sábado, 25 de abril de 2020

RUTA DEL SILENCIO. VILLANUEVA DE OSCOS(ASTURIAS) PR.AS-209

En novembro de 2015 o noso pequeno grupo volveu aos Oscos e é que estas terras téñennos namorados!! Pertencen á Reserva da Biosfera con nome de Oscos Eo Terras de Burón e as rutas de sendeirismo que teñen son espectaculares.
Desta vez fomos ao concello de Villanueva de Oscos para facer a ruta del silencio chamada así porque pasa por aldeas abandonadas e frondosos bosques onde só se escoitan de fondo os sons da natureza. Hai silencio total!!

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:


Lonxitude: 12km.
Dificultade: Media
Ruta circular ben sinalizada

DESCRIPCIÓN DA RUTA:
Esta ruta empeza e remata na aldea semiabandonada de S. Cristobal a 750m de altitude e a 3km. de Villanueva.
Ubicación de S. Cristobal
Aparcamos na  praza da vila:

Hai unha parte restaurada

E outra parte abandonada

Estamos altos e vemos o mar de nubes:

Iniciamos un curto pero forte descenso cara ao río Ahío ou Bobia por un bosque precioso:


Chegamos ao río Ahío e cruzámolo por unha ponte de pedra:

Deseguida collemos un sendeiro nunha zigzagueante subida que nos alonxa do río. No medio, paramos a descansar:
Que veríamos aló ao lonxe?

Despois de subir ata 600m. de altura, chegamos á aldea abandonada de Mourelle. Aquí non chega ningunha carretera, a vida sería difícil.

Fomos atopando froitos no camiño:

E como xa estábamos moi altos, vemos espectaculares panorámicas do Val da Serra da Bobia


Continuamos agora por unha pista forestal algo pedragosa en dirección ao Pico Balongo. A costa, a algunhas faisenos algo dura, menos mal que é curta( 1,5km aprx.)

Xa no Pico Balongo:

Vistas dende o Pico Balongo:


Despois deste pico, a ruta vai subindo e baixando ata chegar a Brusquete, outra aldea abandonada. Todo é silencio...
Levamos andado 8km.


Iniciamos agora un descenso moi pronunciado, cara á cascada de Celón.
O descenso é tan acusado que ata puxeron cordas para agarrarse. Hai que baixar con moito coidado pero aínda así, algunha do grupo levou máis dunha cuada sen consecuencias.



Cruzamos esta ponte:

E para ir á cascada de Celón temos que desviarnos da ruta 300 m. pero vale moito a pena:
Na cascada. O sendeirismo produce este sorriso feliz
No precioso sendeiro que leva á cascada
Unha vez visitada a fervenza, retrocedemos e tomamos de novo a ruta que nos vai levar de novo a S. cristobal pasando polo muíño da Bobia:

Agora ascendemos fortemente ata chegar de novo a S. Cristobal. Collemos os coches e dixímonos a Villanueva para comer en Casa Perales

E ao rematar, demos un paseíño pola vila:


RUTA FORCÓN DE LOS RÍOS -SANTA EULALIA DE OSCOS (ASTURIAS)

Volve o noso pequeno grupo e digo pequeno porque só fomos 6 persoas a esta ruta, a Santa Eulalia de Oscos.. De tódolos xeitos eu non concibo o sendeirismo con grupos de xente que pasen de 18/20 persoas. Ver facendo sendeirismo a un gran número de persoas ao mesmo tempo prodúceme rechazo, opino que o sendeirismo debe ser todo o contrario a unha aglomeración, aínda que esta sexa pequena(non falamos de centos de persoas , claro) pero máis de 20 a mín xa me parecen moitas. O sendeirismo require silenzo, contemplación, tranquilidade....con moita xente...imposible.

A 1ª ruta que realizamos neste concello foi a da Seimeira e agora imos desfrutar do Forcón dos ríos, chamada así porque "forcón" significa cruce e nesta ruta veremos o cruce dos ríos Villanueva e Barcia. É unha ruta de gran valor etnográfico e natural. Xa sabemos que estas terras pertencen á Reserva da Biosfera.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA

Lonxitude: 13km.
Dificultade: media-baixa
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
Esta ruta parte de Santa Eulalia de Oscos precioso concello no que antiguamente tuvo unha gran importancia a industria do ferro e a agricultura e gandería e actualmente, as subvencións oficiais nutridas de fondos europeos, permitiron a rehabilitación das casas e apertura de museos para captar o turismo rural e cultural dado que o concello conta cun gran valor etnográfico e natural.

Santa Eulalia de Oscos
Ubicación de Santa Eulalia de Oscos.
A ruta comenza ao pé da casa da cultura. Pincha AQUÍ para ver onde comenza a ruta
Fixemos esta ruta un frío día de decembro do 2015. Vaia xeada que había!!



Deunos moita pena este burriño. Pobre... que frío debía ter!

Fomos en dirección a Millarado:


Millarado:

Atravesamos unha zona boscosa de carballlos, abidueiras e piñeiros por unha pista de formigón:

E o sol sae por fin:


Atravesamos unha ponte:

Chegamos a Vega del Carro:

E pasamos pola capela do Carmen

 Iniciamos unha baixada e vemos colmeas:

E seguimos baixando cara ao forcón dos ríos:


O forcón dos ríos:

E ímonos achegando á aldea de A Valía:



A Valía é unha aldea restaurada a medias:




Agora o camiño ascende para chegar ata S. Xulián:

E chegamos a S. Xulián unha aldea con moi poucos habitantes:


E ao pouco chegamos a Caraduxe, que conta aprox. con 9 habitantes e está case todo restaurado:


e dende aquí por carretera chegamos deseguida ao inicio da ruta.

A ruta en WIKILOC: (Club acivro)