martes, 21 de abril de 2020

PRAIAS PALOMA- PENARRONDA (Tapia de Casariego)


Esta é a 2ª ruta costeira que realiza o noso grupo. Para eso transladámonos a Tapia de Casariego(Asturias) 


Oficialmente a ruta é a GR-204(E-9) pero nós non a seguimos xa que esta ruta oficial vai case toda polo interior, alonxada da costa e nos queriamos ir ao ladiño do mar. Por eso e como non tiñamos medo a perdernos xa que íamos dunha praia a outra procuramos ir pisando as praias sempre que fose posible, alonxándonos o menos posible da costa.
A ruta consistía en sair da Praia de A Paloma e ir ata de Penarronda

No mapa anterior, rodeadas. a praia de onde saimos(A Paloma) e á que chegamos(Penarronda)

Esta é a ubicación de PRAIA A PALOMA:


Lonxitude: 7,5km. aprox.
Dificultade: baixa
Ruta lineal.

Descripción da ruta:
Despois de deixar un coche na praia de Penarronda para non ter que ir e volver xa que a ruta é lineal, aparcamos o outro cerca da praia de A Paloma ( non chega a carretera á praia, hai que baixar uns 300 por unha pista de terra)
Chegamos a praia de A Paloma ou Esteiro que é tranquila, con illotes de forma caprichosa. Ten unha lonxitude duns 200m e a area é fina. É unha praia dunha gran beleza natural:




Tivemos que sair da praia e continuar agora por un camiño de terra e hai que xirar á dereita cara a esa árbore que se ve ao fondo:


Ao achegarnos de novo á costa vemos cantís e unha vila ao lonxe:


  Ao fondo, as illas Pantorgas:


Achegámonos á praia de Serantes. Ese sorriso significa:"que ben senta o sendeirismo"


E agora Praia de Santa Gadea. Á esquerda desta praia penetran no mar tres illotes que levan o nome de As Pantorgas. Esta praia queda practicamente cuberta na pleamar.Nós tivemos sorte e collemos a baixamar.


Chegamos a Penarronda! Esta praia está catalogada como Monumento Natural dende 2002; ten 600m de lonxitude e está enclavada nun entorno rural.

Pertence a dous concellos: Tapia de Casariego e Castropol

No medio do areal está a coñecida "Pedra Castelo".

É a única zona da costa asturiana onde sobrevive o alhelí de mar.


E nesta praia foi onde comemos nun entorno precioso!!!


O alhelí de mar, que  de toda a costa asturiana só vive aquí:

Un vídeo de youtube de locosporasturias Rural sobre a praia de Penarronda:

Ningún comentario:

Publicar un comentario