mércores, 7 de outubro de 2026

ALTO DO PADORNELO (LINDÍN_MONDOÑEDO)


 O
Alto de Padornelo é un miradoiro natural uns 615m. de altitude na parroquia de Lindín, en Mondoñedo.

Características desta ruta: 

Lonxitude: 8km.

Dificultade: Fácil.

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descrición :

Partimos de Barral de Cima, na parroquia de Lindín. Aparquei xunto a un parque infantil. Agora que non quedan nenos nas aldeas, hai parques; antes, cando si había nenos, non había parques...

Barral de Cima (Lindín)

Por aquí pasa o Camiño de Santiago Norte que vai cara a Mondoñedo. 

Barral de Cima. Ao fondo, a autovía A8

Empezamos camiñando por unha estrada local durante uns poucos metros. Ao pouco (onde están os eucaliptos ao fondo) pillaremos un camiño á esquerda.

Vista dos barrios de Lindín: O Caxigo e  O Castro.

Lindín

Vista doutro barrio: O Chao de Lindín.

Lindín

Camiñamos entre eucaliptos por un camiño de monte:

Primeira imaxe que nos chega da vila de Mondoñedo:

Ao fondo, o Alto de Padornelo, a onde temos que chegar.

Seguimos por un camiño de andar fácil.


A amorodeira brava, amorodo silvestre, morogos, morotes, morillóns ou careixón é unha planta herbácea perenne da familia das rosáceas, que medra brava en lugares frescos e húmidos, nos claros dos bosques, xeralmente preto dos regos.
O amorodo silvestre foi o preferido en Europa dende a Antigüidade, e dende o século XIV comezou o seu cultivo organizado.
Os talos florais non presentan follas. No seu extremo aparecen entre abril e xuño as flores, non máis de cinco, brancas, de cinco pétalos brancos. O froito, que coñecemos como "amorodo bravo" ou "morote", é en realidade un engrosamento do receptáculo floral, sendo os puntiños que hai na pela os auténticos froitos, aquenios de arredor de 1 mm de diámetro
O amorodo silvestre consómese dende a prehistoria, como testemuñan numerosos achados arqueolóxicos. Foi coñecida polos gregos e romanos; varios poetas dedicáronlle versos, entre eles Ovidio, Plinio e Virxilio. A partir do S. XIV emprendeuse o seu cultivo, acadando froitos de maior tamaño e menos agres.
É un froito que ten en Galicia moitísimos nomes: Quereixón, pote, morote, morota, morondo, morogo, morodo bravo, morodo, morodio, morillote, morillón, morango, mirillote, meroto, merote, merogo, merodo, merodio, meirogo, marote, marogo, freses bravas, frese, fresa salvaxe, fresa bravía, fresa brava, fresa, freces, érbedo, careixón, aspo, amurolo, amorozo, amoroto, amorote, amororo, amorón, amorolo, amorollo, amorodo, amorodio, amorillón, amorodo, amerodo, amaroto, amarote, amarillote, almuroces, almirúendano, alfreces, afreses e afresa brava. Onde ewu nacín chamábase amorozo.

Seguimos nun camiño de monte entre eucaliptos.

Dende unha altitude de 485m. xa temos estas vistas de Mondoñedo.

O camiño anterior desemboca na estrada que vai ao Alto do Padornelo.

A Canteira de Padornelo é unha área de extracción de cuarcitas, coñecida como Cuarcitas Padornelo

No Alto do Padornelo hai varias antenas de comunicación. Cando chegamos xusto ao alto empezou a chover e fastidiaronse as vistas.


Empezou de súpeto a despexar e xa poidemos ver Mondoñedo.



O Púlpito de Leiras Pulpeiro (escritor mindoniense) é un miradoiro natural no Padornelo. As vistas a todo o val de Mondoñedo dende aquí, son excelentes.
Púlpito de Leiras Pulpeiro


Vistas do val de Mondoñedo dende o Púlpito de Leiras Pulpeiro.


Tamén se ve Foz dende aquí.


Agora empezamos a baixar por un ancho camiño:


A verdade é que os camiños de todo o percorrido están en perfecto estado:



Moitos bidueiros na beira do camiño. Esta árbore reprodúcese moi fácil se está no lugar axeitado.


Camiñamos pegadas á Autovía A8 neste tramo.



Xa chegando a Barral de Cima (Lindín) onde temos o coche.




Páxina web consultada:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Amorodeira_brava