Traemos hoxe outra ruta costeira, un dos tramos máis espectaulares da costa galega como é a Costa de Ortegal. Nós fomos dende a Praia de Esteiro (Concello de Mañón) ata "o banco máis fermoso do mundo". Está situada esta ruta entre a Estaca de Bares e Cabo Ortegal na provincia de A Coruña. Veremos espectaculares cantís, a costa con rochas fragmentadas e forma de agulla, de frecha...e desfrutaremos de miradoiros podendo facelos sentados no "banco máis fermoso do mundo".
Lonxitude: 8km. aprox.
Dificultade: moi fácil
Ruta lineal, ben sinalizada
Descripción da ruta:
Saimos da praia de Esteiro. Ubicación exacta desta praia, AQUÍ
O camiño iníciase no Camiño Natural do Cantábrico . Temos que cruzar a pasarela de madeira que bordea a desembocadura do río na praia de Esteiro:
Ao rematar a pasarela, tomamos unha pista á man dereita duns 500m.:
E chegamos deseguida á Punta Vilardeira:
Dende aquí, vemos detrás a praia de Esteiro:
Os seguintes 2km. ata a aldea de Picón son unha gozada: o sendeiro é moi fácil, só hai que ocuparse de desfrutar desta marabillosa costa:
O Cabo Ortegal, aló ao fondo:
Rochas en forma de agullas:
Un camiño fácil e fermoso:
A praia de Lousido:
Ímonos achegando ao lugar onde demos por finalizada esta ruta:
no miradoiro onde está o banco máis fermoso do mundo (según din) e onde hai unha área recreativa, un posto de xeados e un acceso por carretera. Aquí é onde chega a maioría de xente en coche para sacarse a foto e listo, perdéndose esta preciosa ruta.
Eu, como sendeirista, o que non entendo é ESTO
Ningún comentario:
Publicar un comentario