luns, 3 de maio de 2021

RUTA DOS FORNOS (A PONTENOVA)

 Despois de realizar a ruta do muiñeiro namoradoRutas de sendeirismo: RUTA DO MUIÑEIRO NAMORADO (A PONTENOVA) , visitar a aldea de Figueirúa e chegarnos ata a Fervenza da Férrea Rutas de sendeirismo: FERVENZA DA FÉRREA (A PONTENOVA) aínda nos quedaron forzas para realizar a  RUTA DOS FORNOS.

A ruta en WIKILOC:

Powered by Wikiloc


Esta ruta que coincide, nun primeiro tramo coa Ruta das Minas, enlaza os Fornos de 

calcinación do ferro procedente das minas de Vilaoudriz co forno das antiguas minas de 

Boulloso. 

No ano 1904 iniciouse a explotación a gran escala das minas de mineral de ferro de 

Vilaoudriz levando este mineral (A variedade rubia, según saía da mina e o carbonato 

previa calcinación nos fornos) ata Ribadeo por ferrocarril. Alí era transportado por barco 

cara a Alemania, Reino Unido, Holanda...

Os anos da 1ª Guerra Mundial pechouse o mercado alemán e a actividade das minas 

reduciuse ao mínimo e os embarques viñéronse abaixo. Finalizada a guerra, os proxectos de 

crear un vasto complexo mineiro-siderúrxico que incluiría as minas leonesas non van 

adiante porque entre outras cousas empeza a producción de aceiro e as minas de Vilaudriz 

ao igual que outras minas galegas de ferro acaban desaparecendo na década dos anos 30.

Afortunadamente para nós os Fornos deVilaoudriz para calcinar o mineral, a estación de 

ferrocarril de A Pontenova e o Cargadoiro do mineral en Ribadeo foron recuperados e son 

hoxe parte visible do noso Patrimonio industrial.

Características da ruta:


Lonxitude: 5,11km.

Dificultade: Media-baixa (pola subida do principio)

Ruta circular ben sinalizada.

Descripción:

Esta ruta parte de AQUÍ

Nestes fornos se calcinaba o mineral de ferro que o necesitaba. Teñen 11 m. de alto e 4 de 

ancho e son o símbolo de A Pontenova:
Os fornos foron construídos con ladrillo das fábricas de Sargadelos

Subimos por esta pasarela de madeira para torcer deseguida á esquerda:



Vemos a Praza dos Fornos e a antigua estación de tren hoxe convertida en Oficina de 

Turismo:


Subimos por unha empinada pista forestal, menos mal que apenas é 1 km. 


Xa nos atopamos nun punto alto dende o que temos excelentes vistas do val de

Pontenova:





O primeiro que vemos é a saída do que foi o teleférico que transportaba o mineral extraído 

da Mina Consuelo que imos ver deseguida ata o forno de Boulloso que está enfrente.


E chegamos á boca da mina Consuelo:

Mina "Consuelo"

Agora imos por un pequeno túnel escalonado:


 Que nos conduce a outro de 12m de longo:


Ata esta bifurcación a nosa ruta coincide cao Ruta das Minas. Esta segue pola dereita. A nosa pola esquerda:



Imos baixando entre a xenerosa vexetación da que goza este concello:


Chegamos á carretera que vai a Taramundi. Temos que cruzar para ir entre as casas de O Mazo:_

Hórreo en O Mazo

Imos uns metros por estrada:



E nas beiras atopamos moitísimos amorodos silvestres:

Amorodos

Un pouco antes deste túnel, xa enlaza outra vez esta ruta coa das Minas:

Despois de cruzar o túnel anterior para o que necesitaremos unha lanterna xa que é bastante longo, desembocamos no Forno de Boulloso, hoxe convertido nun miradoiro.

Neste forno, ao igual que nos de Vilaoudriz, calcinábase o mineral extraído para separar os restos sulfurosos que se destinaban para abono e o ferro que quedaba , de máis calidade, era exportado dende o porto de Ribadeo a Alemania e R. Unido.

Dende o Miradoiro, observamos unha área recreativa coidada con mimo, as piscinas municipais e outras instalacións deportivas así como o trazado por onde transcorre outra ruta de sendeirismo moi coñecida e transitada: a ruta do Ferrocarril.

Dende este forno de Boulloso, está en proxecto construir unha tirolina de 330 m., unha das maiores de Galicia, que unirá a Mina Consuelo con este Forno de Boulloso pretendendo que esrta tirolina siga os pasos do trazado das vagonetas que transportaban o mineral.


Ao baixar do forno, atopamos esta fermosa fonte  de pedra debaixo dun gran carballo que ademais ten mesa e bancos para descansar:

Cruzando a carretera, está a área recreativa :

Camiñamos pola ruta do Ferrocarril que nos vai levar de volta aos Fornos.
Ponte sobre o Eo


Ás beiras do río, vai un fermoso paseo cunha vexetación exuberante:


E chegamos á antiga estación de ferrocarril, hoxe Oficina de Turismo onde rematamos a nosa visita á Pontenova por hoxe porque seguro que volveremos!

Volveremos á Pontenova para desfrutar da súa riqueza natural e do seu pasado industrial hoxe reconvertido  nun marabilloso reclamo turístico.

Desfrutalo, pero sempre con moito respecto e coidado!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario