xoves, 16 de abril de 2020

SENDA DEL OSO (TEVERGA-ASTURIAS)

A Senda del Oso é unha das rutas emblématicas de Asturias e unha das máis concurridas. Discorre por un camiño cercado cun valado de madeira polo que anos atrás circulaba un tren mineiro que percorría o val do río Trubia transportando carbón. Esta senda foi reconvertida e habilitada como vía verde.
Un dos atractivos da ruta está en Proaza onde se poden ver dúas osas en semiliberdade. Cando fomos nós (ano 2015) poidemos ver a Paca e a Tola. Esta última, Tola, morreu no ano 2018 polo que agora só se pode ver a Paca e a unha nova que incorporaron e ten agora 8 anos aprx. Chámase Molina.

A historia de Paca e de Tola que son irmás é a seguinte:
Cando tiñan poucos meses, un cazador furtivo matou a súa nai. Ao quedar orfas, quedaron baixo a protección do Fondo para a Protección dos Animais Salvaxes (FAPAS) e viviron en Cataluña e Extremadura ata que no 1996 as osas foron traladadas a Proaza ao cercado actual. Intentouse devolver estes animais ao seu medio natural pero estaban xa acostumadas aos humanos e foi imposible.

Esta ruta ten forma de Y e  ten 40km., os mesmos que percorría o tren mineiro. Ten tres tramos a realizar. Nós fixemos dende Tuñón ata Entrago (21 km.)

Loxitude: 21 km. (Tuñón-Entrago)
Dificultade: baixa
Ruta lineal. Ben sinalizada.

Descripción da ruta:

Saimos de Tuñón:


E camiñamos por espacios abertos con aldeas ao fondo:



E despois duns 6km., chegamos a Proaza e vimos as osas:


Paramos a descansar un pouco:


E continuamos desfrutando dunha espectacular paisaxe:



Esta formación chámase "Peñas Juntas". Sobra dicir o porqué:

Atravesamos túneles:


E pouco a pouco fomos chegando a Entrago:



Dende Entrago collemos un bus e voltamos a Tuñón onde deixaramos os coches.

Ningún comentario:

Publicar un comentario