Amosando publicacións coa etiqueta Porto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Porto. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de decembro de 2024

PORTO

 O sábado 21 de decembro visitamos Porto. Esta antiga cidade conta cun amplo patrimonio e o seu casco histórico é Patrimonio da Humanidade dende 1996. Porto é unha cidade cunha gran puxanza económica, demgráfica e cultural .

Empezamos por ir a Vila Nova de Gaia frente a Porto, onde están as famosas adegas do viño do Porto. Esta cidade é a 2ª máis grande de Portugal (despois de Lisboa) en nº de habitantes. Está na marxe esquerda do río Douro que desemboca aquí, entre estas dúas cidades.

De Vila Nova de Gaia só vimos a parte situada onde están as bodegas, a parte pegada ao río, que é a máis turística e visitada pero cara ao interior, lonxe do río, hai unha inmensa cidade con modernos e altos edificios.

Nesta zona das adegas atopamos algunha con máis de 100 anos de historia. Hai visitas guiadas á algunha delas. Nós non fixemos ningunha e eu agradecín que non fose no programa, porque xa estivera nunha noutra ocasión.

A Bodega Ferreira que vemos na foto, produce viño dende o S. XVIII

Outra vista das bodegas:

Bodegas en Vila Nova de Gaia

O teleférico de Gaia conecta a Ponte de D. Luis I coas bodegas de Vila Nova de Gaia. Está en funcionamento dende 2011 e ofrece unhas vistas inigualables das dúas cidades. Nós pensábamos subir pero non nos deu tempo.

Teleférico 

Os rabelos son barcos de madeira típicos do río Douro. Antigamente eran empregados para carrexar as barricas de viño dende o Alto Douro ata as adegas do Cais de Gaia, onde están as adegas.
Actualmente algúns deles empréganse para paseos turísticos. Esto si que me houbese gustado facelo. Penso que unha viaxe en barco polo Douro é imprescindible para coñecer as pontes que unen as dúas cidades de ámbalas dúas marxes do río. Desta vez non puido ser...
O Douro e Porto

Aquí estamos detidos atendendo as explicacións da guía que nos amosa os edificios máis importantes de Porto vistos dende este lado do río. Vemos a zona da Ribeira, a Torre dos Clérigos, as torres da Catedral e o Palacio Episcopal.
O Douro e Porto

Un dos lugares máis emblemáticos de Porto é a Ponte de D. Luis I que une esta cidade con Vila Nova de Gaia. Foi inaugurado en 1886 e antes había unha ponte colgante. A torre ten 2 pisos , polo superior pasa a liña de metro e pola inferior os demais vehículos e as persoas por unhas pasarelas das beiras.
Ponte de Luis I

Tamén vimos en Vila Nova de Gaia a Half Rabbit, un colorido coello feito con materiais e lixo que o artista atopou pola cidade.

Entramos á Casa Portuguesa do pastel de Bacalhau, un lugar precioso (a nosa guía díxonos que era unha réplica da Libraría Lello pero non se parece en nada e en ningún sitio lin nin escoitei que reproducise ese lugar...) eso si, hai libros e a decoración é fascinante. Tamén se nos dixo (a guía) que non mercasemos aí, que era moi caro... A verdade que penso (é a miña opinión) que ningún guía ten que dicirnos onde mercar e onde non. Xa somos grandiños para saber o que nos parece caro ou non. A mín, personalmente deume un gran apuro entrar aí 50 persoas e pasearse sacando fotos sen mercar nada. Oín que alguén lle comentou esto mesmo á guía e a resposta foi "ya están acostumbrados..." En fin...eu merquei unha caixiña de 4 boliños que son ben grandes a 5€ cada un. Non son baratos, non, pero estaban deliciosos !

Casa Portuguesa do pastel de bacalhau

 A fermosa decoración:

Casa Portuguesa do pastel de bacalhau

Fermosa vista de Porto dende Vila Nova de Gaia cos rabelos en 1ª liña.

A emblemática Ponte de Luis I máis de preto.
Ponte de Luis I

Esta outra ponte é a Ponte da Arrábida.
Ponte da Arrábida

Cruzamos a Ponte de Luis I para atoparnos xa en Porto e deseguida chegamos á Praza da Ribeira de orixe medieval e o lugar onde estaba antigamente a porta principal que daba acceso á cidade.

Praza da Ribeira

A Praza da Ribeira, coñécese actualmente como a Praza do Cubo dende que na década dos 80 se erixiu esta escultura que vemos de José Rodrígues chamada "O Cubo das Pombas da Paz"
A fonte do Cubo

O Palacio da Bolsa, de estilo neoclásico do S. XIX é un edificio que asombra pola súa maxestuosidade e tamaño. Por desgraza só o vimos por fóra. O interior é "unha pasada" e non se debe deixar de visitar. Nesta visita non estaba programado polo visto ver o interior.

Edificio da Bolsa

Só puiden sacarlle esta foto á Igrexa da Misericordia que ten unha fachada en estilo rococó do S. XVI.

Igrexa da Misericordia.

A Estación de S. Bento é unha estación ferroviaria coñecida sobre todo polos seus azulexos pero o edificio por fóra tamén é impresionante. É considerada como unhas das estacións de tren máis fermosas de Europa.
Estación de S. Bento.

Ao pé da estación poidemos ver a igrexa de S. Antonio dos Congregados. É do S. XVII e estaba destinada a ser a sede da Confraría de S. Antonio de Lisboa. A fachada é de estilo barroco e ten un nicho coa imaxe do santo.
Igrexa de S. Antonio dos Congregados

Estación de S. Bento foi oficialmente inaugurada en 1916 aínda que levaba funcionando dende medidaos do S. XIX. Foi construída sobre as ruinas do convento de Sao Bento, que lle daría nome. Hai unha lenda que di que por aquí anda a pantasma da última monxa que resideu no convento e que se poden incluso oir os seus rezos...
No teito podemos ler Minho e Douro, os dous ríos que curiosamente nacen en España e desembocan en Portugal, ademais do Teixo, claro...pero este nome non aparece.



A estación está revestida con 20000 azulexos en azul e branco representando feitos históricos, a vida no campo ou a evolución do transporte en Portugal.

Representación da vida no campo

Representación de feitos históricos:

O andén férreo é unha obra mestra de arquitectura en ferro e lémbrase á francesa do S. XIX

Vemos agora a famosísima Torre dos Clérigos, outro dos símbolos de Porto e xa dende lonxe notamos o seu estilo barroco. O máis destacable é a súa torre, visible dende calquera punto da cidade cos seus 78m. de altura.

Edificios modernistas na Avda. dos Aliados.

 Praza da Liberdade é tal vez a máis importante de Porto e comunica a parte antiga coa moderna. Ao fondo o edificio do concello no que destaca a súa alta torre.

Praza da Liberdade

Da Praza da Liberdade parte a Rúa dos Aliados con gran nº de edificios modernistas impresionantes como os que vemos na foto, xunto coa Fonte da  Xuventude da Menina Núa



No corazón do casco antigo temos o Teatro Sá Da Bandeira  que aínda que se antigo conserva o seu encanto e maxestuosidade.

Teatro Sá Da Bandeira

A rúa Santa Catarina é das máis concorridas da cidade e nela atopamos tendas antigas con fachadas ornamentadas que son un atractivo.
As Galerias Palladium (ocupadas agora por FNAC) que vemos na foto teñen un reloxo que dá as horas saíndo da caixa personaxes históricos.



A Igrexa de S. Ildefonso é do S. XVIII. Non vimos o interior que seica é precioso pero a fachada decorada cos típicos azulexos, tamén o é.

O Teatro Nacional Sao Joao foi inaugurado no S, XVIII. No 1908 sufreu un incendio que destrueu o edififio completamente. Foi reconstruido e inaugurado de novo no 1920. É un edificio impresionante!

Teatro Nacional Sao Joao

Unha vista de Porto ao anoitecer, destacando a Torre dos Clérigos ao fondo.



Porto estivo amurallado e conserva restos aínda da muralla primitiva cerca da catedral.
A torre que vemos é de orixe romano do S. III, reconstruída no S.XX. Tamén existen restos das murallas fernandinas e unha única porta destas.


O Palacio Episcopal de Porto e a antiga residencia dos bispos. Está situado nun alto, moi preto da catedral e vendo semellante edificio, dámonos conta do ben que viviron sempre os represantantes da igrexa e o poder que esta tivo.
Palacio episcopal de Porto

 A Catedral de Porto, situada no corazón do centro histórico, é un dos principais e máis antigos monumentos da cidade. No S. XII empezou a súa construcción e rematou no S. XIII. O 1º edificio, de estilo románico, sufreu moitas transformacións ao longo dos séculos. A fachada que vemos coas torres e o rosetón son dese estilo.

Catedral de Porto

No centro da Praza da Batalha, diante da catedral temos o pelourinho que nós chamamos picota. É unha columna de pedra que servía para castigar a delincuentes ou criminais. Colgábanos aí para que todo o mundo os vise e servise de escarmento. Tamén se expoñían as cabezas dos que foran axustizados.

A Igrexa dos Clérigos foi construida pola Irmandade dos Clérigos Pobres (parece que tamén existían xerarquías dentro do mesmo corpo...) no Cerro dos Aforcados xa que aquí era onde se enterraban aos que foran axustizados.

Por detrás está a Torre dos Clérigos, a máis alta de Portugal con 76 m. de altura e 200 chanzos que dan acceso a unhas vistas privilexiadas de Porto. Non nos deu tempo a subir.

Igrexa dos Clérigos

La librería Lello e Irmão fue inaugurada en el año 1906, por lo que ya cuenta con más de un siglo de existencia. Pero su origen es aún más antiguo: hay que remontarse hasta mediados del XIX, cuando el empresario francés Ernesto Chardron regentaba una librería en Oporto cercana a la Torre de los Clérigos, y que fue cambiando de ubicación en varias ocasiones.

Sin embargo, Chardron murió muy joven (su nombre, de hecho, aún puede apreciarse a la entrada) y fue la sociedad Lugan & Genelioux Sucessores quien se hizo cargo de la librería situada en el emplazamiento actual.

Unos años después, el empresario José Lello y su hermano António compraron la librería y la rebautizaron con el nombre con que hoy la conocemos. Se cuenta que a la inauguración de esta librería acudieron numerosas personalidades de la vida política y cultura portuguesa, y es que desde el momento de su fundación se convirtió en una de las librerías más bonitas de Europa.

                                                            Interior da Libraría Lello


Na libraría hai un espazo dedicado ao nobel de Literatura Portuguesa José Saramago. Tamén hai outro dedicado ao Principiño

Aunque por internet corre el rumor de que algunas escenas de Harry Potter fueron rodadas en la librería, sentimos decepcionarte, pero no es cierto.

La realidad es que la librería Lello e Irmão no aparece en ninguna de las películas de Harry Potter, pero J.K. Rowling vivió durante algún tiempo en Oporto, y sí pudo inspirarse en ella para crear la librería ficticia del callejón Diagon. (https://www.oporto.es/que-ver/libreria-lello-e-irmao/)

 Interior da Libraría Lello

Por aquí entra a luz dende o teito.

 Interior da Libraría Lello

A librería ten 2 pisos. Na imaxe, detalle da madeira labrada.

 Interior da Libraría Lello

Detalle da femosa e famosa escaleira

A famosa escaleira da librería Lello

Detalle do teito de madeira. 


A igrexa do Carmo non é das máis antigas pero ten unha fachada impoñente e polo mosaico de azulexos que na foto non se aprecia. É do S. XVIII. Adosada a ela está a igrexa dos Carmelitas. Parece unha soa igrexa pero son realmente dúas. (A do Carmo é a da nosa dereita e dos Carmelitas a da esquerda) No medio de ámbalas dúas parece que hai un tabique que as separa pero é realmente unha casa onde se aloxaban os artesáns que facían os retablos e as imaxes.
Igrexas do Carmo e dos Carmelitas (Son dúas)

Fíxose de noite e tivemos ocasión de ver iluminada a Torre dos Clérigos.

Tivemos ocasión tamén de ver o alumeado de Nadal de Porto. Deso non poño fotos porque realmente non aporta nada aquí e aínda queda o de Vigo...
O que si me gustou foi ver iluminada a Ponte de Luis I, pero está deste xeito, con luz, sempre que é noite.


As Bodegas Sandeman de noite. Estas son as bodegas máis famosas da cidade. O seu emblema é un home colocado no tellado que aparece cunha capa. Foron creadas por un escocés a principios do S.XX

E por último, xa a piques de subir ao autobús, vemos iluminada a Casa Portuguesa do Pastel de Bacalhau onde antes entráramos.


Despídome de Porto cunha sensación agredoce, xa que a pesares de ter visto moitos monumentos, pasear bastante polas súas rúas...quedou bastante por ver e desfrutar. Por exemplo:
- Un paseo polo Douro para coñecer as súas pontes.
- Subír a Torre dos Clérigos.
- Ver mellor a igrexa do Carmo,  a de S. Ildefonso, a Capela das Almas...
- Visitar o interior do Palacio da Bolsa.
- Visitar os Xardíns do Palacio de Cristal.
- Coñecer a Casa da Música....etc

Teño que volver a Porto!!

Páxinas web consultadas:

https://es.wikipedia.org/wiki/Oporto

https://www.oporto.es/que-ver/teleferico-de-gaia/

https://wecollectpostcards.com/imprescindibles-en-vila-nova-de-gaia/

https://www.helloguideoporto.com/es/oporto/cultura/iglesias-y-capillas/iglesia-de-san-antonio-de-los-congregados

https://www.oporto.es/que-ver/estacion-de-sao-bento/

https://es.wikipedia.org/wiki/Teatro_Nacional_S%C3%A3o_Jo%C3%A3o

https://es.wikipedia.org/wiki/Murallas_de_Oporto

https://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_Oporto

https://www.oporto.net/iglesia-torre-de-los-clerigos
https:/https://www.lavanguardia.com/magazine/viajes/20231016/9290073/iglesias-siamesas-oporto-carmo-carmelitas.html/www.oporto.info/iglesia-do-carmo