Amosando publicacións coa etiqueta ano 2023. Xermade. Prov lugo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2023. Xermade. Prov lugo. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de outubro de 2023

MIRADOIRO DO CASTELO DE GOÍA (XERMADE)

 Cando fixemos a ruta do Batán de Folgoso no concello de Xermade , despois do xantar subimos ata o Miradoiro do Castelo de Goia.

A Serra da Carba e a Serra do Xistral configuran esta zona. Para entrar hai que atravesar un paso canadiense e a verdade é que está pouco sinalizado. Hai un sinal ao principio da subida e nada máis, pero é fácil, trátase de subir por unha estrada entre eucaliptos, cruzar o paso canadiense e seguir subindo un pouco máis. Ao rematar a estrada, aparece ante nós e de súpeto este fermoso lugar.

Temos que subir 132 escaleiras se queremos subir ao miradoiro. A pena tan grand eque vemos é chamada "O Peñote"

 Estamos nun fermoso día festivo (12 de outubro) pero non hai ninguén máis ca nós. Os 3 coches que se ven son os nosos.

Estamos a 876 m. de altitude e as vistas sobre as Serras do Xistral e da Carba son impresionantes!!

 

Non sei que función ten esta pequena casa en pedra e madeira. Está pechada e non hai ningunha información.


E se se sube, ás veces hai que baixar...

No lugar hai unha fermosa área recreativa onde, ademais das mesas e bancos que estamos acostumados a ver, hai outras mesas e bancos máis naturais formadas por pedras.

Tamén hai varias barbacoas e unha fonte nesta área recreativa.