sábado, 18 de abril de 2020

PENA GUÍMARA (A FONSAGRADA) PR-G139

A Fonsagrada, ao noroeste da provincia de Lugo, é o municipio máis extenso de Galicia. O núcleo urbano está situado a 952m. sobre o nivel do mar.
Este municipio, declarado Reserva da Biosfera é dos lugares naturales máis privilexiados de Galicia e conta con tres espacios protexidos: Carballido, Río Eo e A Marronda. Nesta ruta desfrutaremos da fraga do Carballido.


A ruta  de Pena Guímara discorre por camiños e antiguas corredoiras, por sendeiros zigzagueantes no medio de fragas exuberantes, á beira do río ás veces e con elementos etnográficos e culturais ao longo do seu percorrido: muíños, corripas, aldeas abandonadas...

Lonxitude: 11km.
Dificultade: media
Ruta circular ben sinalizada

Descripción da ruta:
A ruta empeza en Vilardiaz (dende aquí sae tamén a ruta de Gallol e ámbalas dúas rutas coinciden durante os primeiros metros)



Vilardiaz é o punta máis elevado do percorrido. Dende aquí a ruta descende con vistas ao bosque de Carballido.

Imos descendendo cara ao río Veiga de Logares no medio da espesura da fraga:


Tras este descenso, chegamos á carretera:

Imos por carretera uns 300m. ata desviarnos á esquerda para meternos de novo na fraga, para nun zig zag en pronunciado descenso, chegar á beira do río Veiga de Logares:




Comenza entón unha alternania de subidas e baixadas seguindo o curso do río.
Algo máis adiante o río empeza a encaixonarse e para salvar este cañón empezamos a ganar altura e vemos o río aló embaixo.

Entre castaños centenarios, acivros, árbores de ribeira...continuamos o camiño:




As Fontes da Pinguela (pequenos saltos de auga do río):


E chegamos á aldea abandonada de Romeán, perdida na fraga e sen acceso por carretera:

Aquí separámonos definitivamente do río, ascendendo ao lado de prados:

Chegamos a San Martín de Robledo coa súa igrexa abandonada:

Seguimos pola fraga, subindo e baixando, vemos corripas, onde antiguamente se gardaban as castañas para protexelas dos animais:

Pasamos polas covas de Vilardiaz:


E chegamos ao punto de partida. Algo cansos, pero felices de ter desfrutado de tanta beleza!!!

En Fonsagrada, nevara aqueles días:

e deunos tempo a pasear polas rúas nevadas antes de degustar un bo cocido no restaurante Cantábrico.


Ningún comentario:

Publicar un comentario