Amosando publicacións coa etiqueta Ano 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ano 2019. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xuño de 2020

RUTA DO CASTRO (CERVANTES- ANCARES LUCENSES)


Hoxe imos aos Ancares Lucenses, concretamente ao concello de Cervantes, para realizar unha ruta curta pero fermosa enclavada dentro da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.
Nas inmediacións de Cervantes atópanse grandes cumes como: O Mustallar (1975m), Corno Maldito(1858m.) Penarubia(1821m) Tres Bispos (1793m) Formigueiros(1643m) Pía Paxaro(1616m.) Pena Ouviña(993m)...
O nome deste concello parece ser que fai referencia a que era terra de cervos. Os seus primeiros asentamentos humanos son de orixe prerromana, da época castrexa conserva o Castro de Santa Mª de Cervantes que hoxe imos visitar. Desa mesma época son as famosas pallozas que aínda hoxe se poden ver na aldea de Piornedo.
Este concello posue un gran patrimonio arquitectónico nas pallozas e o Castelo de Doiras que é un dos mellores conservados de Galicia; a torre de Donís...
Estas terras teñen ademais unha gran riqueza florística(Nos Ancares hai 16 especies de orquídeas, 33 clases de fentos...) e ten unha excelente conservación de fragas con árbores autóctonos: carballos, castiñeios, freixos, amieiros, abeleiras, teixos...
Moitos e bos motivos para visitar este concello que ten moitísimas rutas de sendeirismo habilitadas para poder percorrelo e defrutar destas paisaxes únicas.

Neste mapa de Galicia por comarcas, podemos ver a situación de Os Ancares:



CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8,5km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN
O inicio da ruta sitúase na mesma vila de S. Román de Cervantes, moi preto do concello deixamos os coches:
O inicio da ruta, AQUÍ:
Fermoso e ben coidado acceso á fonte. Aquí deixamos os coches.

O edificio amarelo é o concello. Subimos por esa carretera para torcer deseguida á esquerda

E atopamos un Complexo Etnográfico onde vemos unha reconstrucción das típicas pallozas dos Ancares:
Era un día chuvioso de decembro
                                                     Complexo etnográfico

Baixamos agora por un camiño:

Con grandes carballos e castiñeiros:


E chegamos ao río Castro que cruzamos por unha ponte:

Toca subir, nunha subida moi cómoda, ata Castro:


E chegamos ao Castro de Santa Mª de Cervantes:

O Castro está moi ben conservado e coidado

Paisaxe dos Ancares nun feo día:

Chamounos a atención a restauración do cemiterio: as lápidas con portas de aluminio...non pegan moito dende logo co entorno...

Igrexa de Santa Mª. ao lado do Castro. Foi restaurada hai uns anos grazas ás aportacións dos veciños xa que estaba en estado ruinoso:

Agora toca baixar ata o río:

Este é o río Quindós, afluente do Navia e a ponte que cruzamos:
O río baixaba coas augas revoltas e moito caudal.

Como na maioría dos ríos galegos, non podia faltar o muiño. Este, bastante ben conservado:

Subimos lixeraimente e vemos ao lonxe a aldea de Castelo de Cais. Non pasaremos por esta aldea xa que tomamos antes un desvío á dereita:

Chegamos ao Rego de Vilarantigo e pensamos que tiñamos que dar a volta porque era imposible atravesalo. Debido á moita chuvia destes días, o rego levaba moitísima auga e era imposible atravesalo sen mollarse polo sitio que correspondía, así que buscamos outro lugar de paso algo máis abaixo e , aínda que con dificultade, logramos cruzalo:


Unha preciosa alfombra de follas:

Unha paisaxe sorprendente:

A auga aparecía en calquera recanto:

Xa chegando a S. Román de novo, podemos contemplar esta paisaxe:

A ruta en WIKILOC:

Un vídeo moi curtiño falando da igrexa de Santa Mª que veremos nesta ruta:

xoves, 4 de xuño de 2020

PASEO DAS ACEAS- SARRIA


Na mesma vila de Sarria existe un paseo fluvial á beira do río do mesmo nome que é un pracer para os sentidos: bosques autóctonos, pontes de madeira, fervenzas...nun percorrido moi ben sinalizado e coidado.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 7km.
Dificultade: moi fácil
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
 Para chegar ao comenzo da ruta hai que pasar unha gasolineira que está na entrada sur, xirar á dereita e seguir recto ata o cuartel da G. Civil, un pouco antes do Cuartel, xírase á dereita e séguese ata o final onde xa aparece o cartel da ruta. (Nós tivemos que dar unhas voltas para atopalo)

Para axudar a atopar o comenzo da ruta, pincha AQUÍ

Era un día de novembro que empezaba algo chuvioso:
O camiño apenas presenta desniveis

A ruta empeza entre un fermoso bosque autóctono

Contemplando o río Sarria

Pontes de madeira

A forza da auga
Hai que pararse a ver e a escoitar...

A paisaxe é bucólica

Unha ruta moi fácil e ben coidada

Un letreiro que o di todo...

Espectacular bosque de ribeira

De frente vemos a senda por onde imos voltar: pola outra marxe do río
Á dereita da foto, a senda pola que imos volver deseguida

Muíño restaurado do Regueiro

As árbores bebendo no río

Xa voltamos pola outra marxe do río Sarria

Ata atopamos unha fervenza!!

Esta ruta ten de todo!!
O muíño do Regueiro visto dende a outra marxe do río

Ata hai un banquiño por se un se cansa!

Unha ruta ben fermosa!!

Ao final só choveu un pouco ao principio

Xantamos no restaurante "Mar de Plata" no centro de Sarria, de dez!!

mércores, 3 de xuño de 2020

BOSQUE DA FERVENZA (O CORGO)

Esta ruta deixounos un sabor agredoce. Prepareina cunha ilusión tremenda xa que a partires dos comentarios vistos en Internet, debía ser preciosa. Nós debemos de errar e tomar a saída que non era pois nin vimos fervenza ningunha, nin vexetación exuberante, nin a paisaxe de inundación polo Miño......Agora penso que dende a Casa Rural de onde saimos deberiamos haber collido cara a Lugo e fomos ao revés. 
Enfín, queda pendiente unha próxima visita á zona para facela en sentido contrario.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:

Lonxitude: 5 km. en total
Dificultade: moi fácil
Ruta circular sen sinalizar(Hai que ter en conta que debemos facer a que non era)

DESCRIPCIÓN:
Saimos do restaurante /casa rural Fervenza Casa Grande, ubicado AQUÍ
Deberiamos ir en dirección contraria?

Restaurante- casa rural "Casa Grande da Fervenza"

O río Miño está a uns 30 m. da Casa Rural:


Continuamos ao chou por un sendeiro:

Con moitos carballos:

O sendeiro non tiña sinal ningunha pero estaba ben pisado:

Atravesamos este bosque de carballos:


E chegamos a un claro onde si había unha pequena lagoa:



Atopamos unha cabana onde paramos a descansar e comer algo.


Tal vez non escollemos a mellor data para realizar esta ruta: era setembro e había bastante seca:

Un pouco máis adiante, chegamos de novo xunto ao Miño:


 
Aquí hai un entorno ben chulo:

Chegando de novo á Casa Grande da Fervenza onde deixáramos os coches:



Para rematar fomos xantar ao restaurante Madrid na ctra. N VI (km. 489) no Corgo onde comemos moi ben e moi económico e abundante ademais de facelo nun restaurante super limpo e cunha atención inmellorable!!