Amosando publicacións coa etiqueta Castro de Rei. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castro de Rei. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2020

RUTA DO AZÚMARA (CASTRO DE REI) PR-G154


A ruta do río Azúmara é unha ruta preciosa e ademais como é curta pódese aproveitar para visitar o Castro de Viladonga xa que a ruta oficialmente empeza aí. Podemos facela ao revés, empezar en C. de Rei pero será máis dificultosa xa que habería que subir.
Se non se queren facer 14 km. indo e volvendo haberá que deixar un coche en Castro de Rei.

Características:
 Lonxitude: 8 km.
 Dificultade: baixa
Ruta lineal ben sinalizada

Descripción da ruta:
Partimos  do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga e dende aquí descendemos desfrutando dunha espectacular panorámica da Terra Cha se o día non está con néboa como nos pasou a nós:



Imos baixando entre toxos e felgos:




De momento, camiñamos por espazos abertos:

Agora vainos acompañando o bosque de abidueiros e ameneiros:



Chegamos ao lugar de Monelos e aquí contemplaremos o Pazo de Fontexón, a casa anexa e o muíño restaurados:



Continuamos á beira do Azúmara:


Atravesando unha terra de millo. Hai un momento no que a ruta vai por aí:


Tamén atravesamos pontes:

Sempre vendo fermosas paisaxes:

Chegamos á unha antigua mina de arsénico. A extracción deste metal tóxico supuxo nos anos 40 un importante complemento para a economía local:

Seguimos o tranquilo descenso do río:




E chegamos ao final da ruta na área recreativa de Castro de Rei, onde comemos:





Atopamos tamén referencias a escritores galegos en varias árbores:




Sen dúbida, que é unha ruta ben chula!!!