Esta é unha ruta na que ao longo do seu percorrido atopamos tres tipos de sinalización diferentes: As do Camiño de Santiago, as típicas de calquera ruta de sendeirismo bracas e amarelas e tres sinais especificando o nome da ruta.
Eu fun seguindo estes sinais segundo dicía a páxina de Turismo do Concello de Ribadeo xa que non atopei ningún track da mesma, de tódolos xeitos sería ben que revisaran os sinais xa que en ocasións atopeinos tapados pola maleza e nalgún cruce tamén sería necesario que nalgún cruce que se presta a confusión puxeran algún que outro.
Esta ruta circular pode empezarse na parroquia de Ove e así é un círculo completo duns 6km. ou ben facela dende Ribadeo indo e vindo ata Ove polo mesmo traxecto e logo facer o círculo co cal se lle engaden á ruta 4km. máis. Así a fixen eu.
Saíndo de Ribadeo, engadéselle a esta ruta o valor de coñecer esta fermosa vila xa que ten moito que amosar. Pasaremos por Ove e veremos a Igrexa parroquial de S. Xoán e os seus famosos hórreos "colgados", deixaremos o asfalto para ir por un camiño forestal no que atoparemos un muíño restaurado e cruzaremos a aldea de A Capela para atopar en O Vilar a sorpresa máis fermosa desta ruta: as sorprendentes e marabillosas vistas sobre a Ría de Ribadeo, cruzaremos a aldea de A Graña coa súa capela de S. Estevo e voltaremos a Ove por antiguos camiños de carros.
Características da ruta:
Lonxitude: 12, 6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular que necesita unha mellor sinalización
(Ao final deixo o track en Wikiloc)
Descripción:
Eu empecei a ruta AQUÍ
Partín dende a Praza de España tamén chamada Praza do Campo onde se atopa o edificio máis representativo de Ribadeo: a Torre dos Moreno, casa indiana construída no 1915 en estilo modernista. Ao lado deste edificio hai outro importante: o Pazo de Ibañez ou do Marqués de Sargadelos xa que foi este o que o mandou construir. É de estilo neoclásico e hoxe é a sede do concello.
Estátua de Ibañez, marqués de Sargadelos, diante do pazo. |
Pasamos por diante da igrexa parroquial de Ribadeo, chamada Santa Mª do Campo. Esta igrexa formou parte dun convento franciscano do que poucos elementos quedan.
Capela da Terceira Orde de S. Francisco |
Singular edificio da Praza de Abastos |