Amosando publicacións coa etiqueta Llanera. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Llanera. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de outubro de 2026

COVARONES DO RÍO TUERNES . S. CUCAO (POSADA DE LLANERA)

 Despois de ver por Internet moitas fotos e comentarios positivos dunhas covas que forma o río Tuernes no concello de Llanera en Asturias, fun coñecer ese lugar e non me defraudou en absoluto. Tanto os covarones como o percorrido que eu fixen gustoume moito e mereceu a pena a hora e corenta minutos que me levou chegar ao punto de inicio.

Aínda que a ruta oficial ten inicio nunha área recreativa moi cerca xa dos covarones, eu decidín partir da aldea de S. Cucao, concretamente dende  a súa igrexa parroquial. Cando fago rutas que empezan en aldeas, sempre prefiro deixar o coche ao pé da igrexa ou dalgunha capela porque normalmente hai sempre sitio para aparcar e nalgunhas aldeas non é doado atopar onde deixar o coche para non molestar aos veciños, as estradas son estreitas e nestas aldeas rurais pode pasar o gando, un tractor...

Características da ruta:

Lonxitude: 9km.

Dificultade: fácil (hai que ter precaución dentro dos covarones)

Ruta circular sinalizada en parte. O meu track en WIKILOC

Descrición:

Para esta ruta partín de S. Cucao,  da parroquia de Llanera. A ruta vai toda ela por esta parroquia.

S. Cucao

Segundo o inventario de bens culturais do concello de Llanera, este conta con abundante patrimonio cultural (palacios, capelas, a igrexa parroquial, casas tradicionais, hórreos, muíños...)
S. Cucao

Ao redor da igrexa, no ano 2015, plantáronse 8 árbores autóctonas diferentes que corresponden a cada aldea que forma parte da parroquia. Hai unha faia, un teixo, un carballo, un tilo, un bidueiro, unha aciñeira, un acivro e un castiñeiro. (Tamén hai un freixo que xa existía) Especies autóctonas igual cas de Galicia, por algo somos veciños e compartimos en moitas zonas o mesmo clima e o mesmo tipo de terreo.
"Tiene San Cucao, una de las once parroquias de Llanera, fama de ser un lugar con gran conciencia de comunidad y de gran unidad entre los vecinos de sus distintos núcleos de población. Y de ello deja constancia el llamado “Bosque de los pueblos”, una original iniciativa desarrollada hace ya unos años para hacer patente esta seña de identidad local"
Bidueiro, tilo, castiñeiro e carballo

A igrexa parroquial de S. Cucao foi destruida por un incendio durante a Guerra Civil e despois foi rehabilitada. É de estilo barroco-historicista)
Igrexa de S. Cucao


A carón da igrexa hai tamén dous teixos enormes.
Teixos ao pé da igrexa de S. Cucao



Outra imaxe da igrexa:
Igrexa de S. Cucao

Collo camiño a La Piniella (neste lugar ten unha casa a familia de Carmen Polo, muller do dictador Francisco Franco) Foi un dos lugares de descanso do matrimonio xa que ela e a súa familia son oriundos deste lugar.


Na entrada á Piniella pon que é zona residencial e vemos fermosas casas, todo moi limpo e moita vexetación.

                                                                     La Piniella
Tamén vemos nese lugar un hórreo asturiano. A principios deste mes de setembro saiu unha actualización do Regulamento de Patrimonio Cultural do 2015 mediante a que o goberno asturiano permite novos usos para hórreos e paneiras co fin de garantir a súa conservación.

Estas construcciones podrán destinarse a actividades complementarias vinculadas al turismo rural, la hostelería, la cultura o la comercialización de productos locales.

También podrán funcionar como espacios auxiliares asociados a viviendas existentes, puntos de información turística o cultural, áreas de almacenamiento compatibles con su conservación y pequeños establecimientos vinculados a la producción agroalimentaria o la artesanía tradicional. Además, el reglamento prevé la posibilidad de incorporar otros usos compatibles mediante futuros desarrollos técnicos.

Hórreo asturiano

Deixamos as casas e metémonos por este fermoso camiño, á dereita a fonte Caguernia.



Camiñar por aquí, e ademais totalmente en solitario, é para mín unha gozada!!
Vin moitos tracks desta ruta que, aínda que algún parte tamén da igrexa de S. Cucao como fixen eu, non pasan pola Piniella, senón que van pola estrada. O que se perden!! Este camiño non pode ser máis fermoso!!

Estas verdes paisaxes son típicas do clima oceánico destas terras.



Á dereita, vivendas con árbores froiteiras, vimos sobre todo moitas maciñeiras.


Non pode ser máis fermoso este camiño!!


Á esquerda, o espeso bosque; á dereita, casas, prados, árbores...tamén esta plantación de fabas, xa maduras.


Atravesando agora unha carballeira:



Rutas nas que en un día pola semana non atopas a ninguén...



A Área Recreativa "Los Covarones" atópase situada entre os regos de Gafares e os ríos Tuernes e Nora. É un lugar moi ben coidado con moitas árbores, mesas, bancos e un espazo infantil
Área recreativa Los Covarones

Área recreativa Los Covarones

Dende aquí parte oficialmente a ruta que estou a facer, pero non me arrepinto para nada de empezar onde empecei. Esta área recreativa está no lugar de Agüera que tamén pertence á parroquia de S. Cucao.
Agüera é eminentemente rural.


Hai sobre todo gandaría vacuna. Na foto, casas e vacas en Agüera.


Fermosa imaxe con muros de pedra seca en Agüera.



Sorprendeume moito a vexetación, tan abundante, tan exuberante, tan autóctona.


Camiños espectaculares!!



En 1º plano, un enorme freixo, vin moitos.


Chegamos aos Covarones e temos dúas opcións: pillar á esquerda ou á dereita. Eu collo 1º á dereita.
Entrada aos Covarones

O 1º que nos atopamos é o Refuxio da Nora: unha cova de orixe neolítico que, segundo a tradición oral, sirveu de acubillo para algunha xente durante a Guerra Civil.

                                                Refuxio da Nora

O río Tuernes nace na Serra del Águila. No seu tramo baixo, antes de desembocar no río Nora, descurre por unha planicie que combina praderías e bosques de ribeira. Os Covarones do río Tuernes son un caprichoso paisaxe kárstico surxido da erosión natural da rocha caliza pola acción do río ao longo dos séculos. 
Covarones do Tuernes

Segundo o panel informativo:

  • A visita pódea realizar calquera tipo de público non diferente ao que fai unha ruta de montaña, pero si se pretende adentrarse nos tramos en cova será necesaria a formación e o equipamiento; nalgunhas zonas a profundidade dos pozos é considerable. Está prohibido o baño.
  • As zonas subterráneas son visitables en verán con pouco caudal de agua, pero han de empregarse técnicas de espeleoloxía polo que non se recomenda para o público en xeral salvo que vaia acompañado por guías especializados.
  • (Para min, a 2º información contradícese algo coa 1ª)

                                                             Covarones do Tuernes

Atópome cunha cova na  que non podo adentrarme pola profundidade da auga. Toca  contentarse con vela dende fóra. Dou a volta para dirixirme para o outro lado.
        Covarones do Tuernes

Hai que levar moito coidado por aqui. Camiñaremos sobre pedras que en épocas de chuvias poden estar húmidas e ser esvaradías.
Covarones do Tuernes

        
Ao outro lado descubro unha das imaxes icónicas da ruta, un perfecto arco furado na rocha cunha “ventá” na parte superior que permite o paso da luz.
Covarones do Tuernes
Atravesamos o arco e grazas  a que nesta parte o nivel da auga está bastante baixo, podo adentrarme  un pequeno treito na cova. 
Covarones do Tuernes

O río sumérxese ata 3 veces ao longo duns 500m. alternando tramos subterráneos con outros a ceo aberto.
Covarones do Tuernes

Saio de novo á estrada e agora vou ao lado esquerdo, por un camiño ben fermoso e deseguida chego a este fermoso lugar.


Dende aquí din a volta, de haber seguido por un carreiro que hai houbese chegado á desembocadura do Tuernes no Nora.

                                                   Río Tuernes
Abandono os Covarones e agora vou atravesar Agüera, deixando o camiño que traía á ida e pillando outro camiño á esquerda.

Outras zonas de Agüera e máis aló:

Enormes castiñeiros á beira do camiño:

Tamén abundan por aquí as árbores froiteiras

Vivendas novas, moi coidadas...sempre me dá a sensación de que as aldeas asturianas están máis coidadas que as de Galicia.
Agüera

Baixo por este souto para enlazar coa estrada que me leva de novo á área recreativa.

Dende a área recreativa pillo un camiño á dereita que me vai levar ao inicio por lugares diferentes, tamén moi fermosos.

Á esquerda, o Rego de Gafares.

Encantoume este percorrido. O fin era ver os Covarones pero os lugares polos que camiñei para chegar a eles e voltar ao inicio de ruta, non teñen desperdicio!!

Agora levo á dereita o río Nora. Debido á frondosa vexetación, apenas podo velo.

Nesta ruta vin moitos freixos. Unha árbore de madeira dura coa que antigamente, entre outras cousas, se facía a madeira dos carros.
"O meu carro é cerna dura,
sábese carballo e freixo..." (Manuel Mª, poeta da Terra Chá)

Amieiros, bidueiros, freixos, carballos...

A cada paso, unha estampa bucólica!

Alá enriba desembocaremos nunha estrada local.

Paso ao pé dunha granxa e uns metros máis adiante, pillo un camiño á dereita.

As fermosas paisaxes asturianas!!

Esas árbores tan mestas en ringleira indican por onde vai o cauce do río Nora. Este río, afluente do Nalón nace no concello asturiano de Sariego e fai de fronteira natural entre Oviedo e Llanera.

Paso polo lugar de Sabuñera onde hai este caserío que semella que empezaron a restaurar. Nos seus tempos debeu ser unha casa rural importante polo señorial que parece a casa.
  • "A nivel administrativo, quedó excluido del nomenclátor oficial (junto con el vecino núcleo de Mazurén), a pesar de ser reconocido desde antiguo por los habitantes como parte de la parroquia y de contar históricamente con tres casas habitadas"  (IA)
Lugar de Sabuñera

O hórreo do caserío, distínguese perfectamente da paneira porque esta é rectangular con 6 piares e outro tipo de tellado.
Hórreo en Sabuñera

Continua o camiño, por certo, tódolos camiños percorridos están en estado perfecto.

Vou adentrarme nun lugar moi fermoso.

Á dereita vense prados moi verdes e coidados. Moi cerca está o Centro Ecuestre El Asturcón

E logo non parece que estou nun país tropical con tanto verde e tantísima vexetación?? A partires de aquí deixamos o río Nora.


Estamos chegando xa ao inicio de ruta.


Dende este punto vemos o Castelo de S. Cucao ou Torre dos Valdés, edificio de finais do S. XV cando Diego Menéndez de Valdés constrúe a Torre; no S. XIX levouse a cabo  unha resturación que engadeu o edificio adosado, dándolle a forma de castelo. No S.XX tamén se levaron a cabo reformas que cambiaron a súa fisonomía.
Foi propiedade da familia Revillagigedo e no 1960 foi vendido. Actualmente é un complexo hosteleiro para eventos, celebracións, reunións empresariales...
Torre dos Valdés ou Castelo de S. Cucao ao fondo.

Xa vemos a igrexa de S. Cucao, onde teño o coche.
Igrexa de S. Cucao


Páxinas web consultadas:
https://actualidad.asturias.es/inicio
https://www.lne.es/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada