martes, 14 de xullo de 2026

CHAVES/VILA REAL/TABUAÇO (PORTUGAL)

 Do día 10 ao 12 de xullo viaxamos a Portugal da man da Asociación "Amigos das Viaxes" que preside Xaime Cancio. Fomos coñecer a rexión do Alto Douro cos seus cultivos de vides ás beiras do Douro formando unha paisaxe única e preciosa e cidades históricas pequenas pero cun grande patrimonio; asi mesmo fixemos un cruceiro polo Douro 🚢 e viaxamos nun tren histórico.🚂

Ao ser unha viaxe en grupo quero dicir, ou mellor ecribir, que as opinións, comentarios...que eu verta neste blog son única e exclusivamente no meu nome. Pode haber xente que lea esto e estea ou non conforme co que escribo; eu son a única responsable do que aquí poña. 

Outra cousa que quero comentar é que as fotos que aquí aparecen son feitas por min ou ben algunhas das que Xaime mandou ao grupo. Nestas fotos apenas veredes xente porque hai que dicir que este blog é público, está en Internet e calquera o pode ver, motivo polo que non poño nunca fotos de persoas excepto que estas saian de lonxe; non todo o mundo está de acordo en que se publiquen fotos súas. As fotos son orixinais, pero cunha aplicación usando IA (Intelixencia Artificial) retiro as persoas das mesmas.

PUNTUALIZO:👇

1.- Ningunha das fotos que veredes son inventadas ou sacadas de lugares onde non estivemos. Tódalas imaxes que ides ver son de lugares percorridos nesta viaxe, aínda que hai xente que non foi a algún sitio dos descritos.

2.- Todo o contido deste blog é elaborado despois da viaxe, nos días posteriores ao mesmo, porque hai xente que me dixo "estiveches ben entretenida". NON, eu durante a viaxe estiven desfrutando dela e, eso si, sacando moitas fotos pero non traballando neste blog, porque aínda que sí se pode facer dende un móbil, eu estou agora mesmo diante dun ordenador que me dá moitas máis prestacións e recursos que dende un móbil por bo que este sexa. Aparte que xamais se me ocorrería poñerme a elaborar estas entradas nunha viaxe. Non podería case facer outra cousa, esto leva tempo.

Venres, 10 de xullo

CHAVES

Portugal está organizada de xeito territorial e administrativo en distritos e conta con 18. Nós imos estar nos distritos de Vila Real (Chaves e Vila Real) e no de Viseu (Tabuaço e Lamego)

Chaves é sobre todo unha cidade termal xa que Flavio vespasiano emperador romano descubreu unhas augas con propiedades terapéuticas e a cidade empezou a medrar ao redor dos beneficios destas augas.

PRAZA DE CAMÔES.-

Aquí atopamos edificios emblemáticos como a Cámara Municipal (casa do Concello para nós) un museo, as igrexas da Misericordia e Santa Mª a Maior, a capela de Nosa Señora de Loreto e a estatua de D. Afonso, 1º duque de Bragança.

Na foto, a igrexa de Santa Mª a Maior, de orixe medieval, e a estatua de D. Afonso.

Praza de Camôes

Na foto seguinte a Cámara Municipal (Concello) e, case pasando inadvertida, a capela de Nosa Señora de Loreto ou Capela de Santa Cabeça, á dereita.

Praza de Camôes coa Cámara Municipal e a capela de Nosa Señora de Loreto

A igrexa da Misericordia é unha xoia barroca do S. XVII.
Igrexa da Misericordia, tamén na Praza Camôes

Na Praza Camôes atopamos tamén o Palacio dos Duques de Bragança, un edificio do S.XV mandado construir por D. Afonso, 1º Duque de Bragança. Hoxe é o Museo da Rexión Flaviense.
Praza de Camôes co Palacio dos Duques de Bragança á esquerda da imaxe.

Na foto seginte, as casas típicas antigas de Chaves cos seus corredores ou balcóns.


LARGO GENERAL SILVEIRA.-
É unha fermosa e coidada praza onde está (na foto vémola de frente, en amarelo) a Biblioteca Municipal e outros fermosos edificios.
Largo General Silveira

As letras grandes co nome da cidade onde moitos e moitas sacamos fotos, tamén están no Largo General Silveira.
Largo General Silveira co nome das letras da cidade.

PRAÇA DA REPÚBLICA.-
Esta praza tamén é coñecida como Largo do Pelourinho porque no seu centro atópase o pelourinho de estilo manuelino do S. XVI. O pelourinho portugués é que nós chamamos picota, unha columna de pedra que se levantaba en prazas públicas ou lugares moi visibles para castigo, tortura e escarmento de criminais.

Praça da República ou do Pelourinho, que vemos no centro.

LARGO 8 DE JULHO.-

Pasamos tamén por esta praza chamada deste xeito porque o 8 de xullo de 1912 o monárquico Henrique de Paiva liderou un ataque militar fallido aquí en Chaves contra a 1ª república portuguesa.

Largo 8 de Julho

O CASTELO.-

Un dos monumentos icónicos de Chaves é o seu castelo do que só se conserva a torre da homenaxe que vemos, e que foi mandada construir polo rei D. Dinis no S. XIV. Ten 28m. de altura.

Castelo de Chaves

Castelo de Chaves

A Rúa Direita é o principal acceso ao centro histórico da cidade, unha rúa moi animada e comercial e unha das máis pintorescas de Chaves. Por ela camiñamos.

Rúa Direita

Outra fermosa rúa de Chaves.

PONTE ROMANA DE TRAJANO.-

A ponte romana de Trajano sobre o río Támega é o símbolo de Chaves. Foi construido a finais do S. I e mide 140m. Está apoiado sobre 12 arcos de medio punto visible e 4 soterrados.

A ponte ten no medio dúas columnas cilíndricas con grabados que testifican que foron costruidas durante o mandato do emperador Trajano.

Ponte de Trajano

A seguinte foto, onde podemos ver perfectamente os arcos da ponte, é obra de Xaime Cancio.
Ponte de Trajano

O
río Támega nace no concello de Laza (Ourense) e despois de percorrer 145 km. (uns 50 en España) desemboca no río Douro en Portugal. Atravesa o val de Verín e as cidades lusas de Chaves e Amarante. (Foto de X. Cancio)
Río Támega

Ás beiras do río Támega hai un paseo que permite percorrer zonas verdes moi coidadas atopando zonas para o esparcemento como piscinas, canchas de tenis, a área recreativa da Magdalena... É un punto de encontro para o relax, o deporte e o contacto coa natureza. Neste entorno están tamén as famosas termas de Chaves, as famosas poldras (pasos de pedras antigos para cruzar o río) moitos restaurantes...enfín un lugar que non poidemos desfrutar debido a que o tempo que tíñamos nesta cidade era pouco para pretender ver todo.
Ademais hai a Ecovía do Támega que conecta Verín e Chaves seguindo o curso do río Támega durante algo máis de 30km.. A ruta está máis coidada na zona portuguesa.
Esta ruta prolóngase dende Chaves ata a cidade de Vidago.
Río Támega

VILA REAL

É a cidade capital do distrito do mesmo nome.

IGREXA DE S. PEDRO
Foi construida no S. XVI e destaca, ademais da súa fermosa fachada, o interior de estilo barroco.
Igrexa de S. Pedro.

Destaca o teito en madeira e a capela maior decorada con azulexos policromados do S. XVII representando escenas bíblicas.

Interior da igrexa de S. Pedro

IGREXA DE S. PAULO OU CAPELA NOVA.-

Monumental igrexa barroca cunha fachada imponente. É do S. XVII

Igrexa de S. Paulo ou Capela Nova

Unha imaxe da fermosa fachada, máis de cerca:


CATEDRAL DE SANTO DOMINGO.-

Foi construida no S. XV  como un convento para os monxes dominicos e é un exemplo de arquitectura gótica nesta zona. Foi restaurada no S. XVI e sobre todo no S. XVIII que foi cando se construeu a torre. No S.XX foi sometida a importantes obras de restauración.

Catedral de Santo Domingo

PRAÇA DO MUNICIPIO.-
É o corazón histórico da cidade. A praza está ubicada xunto a avda. Carvalho Araújo e a catedral.


FONTE DA PRAÇA.-

Situada na Praza do Municipio, é unha fonte de ferro fundido do S. XIX. No alto da fonte hai unha figura feminina que simboliza a abundancia ou prosperidade.

Fonte da Praza

A foto seguinte é a Cámara Municipal (concello) de Vila Real e é a única foto que non é miña porque o día que visitamos este lugar non se podía ver o edificio, xa que había montado mesmo diante del o escenario para un concerto.

[[Imagem:Câmara Municipal de Vila Real - Portugal (50718682806).jpg|thumb|180px|Legenda]]

Cámara Municipal (Casa Consistorial) de Vila Real

Na praza atopamos tamén a Casa de Diogo Câo, navegante portugués do S. XV.
Casa de Diogo Câo

Na seguinte foto da Praza do Municipio, vemos á dereita a Casa dos Marqueses de Vila Real, unha xoia arquitectónica do S. XVI. É coñecida como a "Casa do Arco". Destaca a súa fachada de granito con 4 ventanas estilo manuelino en forma de arco.
"Los Marqueses de Vila Real fueron una de las familias nobiliarias más poderosas de Portugal, originarias de Ceuta. El linaje terminó trágicamente en 1641 cuando el tercer marqués y su hijo fueron decapitados en la plaza del Rossio en Lisboa, acusados de traición". 

