernos:

O enclave é ben fermoso:

Seguindo co noso paseo, atopamos o autobús escolar:

Que ten a súa parada, claro:

Un caracol cos seus filliños:

E esta formiga motorizada cazou o virus do Covid!!

Ás formigas debe de gustarlles as motos:

Ata hai unha formiga-bruxa colgada dunha árbore:

E estas teñen unha bomba!!

 Seguimos o fermoso percorrido:

E atopamos unha formiga buscadora de ouro. Fixarse que collar leva!!

Chegamos a un edificio que parece moi futurista:

E que por dentro é precioso, con plantas  e bancos e pedras...


E ao rematar o circuito atopamos ao porco Martiño. Como a entrada é gratuita, podemos meterlle a Martiño por un burato que ten algún cartiño, o que queiramos, para axudar a manter este espectacular lugar!!

martes, 6 de abril de 2021

RUTA DAS FONTES- FAZOURO- FOZ

 Esta ruta está sen homologar nin sinalizar. Para poder realizala, se non se coñece esta parroquia, hai que segui o track que gravei en WIKILOC

É unha ruta curtiña e fácil que vai pasando polas numerosas fontes que ten esta parroquia nalgúns dos barrios que a conforman.


Características da ruta:

Lonxitude: 7,2 km.

Dificultade: Fácil

Ruta circular sen sinalizar.

Descripción:


Esta é a Fonte de Lousada:


Tamén ten un lavadero adosado como pasa en moitas fontes. Este está nun completo 
abandono:

Vistas dende a Fonte de Lousada. (Aínda que o día non estaba moito para fotos)

O percorrido é todo por asfalto, pero por estradas e pistas locais da parroquia nas que non atopei apenas 
ningún vehículo. Imos cruzar  o barrio de Lousada:


Dentro de Lousada temos barrios coma este dos Reis cos seus cabozos


Esta é a capela da Concepción.


Dende onde  hai unhas excelentes panorámicas (Non en días coma o de hoxe)


A primavera chegou pero o día está moi gris hoxe:


Xa podo ver o barrio do Cachón e o do Redondal:

Esta casa en ruínas foi a antiga rectoral:


A seguinte fonte é a de Lázaro:

Tamén co seu lavadoiro:

Un xardín moi coidado:

 A terceira fonte que atopo é a de Quintas. Esta non ten lavadoiro:

Damos a volta sobre os nosos pasos e baixamos para ir ata a Fonte da Rigueira:


Fonte da Rigueira:


Para coller auga desta fonte, hai que baixar unhas escaleiras:


 Damos a volta e pasamos polo barrio do Cachón:

Baixo polo Cristo:


Para chegar á Fonte de S. Campio que data do ano 1939


E baixo uns metros cara a igrexa, vemos a mesma fonte que trouxeron ata aquí no ano 2000:


Seguimos o noso camiño cara á Ponte Vella deixando a igrexa parroquial detrás:


Xa vemos o río Ouro pasando pola Ponte Vella:



Logo de pasar a Ponte Vella, torcemos á dereita para coller a Ruta do Río Ouro que 

podemos ver descrita no seguinte enlace: 

Rutas de sendeirismo: RUTA DO RÍO OURO (FAZOURO-FOZ)


E deseguida chegamos á seguinte fonte: a de Fernandete.


Damos a volta sobre os nosos pasos e contemplamos a vexetación sobre o río, neste caso 

unha hedra que colonizou un carballo:

Continuamos a ruta e aquí collemos á dereita para o barrio de A Rúa:


Barrio de A Rúa:

Chegamos ao Rego da Pasada


Damos a volta para seguir o camiño que traíamos e ver a Fonte da Aldea:


Vemos xa a Ponte de Ferro que cruzaremos e o seu barrio e máis ao lonxe o barrio de Lousada de onde saimos para facer esta ruta:



Pasando pola Ponte de Ferro sobre o río Ouro na súa desembocadura:

Mirando á esquerda, os barrios polos que vimos de pasar:


Vistas dende o barrio da Ponte:

E chegamos á última fonte que veremos: A Fonte de Paleo que atopamos algo descoidada


Imos pola principal estrada desta parroquia, no barrio de Bargado:


Torcemos á esquerda para seguir pola estrada que vai  á Ferreira do Valadouro:


Uns metros máis adiante, torcemos á dereita e vemos a antiga escola hoxe convertida en 

Centro Socio-cultural da Parroquia:

Subimos polo barrio de Lousada:


E rematamos esta ruta no mesmo lugar onde a empezamos. Nese mesmo lugar, á dereita, temos a Fonte de Lousada.