mércores, 15 de abril de 2020

RUTA DO LOIO. PARADELA PR-G14


 Esta é unha ruta ben curtiña e doada de facer pero non por eso menos fermosa xa que ao longo dela iremos vendo árbores autóctonas, muíños, pontes de madeira, algunha fervenza...todo ao lado do tranquilo río Loio.

Lonxitude: 7km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal.
Sinalización: no momento que nós a realizamos (2014) estaba regular sinalizada, nalgúns puntos aparecía borrada a sinalización e noutros, confusa. Esto debeu ser correxido xa que xente que a fixo no 2019 apunta que está perfectamente sinalizada.

A ruta empeza en Paradela, ao lado das piscinas municipais deixamos os coches e empezamos a baixar cara ao río:


Atopamos muíños en ruínas:

Pontes ben rústicas:


E unha exuberante vexetación:


Seguimos camiñando nun entorno paisaxístico inigualable:



O camiño segue entre salgueiros, carballos, acebos...ata chegar ós 2km. de ruta onde se observa un impoñente carballo milenario:

Seguimos baixando cara ao río para chegar ao Muíño da Retorta que é o máis grande que atoparemos con 4 pedras de moer e totalmente restaurado.

Seguimos entre pastos e fincas


Divisando aldeas ao lonxe:

Continuamos  por un camiño con moito encanto cruzando fermosos soutos:



Tamén, e aínda que o camiño non cansa, sempre facemos unha parada:

O tramo final da ruta, lévanos ata a carretera LU-633 frente a dous restaurantes. Comemos nun deles, no restaurante "O Mesón do Loyo"
  
Foi unha ruta ben fermosa!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario