Amosando publicacións coa etiqueta Ribeira Sacra. Sober. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ribeira Sacra. Sober. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de setembro de 2023

PAZO DE S. MARCOS/S. VICENTE DE PINOL/ MIRADOIRO DE CADEIRAS/VIAXE EN CATAMARÁN (LUGO E RIBEIRA SACRA)

 Onte realizamos unha viaxe ofertada pola Deputación de Lugo dentro do programa "Coñece a túa Provincia"   que ten como fin a realización de viaxes gratuitos de un día de duración pola provincia destinadas a asociacións con sede na provincia de Lugo.

Na nosa parroquia esta viaxe foi solicitada pola Asociación de Veciños que preside Raúl Río.

Das 37 rutas que ofrecen, a nosa foi a nº 11: Visita ao Pazo de S. Marcos en Lugo (Sede da Deputación), visita a unha igrexa románica en Sober e a un miradoiro e un percorrido en catamarán polo Canón do río Sil.

A nosa guía acompañante durante toda a viaxe foi Almudena que cos seus moitos coñecementos nos foi explicando todo o que víamos e moito máis e por riba é unha persoa amable e cercana.

O chofer chamábase Jaime e en todo momento nos sentimos seguros/as con el ao volante.

PAZO DE S. MARCOS

Os 23 participantes nesta viaxe no Salón de Actos da Deputación.

No Salón de Actos

O Pazo de S. Marcos foi construido no 1866 sendo na súa orixe un hospital. Despois foi un Centro de Ensino e actualmente é a sede da Deputación de Lugo e tamén Sala de Exposicións.
Pasillos do que antes foi un hospital

Despois estivemos no Salón de Plenos, onde poidemos sentarnos nos mesmos sillóns onde sentan os representantes políticos de tódolos partidos.

Unha empregada da Deputación explicounos todo o referente ao edificio.

Comentonos que este Salón de Plenos fora a capela do hospital.



IGREXA DE S. VICENTE DE PINOL
Ao longo de toda a Ribeira Sacra temos moitas pequenas igrexas representantes do románico rural galego. Unha delas é esta de S. Vicente de Pinol no concello de Sober.
Por fóra é unha igrexa sinxela que ten como elemento máis significativo un rosetón no frente coa estrela de David. O arco da porta principal, claramente románico é de principios do S. XIII. O resto da fachada foi transformada no S. XVIII.

Igrexa de S. Vicente de Pinol.

O máis interesante desta igrexa está no interior, onde no 2019 se iniciaron as obras de recuperación dunhas pinturas do S. XVI que estiveron tapadas con cal durante séculos ao igual que ocorreu en moitas igrexas galegas e tamén as casas se recubrían de cal tanto no interior como no exterior. Esta costume mantívose ata o S. XX e facíase por cuestións hixiénicas e porque así os edifcios mantíñanse máis quentes e foise perdendo este costume porque o cal estropéase coa chuvia e requería un mantemento.

Interior da igrexa de S. Vicente de Pinol

Unha pintura que mostra a S. Cristobal. Este santo é venerado na Igrexa Católica e na Ortodoxa e represéntase  como un home corpulento de mediana idade cunha estatura moi grande de tupida barba, que cruza un río levando ao Neno Xesús nos ombreiros e na man un báculo. Etimolóxicamente, Cristóbal significa «o que leva a Cristo».

A pintura seguinte representa a Santiago matando mouros.

Derriba do arco da igrexa, vemos representada a Anunciación da Virxe.
Pinturas da igrexa de S. Vicente de Pinol

Imaxe da fachada onde vemos a Estrela de David, un símbolo xudío que representa a unión entre o Ceo e a Terra.
Rosetón coa Estrela de David
Finalizada a visita a esta igrexa fomos ata o Miradoiro de Cadeiras, tamén na parroquia de Pinol, que ofrece unas magníficas vistas sobre as verticais paredes do territorio de Parada de Sil (Ourense) e sobre parte do val de Castro Caldelas.
Dende o Miradoiro de Cadeiras

En frente do miradoiro temos a provincia de Ourense. O Sil é a fronteira natural entre as dúas provincias. Este Miradoiro está moi cerca do Santuario de Cadeiras onde a principios d esetembro se celebra unha importante romería a onde acode xente de toda a comarca polo caracter supostamente milagreiro desta Virxe.

Estamos na parroquia de Doade, sempre no concello de Sober.
O xantar tivémolo no restaurante "A Cantina de Doade" onde poidemos escoller entre dous primeiros, dous segundos e dúas sobremesas (ensalada mixta ou lentellas/ codillo asado con patacas fritidas ou troita asalmonada con patacas/bica ou froita) A comida ben preparada, o local limpo e curioso e boa atención.
Restaurante A Cantina de Doade

Ao pé do restaurante poidemos ver como había tractores cargados d euvas e é que estamos en época de vendima.

Despis do xantar tivemos o paseo en catamarán que íamos pillar ao embarcadoiro de Doade. Mentras íamos baixando, o panorama que se dibuxaba ante nós era asombroso e aínda que eu xa o vira en outra ocasións, nunca deixa de asombrarme. Esas ladeiras que son percorridas dende hai máis de 2000 anos pola xente que as traballa (agora por sorte xa con máquinaria máis moderna) primeiro foron os romanos, despois os monxes e agora por sorte vivimos tempos nos que quen traballa e quen desfruta do beneficio.
Na foto vemos a diferenza entre as dúas ribeiras, na lucense, á nosa esquerda, hai plantacións de vides en cambio na ourensana non. Esto débese a que nesa zona e segundo a sua orientación dá máis o sol na provincia de Lugo e as vides teñen que estar plantadas con orientación a recibir o máximo calor e sol posible. Na provimcia de Ourense tamén se plantan, claro que si, pero en outras zonas máis solleiras.
 
Durante milenios estas vides colgantes foron a imaxe destas terras pero a principios do S. XX, unha plaga de filoxera acabou coas plantas e despois a Guerra Civil devastou a economía. A xente nova tivo que emigrar e os bancais quedaron abandonados durante uns anos.
A finais do S. XX e sobre todo agora no S. XXI renováronse as vides, os viticultores volven traballar estas terras con renovada enerxía e o viño que de aquí sae recibe loas en todo o mundo.

Nesta zona pódense ver cada pouco anuncios de adegas. Esto significa que a actividade está viva e parece ter un bo futuro. Estes viños contan con Denominación de Orixe dende 1996
A dificultosa vendima de cada outono é moito máis que un espectáculo de risco. É unha valiosa condición, que mereceu que esta denominación de orixe fose recoñecida no ano 2011 cun selo específico de "viticultura heroica" polo CERVIM, organismo internacional consagrado a difundir os valores da viticultura de montaña, que só se dáno 5% do viñedo global.
"Viticultura heroica"...non é de estrañar que se chame así

Na Ribeira Sacra hai 4 embarcadoiros no río Sil: dous de cada lado do río, dous de Ourense e dous de Lugo. Nós imos embarcar no de Doade tamén chamado Ponte do Sil (A Deputación cambiolle o nome a este embarcadoiro no 2020 por este último)
No río Miño tamén hai outros embarcadoiros.
Embarcadoiro de Doade ou de Ponte do Sil

Ao pé do embarcadoiro está a ponte pola que podemos cruzar xa á provincia de Ourense.
Ponte que une as provincias de Lugo e Ourense

O noso grupo, embarcando.
Embarcando

Dende o barco víamos xente traballando.
As vides vistas dende o río

No catamarán levamos unha guía que nos ía explicando todo que víamos e máis.
Un fermoso paseo

Mirando atentamente as vides

Montañas entre 300 e 700m de altura encaixonan o río formando unha estreita garganta.
Polo Canón do Sil
 Ao longo do percorrido pódense ver vides, árbores autóctonas como carballos e castiñeiros e outros máis propios das ribeiras do ríos como érbedos ou alvedros, salgueiros...e tamén rochas desnudas que segundo a imaxinación de cadaquén poden representar distintas figuras.
Canón do Sil
Páxinas web consultadas:

https://ribeirasacra.org/info.php?idioma=es&id=156&sec=9

https://turismo.ribeirasacra.org/es/rutas-fluviales