luns, 1 de xuño de 2026

BRAÑAESCARDÉN E NERA (TINEO) DENDE O ALTO DE ARISTÉBANO

 Dende o Alto de Aristébano fixen unha ruta no ano 2024 que se pode ver aquí

Daquela, a ruta transcurría toda ela dentro do concello de Valdés. Hoxe partimos do mesmo lugar pero a ruta vai toda polo concello de Tineo e é que o Alto de Aristébano fai de fronteira entre os dous concellos.

Características desta ruta:

Lonxitude: 7,2 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular planificada por min. O track en WIKILOC

Descripción:

O Alto de Aristébano é o lugar que fai de límite entre os concellos de Valdés e Tineo, está a 535m.  de altitude; aí hai un bar cunha explanada diante para aparcar.

Alto de Aristébano

Pillamos a estrada cara a Brañaescardén, xusto enfrente do bar.


Estrada a Brañaescardén

No 2023, toda esta zona asturiana sufreu tremendos incendios e aínda notamos as consecuencias nas árbores.

Os restos de incendios do 2023

Moitas pistas para sacar madeira, ou ben cortalumes. No medio, o val do río Nera.

Mirando cara atrás, aló enriba, blanca, minúscula, a Capela da Divina Pastora onde cada ano se celebran no mes de xullo as vodas vaqueiras.

É unha das festas máis étnicas e orixinais de Asturias, sendo un homenaxe aos vaqueiros de alzada (pastores trashumantes que pasaban o verán nas brañas co gando e no inverno baixaban as aldeas co gando e os enseres) e celebrándose unha voda real ao estilo vaqueiro.

Ao redor da capela danse cita os noivos, familiares, vaqueiros e turistas. Hai que mencionar a comitiva vaqueira que é espectacular, a comida campestre, o concurso de coros e danzas...

Ao fondo, Aristébano

Nós seguimos comodamente pola estrada e deseguida imos atopar unha bifurcación. Moitos montañeiros e sendeiristas siguen a pista á dereita para subir aos picos Estoupo, Peña Prieta... Nós imos á dereita , a Brañaescardén; hoxe tampuco sería o día axeitado para subir porque amenaza a néboa.

Vistas a Brañaescardén por onde pasaremos deseguida. Esta aldea pertence á parroquia de Naraval, concello de Tineo.

Brañaescardén

Imaxinamos o difícil que é traballar aquí, nestes prados, con tanta pendente!


Brañaescardén

Aí embaixo, entre as dúas ladeiras, o río Nera.


Vemos casiñas pequenas illadas, de pedra, que foron o refuxio de antigos vaqueiros porque non hai que esquencer que estamos nunha das brañas máis representativas desta cultura. O nome desta aldea así nolo lembra tamén.
Brañaescardén

Dende Brañaescardén metémonos por carreiros e camiños para chegar a Nera.

Camiño en Brañaescardén

Abandonando Escardén.

Pillamos este camiño tradicional pensando que a ver como estará máis adiante...se poderemos pasar ou teremos que dar volta...


O camiño está o suficientemente acondicionado para pasar, nótase que non é moi pisado. Só o deben facer os gandeiros que levan as vacas ou cabalos a pastar por alí.

Á dereita vemos a aldea de Businán que ao igual que Brañaescardén pertence tamén á parroquia de Naraval.
Businán, aló enriba

Atravesamos unha carballeira.

Tamén cruzamos o río Naraval. Este río desemboca no Esva e nace na Serra da Bobia. Ao longo do seu percorrido de máis de 10km. ofrece distintos hábitats para a flora e a fauna e unhas exuberantes paisaxes verdes de gran fermosura natural.
Río Naraval

O camiño que traemos vai sair á unha estrada local moi cerca xa de Nera.

Vemos as casiñas que aínda se conservan nas brañas.

Volvemos atravesar o río Naraval, xa chegando a Nera.

Nera é unha casaría con 5 vivendas que pertence tamén a Naraval. 


Nera
 "La población de esta aldea actuó siempre de puente entre los vaqueiros de las brañas y los xaldos del valle, al estar situada en medio de ambos grupos" (Manuel Octavio Fernández: La última puerta
(do blog https://juanjocaminoalandar.blogspot.com/2015/03/en-tineo-por-la-zona-vaqueira.html)
Na foto, casas de Nera e ao fondo, Businán.


Dende Nera pillamos outro camiño (sempre que se pode escapo do asfalto) para voltar ao punto de inicio.


Á nosa esquerda, volvemos ver Brañaescardén e máis lonxe, Businán.
Brañaescardén e, ao fondo, Businán

Por unha pista asfaltada situada algo máis abaixo ca de ida, volvemos ao punto de inicio.


Enlazamos coa AS-219 e pasamos ao concello de Valdés no Alto de Aristébano onde finalizamos a ruta.


Páxina web consultada:
https://paisaje.asturias.me/