Casa dos Marqueses de Vila Real (1ª empezando pola dereita)

Moi cerca da Praza do Municipio atopamos a Capela Colexiata de Santa Ana, templo barroco e neoclásico do S. XVIII adosado á Casa Da Misericordia fundada no S. XVI para axudar aos máis necesitados. Actualmente, xestiona un centro de día para persoas maiores, residencia xeriátrica, coidado de anciáns a domicilio e un centro educativo de preescolar. Este edificio é tamén do S. XVIII e foi remodelado no 2003.

Capela- Colexiata de Santa Ana e Casa da Misericordia.

CEMITERIO DE S. DINIS.-
Este cemiterio ten sepulturas de nobles e é famoso por ser un excepcional miradoiro sobre o canón do río Corgo que atravesa a cidade.
O cemiterio está situado frente á igrexa do mesmo nome.

Igrexa e cemiterio de S. Dinis

Un cemiterio moi fermoso e ben coidado.

Igrexa e cemiterio de S. Dinis

Imaxe do canón río Corgo dende o cemiterio anterior.

O Pelouriho de Vila Real é do S. XVI pero o actual só ten do orixinal a columna octogonal, o resto é unha copia do orixinal, que foi destruido.

Pelourinho en Vila real

Foto dunha rúa de Vila Real.

Unha rúa de Vila Real

Penso que a Igrexa da Misericordia só a debín de ver eu porque voltei ao punto de inicio onde quedáramos con Xaime eu sola, seguindo o google maps e non vin a ninguén do grupo por aquí.

É un templo do S. XVI con herdanza románica moi sobrio no exterior. No interior, o chan está cheo de sepulturas porque esta igrexa estivo asociada á Casa da Misericordia que vimos antes, xa que unha das funcións da Institución era enterrar aos mortos e por eso este lugar tivo un papel social e espiritual na cidade durante séculos.

Igrexa da Misericordia

O edificio da Caixa de Crédito Agrícola é maxestuoso.

Caixa de Crédito Agrícola

Despois de visitar as interesantes e fermosas cidades de Chaves e Vila Real que son pequenas pero albergan un gran patrimonio, pillamos o bus para ir xa camiño a Tabuaço, onde estaba situado o noso hotel.

Durante o traxecto en bus non deixamos de admirar unha paisaxe verdadeiramente espectacular con cultivos de viñedo e de oliveiras en terrazas colgando sobre o río Douro.

A rexión do Douro, clasificada no ano 1756 como a primeira rexión demarcada e regulada do mundo e recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o ano 2001, é unha das rexións vinícolas europeas máis antigas e fermosas onde, dende hai dous mil anos, se produce viño.
Na imaxe vemos tamén oliveiras porque tamén se dá o aceite nesta zona.

A Rexión do Alto Douro sitúase ao nordeste de Portugal, rodeada polas serras de Marão e Montemuro, extendéndose ao longo de 13 municipios, dende a fronteira con España ata algúns kilómetros de distancia da cidade de Oporto. A área vitícola ocupa cerca de 40 mil hectáreas, a pesares de que a rexión esténdese por unhas 250 mil hectáreas.


TABUAÇO

O noso hotel Plácido  Hotel Douro de 4 estrelas está situado nun lugar privilexiado polas vistas e a tranquilidade. É verdade que está alonxado de zonas de ocio e que a estrada para chegar ten moitas curvas pero para min queda compensado pola marabillosa paisaxe, a tranquilidade e a enorme calidade do hotel. Outra xente opinará o contrario, claro.

Tabuaço e o noso hotel.

Estamos xa noutro distrito, no de Viseu, ao que Tabuaço pertence. É unha vila pequena de pouco máis de 1500 habitantes. Non a visitamos, só desfrutamos do hotel que estaba algo alonxado da vila.

Imaxes que poidemos ver dende o bus cando íamos camiño ao hotel:





Ao pé do hotel tíñamos esta pequeniña e coidada capela na honra de S. Plácido.
Capela de S. Plácido

Páxinas web consultadas:

https://viajes.nationalgeographic.com.es/

https://es.wikipedia.org/wiki/Puente_romano_de_Aquae_Flaviae
https://www.turismoenportugal.org/
https://www.visitportugal.com/es
https://www.portugalbywine.com/es/