Levo feitas xa varias rutas neste concello e ningunha delas me decepcionou. Castroverde ten un variado patrimonio natural, monumental e cultural importante.
- Amigos do Patrimonio de Castroverde, é unha asociación en defensa do Patrimonio cultural, natural, artístico, monumental e das tradicións populares de Castroverde. Actualmente realiza numerosas actividades co fin de mellorar e conservar o patrimonio do concello.
- Esta ruta foi planificada por min.
Características desta ruta:
Lonxitude: 10,4 km. ( Equivoqueime no percorrido e fixen 1km. demais. Está explicado no track en WIKILOC.)
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar.
Descripción:
O inicio e fin desta ruta está na parroquia de Santa Mª de Vilabade, concretamente na igrexa parroquial, chamada "catedral de Castroverde" pola súa fermosura.
A data que está documentada da súa fundación é do S.XV aínda que antes aí houbese un convento fundado por S. Francisco de Asís no seu peregrinar cando voltaba de Santiago cara a Oviedo no S. XIII. O convento foise deteriorando por falta de medios económicos e os frades marcharían a Lugo quedando só a igrexa no S. XIV.
| Igrexa de Santa Mª de Vilabade |
A fachada é un claro exemplo neoclásico.
Esta igrexa pasou polas mans de varios propietarios, sendo os primeiros a congregación franciscana. Cando se refundou no S.XV, foi grazas a unha inversión de Fernando de Castro, e pódese atopar o seu escudo nas roelas do pórtico. Poucos anos máis tarde o cabildo de Lugo consigueu a súa propiedade tras un pleito, e no S.XVI o bispo Osorio engadeu o seu escudo no tímpano do frontón. No 1760 os descendentes de Osorio edifican o Pazo de Vilabade xunto á igrexa, creando un conxunto único. Dende 1979 considérase Monumento Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural.
| A fachada neoclásica. |
Xunto á igrexa hai unha fonte restaurada nun recuncho da rúa con bancos para descansar.
Actualmente este pazo é propiedade da familia Abraira-Arana (na década dos 60, Sabino Abraira foi alcalde de Castroverde) Neses anos, o pazo sufreu unha restauración pois case estaba en ruinas e no 1990 volveron a reformalo. Ámbalas dúas reformas foron impulsadas pola muller de Sabino, Teresa de Arana.
O pazo, reformado como aloxamiento turístico en 1995, fixo a Teresa merecedora do premio Pedra do Destino e revive cada verán coa chegada dos seus propietarios, que o habitan "hasta que llega el frío".
Despois de contemplar as anteriores belezas, inicio a ruta seguindo o Camiño de Santiago Primitivo que chega aquí dende O Cádavo.
Aos poucos metros deixo o Camiño de Santiago que vai cara ao albergue de Castroverde e métome por unha estrada máis local e sen tránsito ningún.
Como embelecen os percorridos agora no outono as árbores autóctonas de folla caduca!!
Estou nas aforas da vila que me queda xa moi cerca, á esquerda.
Entrando na vila pola zona do colexio admiro este mural pintado polo artista lucense Diego As, mundialmente recoñecido polo mural de Julio César en Lugo. A pintura que representa a Hipatia de Alexandría está nun dos muros do CPI da vila.
| Pazo de Vilabade |
Despois de contemplar as anteriores belezas, inicio a ruta seguindo o Camiño de Santiago Primitivo que chega aquí dende O Cádavo.
Entrando na vila pola zona do colexio admiro este mural pintado polo artista lucense Diego As, mundialmente recoñecido polo mural de Julio César en Lugo. A pintura que representa a Hipatia de Alexandría está nun dos muros do CPI da vila.
Hipatia de Alenjandría foi filósofa e matemática, defensora do coñecemento e da pluralidade de creenzas, brutalmente asesinada polas súas ideas desafiantes do poder establecido.
Deseguida chego á Praza do Concello onde está a Casa Consistorial e a Igrexa de Santiago. O centro da pequena praza está ocupado por unha fonte chamada "A Fonte dos Nenos", esculpida por Primitivo Mallo. Representa uns nenos gardándose da chuvia debaixo dun paraugas
| Praza do concello |
A Igrexa de Santiago é moderna, do S. XX, feita sobre unha anterior.
| Igrexa de Santiago |
Vou pola chamada "Rúa Campo da Feira" onde hai un curto paseo en madeira que hoxe, debido á recente chuvia, estava moi esvaradío.
