domingo, 4 de abril de 2021

CAMIÑO VELLO DE ALDOSENDE PR-G 249 PARADELA- LUGO

 Hoxe descubrimos unha ruta que vai ser dificil de superar en beleza, na Ribeira Sacra lucense con varios miradoiros cara o Miño, un desfiladeiro entre rochas e vexetación que pon a adrenalina a tope, a igrexa de S. Facundo de Ribas do Miño, Monumento Nacional e 1º Premio de Arquitectos de Galicia pola súa restauración, vimos as terrazas cos viñedos, bosques autóctonos...

A ruta está trazada sobre o antigo camiño a Aldosende (Paradela) e atravesa zonas verdadeiramente espectaculares, illadas da civilación e onde só se escoita o canto dos paxaros e por veces o murmurio da auga.

Estamos no concello de Paradela, situado ao suroeste de Lugo e a Ribeira Sacra está presente neste concello nas parroquias de Aldosende, S. Facundo do Miño e Loio con unha inmensa riqueza paisaxística e natural.

Outra ruta de sendeirismo neste concello e que nós realizamos xa hai anos é a Ruta do Loio que podes ver AQUÍ

Situación de Paradela nun mapa da provincia de Lugo:



Características da ruta:

Lonxitude: 12,9 km.

Dificultade: Moderada

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

NOTA: Eu aconsello facer a ruta empezando en Santiago de Aldosende e non ao revés porque penso que resulta máis fácil debido a que así baixamos  o desfiladeiro que doutro xeito resultará unha agotadora subida.

A ruta en WIKILOC:

Empezamos pois a ruta en Aldosende. A ubicación desta aldea, AQUÍ

Esta é a igrexa de Santiago de Aldosende:

Unha rúa da aldea:

O panel que indica o inicio da ruta:


Edificios de Aldosende:

Non hai nada mellor para enterarse ben das características da zona na que estamos que escoitar aos veciños:



A ruta trancorre ao primeiro por un antigo camiño de carro:

Deseguida vemos xa o Miño aló embaixo:

A espectacularidade da ruta!

O miradoiro de Aldosende:

Vistas espectaculares:

A partires de aquí empezaremos a baixar:


Polo desfiladeiro de Bacelo que é impresionante pero está protexido con cordas para agarrarse:



É dunha fermosura abraiante!

A maioría deste tramo é en baixada . Só hai estas escaleiras que suben.
 
Vistas do outro lado do Miño coas características terrazas vinícolas :

Atravesamos unha viña:


E chegamos embaixo, ao pé do Miño:

Estamos no Miradoiro da Volta do Castelo.Tódolos Miradoiros están nas partes altas pero este está á beira do río, nun lugar que invita a unha parada para contemplar tanta paz e beleza:

A ruta continúa agora durante uns 3km. sempre pegada ao río por un camiño ancho, moi doado de andar e precioso!



Non falta de nada nesta ruta, por exemplo abundan árbores autóctonas:

Aquí, quen esteña enfermo ou enferma, cúrase. O río Miño aparece aquí xa encorado porque estamos moi preto do encoro de Belesar.

E chegamos a un lugar cunha gran riqueza patrimonial e alonxado de todo: a igrexa de S. Facundo de Ribas do Miño.
Din en Patrimoniogalego.net:

"O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, de estilo cisterciense, transición románico a gótico, foi declarado monumento de interese nacional no ano 1982. Recibe en 1998 o Primeiro Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma. Con este galardón recoñecese o carácter orixinal da actuación realizada, en base a un proxecto dos arquitectos Alberte González Rodríguez e Jorge Salvador Fernández.
Sendo a arquitectura notable, mais o é o entorno: rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do Monte da Trapa ata o río Miño, con embarcadoiro para o catamarán. Afirma D. Ricardo López que a bóveda da igrexa de San Facundo de Ribas de Miño é a primeira manifestación do estilo gótico na Península Ibérica; está constituída por seis robustos arcos de pedra, que converxen nunha clave colocada a solo 5,30 m de altura.
San Facundo é fundado en torno ó ano 1120 e nace coa vocación de acoller ós peregrinos que viaxaban a Santiago. En 1116 Dona Urraca, raíña de León e Castela, nun dos seus temperamentais arrebatos decide cortarlle a fonte de ingresos que supoñían os peregrinos ó Arcebispo Xelmírez e derruba a ponte de Portomarín sobre o río Miño, camiño francés a Compostela. Os monxes beneditinos, entón, instálanse onde o Miño amansa a corrente para cruzar en barcas ós peregrinos, fundando o mosteiro en torno a 1120. Neste ano, Pedro o peregrino volve a levantar a ponte de Portomarín, converténdose así San Facundo no refuxio de aqueles viaxeiros que non podían pagar o pontazgo de Portomarín e que pasaban a noite na igrexa...."


Ao pé desta igrexa existe un pequeno cemiterio que é o único de Galicia que ten tódalas súas lápidas en galego

Este é un moi bo lugar para comer:
A igrexa atópase nun entorno privilexiado, no medio dunha fraga, moi cerca do Miño e rodeado de viñedos:

Agora comenzamos unha pequena subida ata a carretera

Que nuns 20 m. nos conduce á Adega dos Penedos:


A Adega dos Penedos como seu nome indica foi unha adega sitúada nun alto, rodeada de penedos e cunhas vistas exelentes sobre o Miño e que conserva moitos elementos de tempos pasados da xente que alí vivíu. Non só había unha adega se non que alí vivía toda unha familia como o demostra os edificios e elementos que neles se atopan:


Panorámica que se desfruta dende a Adega dos Penedos:

Restos do que sería a cociña. 
 A adega:

Seguimos o noso camiño que non pode ser máis fermoso:

Cos carballos empezando a agromar:

Chegamos á estrada pola que iremos uns 100m :

Ata chegar ao Miradoiro de Santa Marta:

Dende este miradoiro, vemos aló moi ao lonxe, a aldea de Santa Marta. Pasaremos moi pretiño dela dentro de pouco:

Agora imos entre piñeiros :


Volvemos chegar preto do río e vemos as vides ao pé:

Santa Marta é unha aldea da parroquia de Ribas do Miño, dentro do concello de Paradela

Recóndita e pequeniña aldea pegada ao río Miño:

Encaramos agora unha última subida de 850m. cara ao miradoiro de Cabodevila onde remata esta fermosa ruta:


Chegamos á estrada pola que iremos durante 500m. aprox. ata o final:

 Este miradoiro atópase nun lugar privilexiado dende o que podemos contemplar á esquerda o Castro da Virxe, de frente, a vila de Portomarín que nos anos 60 foi asolagado para construir o encoro de Belesar; á dereita vemos terras do concello de Paradela.

Aquí, no Miradoiro de Cabodevila remata esta fermosísima ruta que recomendo a todo o mundo!

2 comentarios:

  1. Hola, a ruta espectacular y tus foto y comentarios muy buenos, solo tengo una duda al acabar como vuelves al inicio. Hay taxis por la zona ?

    ResponderEliminar
  2. Hola. Nosotros hemos dejado dos coches al final de la ruta para poder volver al inicio donde dejamos los otros pero sí que tienes la posibilidad de llamar un taxi a Portomarín o a Paradela. Hay gente que lo hace así.
    Un saludo.

    ResponderEliminar