luns, 20 de abril de 2020

LAGUNA DE LUCENZA A SEARA(QUIROGA) SERRA DO COUREL PR-G184

Esta é unha das rutas máis espectaculares do Courel que nos permite conxugar o atractivo da arquitectura tradicional de montaña na aldea da Seara con espectaculares paisaxes tamén de montaña, con fervenzas, panorámicas espectaculares e co desfrute dunha lagoa de orixe glaciar.
Foi a ruta ata o momento que máis dificultade supuxo para este grupo xa que aínda que a ruta é curta presenta unha dificil ascensión.
A ruta está situada no concello de Quiroga, situado ao sur da provincia de Lugo e formando parte da Serra do Courel ao norte e do Canón do Sil ao sur.
Situación de Quiroga nun mapa de Galicia:

Situación de A Seara, de onde parte a ruta:


Loxitude: 5,5km.
Dificultade: Media-alta
Ruta lineal ben sinalizada

Descripción da ruta:
Parte de A Seara, unha das aldeas máis representativas do Courel. Asentada no val do río Selmo co Pico Formigueiros como telón de fondo é unha aldea preciosa que conserva a arquitectura popular da montaña galega:estreitas rúas rodeadas de casas de pedra con teito de pizarra e balcóns de madeira.

Se queres máis información e moitas fotos desta aldea, pincha AQUÍ

Aquí estamos a punto de empezar a ruta:


A 200 m. cruzamos unha ponte de pedras:



Despois desviámonos á esquerda para chegar á fervenza do Fócaro:

O sendeiro ascende paralelo ao val do río Selmo pero algo lonxe do seu cauce. A 800 m. collemos un camiño á dereita que baixa ata o río e cruzamos o regato de Murelos por unha rústica ponte:


Un pouco máis adiante o camiño dá un xiro á esquerda e empeza unha forte subida:

Vemos ao fondo a fervenza Navarega:

Vemos xa moi ben Pico Formigueiros:

Paramos a descansar da forte subida:

E seguimos ascendendo:

  A vexetación propia da alta montaña, acompáñanos:

E chega a subida máis importante pero son poucos metros, estamos chegando:


O esforzo mereceu a pena: chegamos á Lagoa de Lucenza!!
Esta lagoa de orixe glaciar ten máis de 16.000 anos e cambia de estado segundo as estacións e as condicións climatolóxicas: no inverno aparece moitas veces xeada ou nevada, no verán sécase de todo e na primavera e outono o seu caudal tamén varía. 
Nós atopámola así:




Despois de descansar un pouco, toca desandar o camiño pero as baixadas lévanse mellor case sempre.  "Para baixar, tódolos santos axudan"

O xantar foi no restaurante "Las Vegas" en Quiroga.

 Un vídeo moi curtiño e bon que atopei en You Tube:

Ningún comentario:

Publicar un comentario