Ao remate deste curto paseo, á dereita temos o Campo da Feira onde me sorprenden varios pendellos restaurados grazas ao labor de Amigos do Patrimonio de Castroverde que se ve que traballan polo seu concello. Estes pendellos antigos estaban desfeitos e esmendrallados cando se restauraron no ano 2006.
| Pendellos no Campo da Feira |
Cada dous domingos celébrase aquí unha feira na que destacan os postos de roupa, alimentos, ferramentas e polbo.
| Pendellos no Campo da Feira |
| Pendellos no Campo da Feira |
Antigamente escollíanse para celebrar as feiras zonas con arboredo, sobre todo carballeiras coma neste caso e para resgardarsedas inclemencias climáticas construironse en moitos lugares casetas coma estas restauradas.
Estes son os segundos pendellos de feira que eu coñezo. Os primeiros que vin están na Golada (Pontevedra)
Cruzando a estrada anterior, xa temos a piscina municipal e ao pé da mesma, á Área Recreativa Veiga da Lomba.
Esta área recreativa foi creada en 1993 e ofrece bancos. mesas, fontes, grellas, parque infantil e esculturas artísticas.
Área Recreativa Veiga da Lomba
O lugar foi mellorado coa plantación de máis de 800 árbores autóctonas.
| Área Recreativa Veiga da Lomba |
Toda a área abarca unha superficie de 138215 m. cadrados. Área Recreativa Veiga da Lomba
Son 200m. ata que xa vemos a estrada.
Ao remate da baixada atopamos unha fonte nun fermoso entorno.
E ao pé da anterior hai outra e tamén un lavadoiro. Dende aquí, en lugar de seguir cara á Praza do concello que xa vemos, damos a volta polo mesmo camiño.
Estamos de novo no Camiño de Santiago.
Cruzamos a LU-560 con moito xeito xa que é a estrada que vai a Lugo e leva moito tráfico.
En tan só uns metros, deixamo o Camiño de Santiago para xirar á esquerda.
Fermoso camiño tradicional co outono en todo o seu esplendor.
É unah área recreativa inmensa e moi limpa e coidada.
| Área Recreativa Veiga da Lomba |
Abandono a área recreativa no medio deste entorno outonal precioso!
E agora diríxome ao Monte da Lomba que está a só 400m. dende a área recreativa anterior.
| Camiño ao Monte da Lomba |
No cume do monte, instalaron un miradoiro de madeira. En días coma o de hoxe que había pouco que chovera, vóltase moi perigoso. O chan esvaraba moitísimo!
Vistas espectaculares dende o Miradoiro da Lomba!
Vemos O castelo de Castroverde, unha fortaleza do século XIV que pertenceu a Álvaro Pérez Osorio, por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no S. XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada.
Vistas moi outonales dende o miradoiro.
Non sabía moi ben onde estaba o camiño de baixada que eu levaba planificado no track, pero atopeino deseguida-.
A baixada é por unha carballeira na que ás veces se perde o camiño e aparecen varios carreiros a seguir que parecen confundir. Pero NON PREOCUPARSE! É moi doado sair de aquí porque en todo momento oes o ruído de coches e vida que hai moi cerca, a vila de Castroverde está moi, moi cerca e polo medio das árbores vense as casas. Aínda que s epode baixar por varios sitios, o mellor é tirar cara Á ESQUERDA.
A baixada é por unha carballeira na que ás veces se perde o camiño e aparecen varios carreiros a seguir que parecen confundir. Pero NON PREOCUPARSE! É moi doado sair de aquí porque en todo momento oes o ruído de coches e vida que hai moi cerca, a vila de Castroverde está moi, moi cerca e polo medio das árbores vense as casas. Aínda que s epode baixar por varios sitios, o mellor é tirar cara Á ESQUERDA.
En tan só uns metros, deixamo o Camiño de Santiago para xirar á esquerda.
Desemboco na estrada LU-P 1611
Teño que ir por esta estrada durante algo máis de 1km.
Deixo a estrada LU-P 1611 para pillar á dereita en Bolaño.
Páxinas web consultadas:
Atópome na parroquia de Bolaño e vexo a torre da súa igrexa. Teño que organizar unha ruta por esta parroquia xa que lin qué é unha das máis fermosas da provincia de Lugo.
Esta estrada vaime levar en 2,5km. ao punto de inicio e xa non fago máis fotos porque empeza a chover con ganas!
Páxinas web consultadas:
https://vivecamino.com/castroverde/catedral-castroverde-iglesia-santa-maria-vilabade-3592/
https://www.elprogreso.es/articulo/comarca-lugo/viaje-pelicula-meta-vilabade/202508170500001901549.html
https://www.elprogreso.es/articulo/comarca-lugo/anido-autor-mejor-grafiti-mundo-lugo-pinta-rostro-hipatia-cpi-castroverde/202202212222391559639.html
https://xurdemoran.blogspot.com/2015/09/castroverde-antigua-santiago-vilarino.html
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2024/03/campo-da-feira-castroverde.html