A ruta do río Azúmara é unha ruta preciosa e ademais como é curta pódese aproveitar para visitar o Castro de Viladonga xa que a ruta oficialmente empeza aí. Podemos facela ao revés, empezar en C. de Rei pero será máis dificultosa xa que habería que subir.
Se non se queren facer 14 km. indo e volvendo haberá que deixar un coche en Castro de Rei.
Características:
Lonxitude: 8 km.
Dificultade: baixa
Ruta lineal ben sinalizada
Descripción da ruta:
Partimos do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga e dende aquí descendemos desfrutando dunha espectacular panorámica da Terra Cha se o día non está con néboa como nos pasou a nós:
Imos baixando entre toxos e felgos:
De momento, camiñamos por espazos abertos:
Agora vainos acompañando o bosque de abidueiros e ameneiros:
Chegamos ao lugar de Monelos e aquí contemplaremos o Pazo de Fontexón, a casa anexa e o muíño restaurados:
Continuamos á beira do Azúmara:
Atravesando unha terra de millo. Hai un momento no que a ruta vai por aí:
Tamén atravesamos pontes:
Sempre vendo fermosas paisaxes:
Chegamos á unha antigua mina de arsénico. A extracción deste metal tóxico supuxo nos anos 40 un importante complemento para a economía local:
Seguimos o tranquilo descenso do río:
E chegamos ao final da ruta na área recreativa de Castro de Rei, onde comemos:
Atopamos tamén referencias a escritores galegos en varias árbores:
Sen dúbida, que é unha ruta ben chula!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario