CRUCEIRO POLO DOURO🚢
Este día baixamos ata Regua para pillar un barco no que fixemos un pequeno cruceiro polo Douro dende Regua ata Pinghao.
Peso da Regua está situada no distrito de Vila Real e ten cerca de 10000 habitantes
É coñecida como a "capital do viño do Douro".
O nome composto da cidade ten a seguinte orixe:
Peso é a parte máis antiga que se ubica nas ladeiras da colina e que é a parte alta da cidade actual.
Régua é a parte baixa da actual cidade, ás beiras do Douro, que medrou coa chegada do ferrocarril.
Mentras esperabamos en Regua para embarcar no noso cruceiro, houbo xente que foi dar un paseo pola beira do río; eu fun dar un pequeno paseo por esta vila e atopei nunha rúa estes fermosos azulexos que amosan diversas fases do traballo nos viñedos, como a pisa da uva, o transporte...en tempos pasados. Algúns do paneis de azulexos que vin:
![]() |
| A pisa da uva ou lagarada |
O transporte do viño:
Carrexando as uvas en cestos:
Un barco navegando polo Douro e as ladeiras sementadas, neste caso, de oliveiras.
Vimos moitas quintas portuguesas, son fincas ou propiedades rurais consistentes nunha casa señorial rodeada dunha gran extesión de terreo. Están históricamente asociadas á aristocracia e actualmente moitas son usadas para Turismo rural, para producción vinícola ou como residencia de vacacións.
![]() |
| Unha quinta portuguesa |
A Presa da Regua ou de Bagaúste ten unha altura de 41 m sobre os cimentos e unha lonxitude de coroa de 350 m. A súa construcción rematou en 1973. Conta cunha esclusa para facilitar a navegación polo Douro.
![]() |
| Presa da Regua |
Hai varias modalidades de viaxe en cruceiro polo Douro, a nosa vai de Régua a Pinhâo con aperitivos e xantar no barco.
A gran atracción deste cruceiro é pasar por unha esclusa e comprobar en directo o funcionamento da mesma.
O río Douro é navegable no seu tramo portugués grazas a un impresionante sistema de 5 esclusas. Nós vimos o funcionamento da de Régua.
![]() |
| Esclusa de Regua |
![]() |
| Esclusa de Regua |
O cruce da esclusa é unha operación que leva o seu tempo, hai que equilibrar o nivel da agua. Primeiro o barco entra pola parte que está ao seu nivel, xa unha vez dentro, a esclusa énchese ou baleirase de auga abrindo a parte inferior das comportas para igualar así o nivel co outro lado. Esto provoca o movemento que fai que o barco suba ou baixe.
![]() |
| Esclusa de Regua |
Nos cruceiros fluviales polo Douro, as esclusas son bastante estreitas, o barco queda axustado entre dúas paredes.
![]() |
| Esclusa de Regua |
Ao longo do percorrido vimos numerosas quintas rodeadas de viñedos colgando das ladeiras.
![]() |
| Unha quinta portuguesa |
A nosa viaxe en barco foi fermosa e ademais xantamos a bordo. Desembarcamos en Pinhâo. Esta vila pertence tamén ao distrito de Vila real.
A ponte que vemos na foto seguinte en Pinhâo, foi deseñada por Gustave Eiffel no S. XIX. Trátase dunha estructura metálica, selo da casa, que se sustenta sobre tres piares de pedra.
![]() |
| Ponte en Pinhâo deseñada por Gustave Eiffel |
PERCORRIDO EN TREN HISTÓRICO🚂
A estación de Pinhâo é moi fermosa, foi construida no S. XIX e no 1937 foi decorada con azulexos que conforman 24 paneis nos que se representan escenas relativas ao viño como a vendima, o pisado da uva e o transporte en rabelo ata as bodegas de Vila Nova de Gaia.
Nesta estación pillamos o tren histórico ata Túa.
A bordo de vagóns históricos, remolcados por unha locomotora pintada coas cores orixinais, o traxecto que fixemos acompaña o curso do río Douro, atravesando unha paisaxe clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
Durante o percorrido, a experiencia anímase con música e cantos tradicionais.
![]() |
| Tren Histórico do Douro (Este archivo está bajo la licencia Creative Commons Atribución 2.0 Genérica . |
O programa de trenes históricos da “Linha do Douro” iniciouse a finais dos anos 90 cunha composición formada pola locomotora de vapor 0186, construida en 1925 por Henschel & Son, e cinco vellos vagóns de madeira que foron recuperados con paciente traballo de especialistas en reconstrucción ferroviaria.
Semella que fose eu sola, pero non, ía rodeada de xente que eu non sei se quería ou non sair na foto e por eso a quitei empregando un programa con IA (Intelixencia Artificial)
O noso percorrido en tren foi de ida e volta. Na ida fomos dende Pinhâo ata Tua e na volta viñemos dende Tua ata Regua, onde nos deixara antes o bus.
Na foto de abaixo, un rabelo, embarcación de madeira orixinaria do Douro. Empregábase para transportar barricas de viño dende os viñedos do Alto Douro onde nos atopamos ata Vila Nova de Gaia e Oporto. Antes da chega da do ferrocarril, o transporte fluvial era o medio máis eficiente para o transporte do viño. Hoxe en día funcionan con fin turístico.
![]() |
| Un rabelo polo Douro |
E aquí rematan as actividades deste día. En Regua pillamos de novo o bus que nos levou ata o hotel. E bueno...a actividade, para quen quixo, continou despois da cea con baile coas "mellores orquesta de Galicia"💃💃
Páxinas web consultadas:
https://www.micrucerofluvial.com/
https://www.portugalbywine.com/es/


















.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario