Amosando publicacións coa etiqueta Estambul. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Estambul. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de setembro de 2022

TURQUÍA (ESTAMBUL)

  Situación de Turquía no mundo:

Turquía é un país que ten a maior parte do seu territorio situado en Asia (Península de Anatolia) e unha parte máis pequena situada en Europa (Península dos Balcanes).

Debido á súa posición estratéxica, ubicándose entre Europa e Asia así como entre tres mares (Egeo, Mármara e Negro) Turquía foi unha encrucillada histórica entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. O seu territorio foi o fogar de varias e grandes civilizacións: hititasfrixioscimeriosasiriospersasgregosromanosarmenioskurdos, otomanos...e lugar de encontro entre as culturas de Oriente e Occidente ao longo da historia, ás veces en convivencia e noutras ocasións por medio de enfrentamentos bélicos. 
Turquía é membro da OTAN e candidata á Unión Europea dende 2005.

A nosa viaxe a Turquía do 5 ao 13 de setembro da man de Amigos das Viaxes coa dirección de Xaime Cancio, foi unha experiencia inesquecible que vou ir narrando a continuación:

Empezamos a viaxe en Estambul o martes día 6, cidade onde aterramos o luns á noite.
Estambul , antiga Bizancio e despois Constantinopla a pesares de NON ser a capital (Esta é Ankara) é o centro histórico, cultural e económico do país. Está ubicada no estreito do Bósforo que separa Europa e Asia e a cidade sitúase nos dous lados, no europeo e no asiático (Cor branca) Estambul é unha das cidades máis pobladas do mundo, con máis de 15 millóns de habitantes.



Martes, día 6.-    Turquía é un país de relixión maioritariamente musulmán polo que as mesquitas están presentes en todo o país e foron moitas as veces que escoitamos a chamada á oración que se fai 5 veces ao día. 
O 1º día visitamos a Mesquita de Solimán el Magnífico. Este sultán foi un dos monarcas máis importantes do S. XVI durante o imperio otomano. A mesquita é unha das máis grandes e importantes de Estambul. É do S. XVI e foi devastada por un incendio no S. XVII e un terremoto no S. XVIII destrozou a bóveda. Durante a 1ª guerra mundial, o patio foi usado como almacén de armas e sufríu outro incendio. No 1956 foi totalmente restaurada de novo.
Mesquita de Solimán o Magnífico

Interior da mesquita de Solimán o Magnífico.
Interior da mesquita de Solimán

Para construir esta mesquita, houbo que mobilizar a 3500 operarios. No 
complexo da Mesquita de Solimán, atópanse ademais os edificios dun hospital, unha escola, catro madrasas oo escolas coránicas, un colexio médico, unha cocina pública e, en especial, el Mausoleo de Solimán e da súa muller, a mítica Roxelana.

Outra vista da mesquita. A súa construción foille encargada ao mellor arquitecto da época: Mimar Sinán.
Mesquita de Solimán o Magnífico

Ao pé da mesquita, atopamos os mausoleos de Solimán , a súa muller e outros familiares.
Hürrem Sultan ou como é coñecida en Occidente, Roxelana (pola cor do seu pelo roxo)  foi unha figura prominente do coñecido como Sultanato das Mulleres: casi un século durante o cal o Imperio Otomano veu como as mulleres cercanas ao sultán asumían grandes espacios de poder, patrocinaban as artes, etc.
Nacida en Polonia e de orixe cristiá, Hürrem Sultan (Roxelana) sería raptada durante una incursión por parte de los Tártaros de Crimea e vendida á lonxana corte do sultán otomano. Hürrem, que entón se convirteu nunha das mulleres do harén imperial, acabaría sendo a favorita de Solimán. Este rompeu as tradicións e casou con ela. Convertida en Consorte Imperial, Hürrem Sultan influiría nas decisións de Estado e na diplomacia, ademáis de levar a cabo numerosas obras de caridade, construir un gran número de edificios de todo tipo ou patrocinar as artes no imperio.
Tumbas de Solimán e familia

Imaxe do Mausoleo que ten forma exagonal e do cemiterio que hai ao redor:
Mausoleo da mesquita de Solimán

Café de Pierre Loti.- O
 nome do local débese a Pierre Loti, sobrenome empregado por Julien Viaud, un novelista de orixe francés que acudía frecuentemente a este café para inspirarse e escribir as súas obras. Pierre Loti Café é un acolledor espacio de estilo turco, decorado con mobles do século XIX. A mellor parte do local é a súa terraza. Dende ella poderemos desfrutar dunha excelente panorámica do cimeterio, do Corno de Ouro e de gran parte da cidade de Estambul.
Subimos ata aquí en funicular e desfrutamos, ademais das vistas, dun  delicioso té.
Na imaxe vemos o funicular no que subimos, parte da cidade de Estambul e o Corno de Ouro.
Vistas dende o Café Pierre Loti
Outra panorámica:

En Turquía serven o té nestes vasiños de cristal. 

Este Café está situado nunha colina no medio dun cemiterio. Baixamos camiñando no que foi un fermoso paseo. 

Nesta praza vimos a Mesquita Nova que foi construida
 entre os anos 1597 e 1663 por orden das nais dos sultáns Mehmet III e Mehmet IV respectivamente tras unha serie de problemas políticos, relixiosos e financieiros. Álzase esta impoñente Mesquita Nova coas súas espectaculares bóvedas e os seus dous minaretes dominando o horizonte.
Ao igual que otras mesquitas imperiais, a Mesquita Nova non estaba illlada, senón que formaba parte dun complexo cultural e relixioso composto por diferentes edificios como un hospital, unha escola, baños e fontes públicas, un mercado e unha biblioteca.
O mercado é o que se coñece na actualidade como Bazar das Especias ou Bazar Exipcio, que despois visitaremos.
A Mesquita Nova

A continuación fomos comer ao Restaurante Hamdi e pola tarde visitamos:

Mesquita de Rüstem Pasha.- 
Esta mesquita foi deseñada polo arquitecto Mimar Sinán (O mesmo que deseñou a de Solimán) para un xenro de Solimán o Magnífico.
A mesquita foi construida nunha terraza elevada sobre un complexo de tendas cuxos alugueres estaban pensados para soportar financieramente os gastos da mesquita. 
O interior é famoso pola cantidade e calidade dos azulexos de İznik que representan una gran variedade de motivos florais e xeométricos. 
O fermoso interior da mesquita de Rüsten Pasha
 
Outra vista do interior da mesquita:

Igrexa de S. Jorge.-
É a  principal catedral ortodoxa grega de Estambul . Por fóra é modesta e austera pero en canto entras todo é luxo e esplendor. Pouco queda da estructura primeira e orixinal xa que foi reconstruida en numerosas ocasións.
Catedral ortodoxa de S. Jorge

Dende a caída dos otomanos e o auxe do nacionalismo turco moderno, a maioría da poboación greco-ortodoxa de Estambul emigrou deixando ao patriarca na posición anómala de "un líder sen rebaño", polo menos a nivel local. Hoxe, a Catedral de San Jorge serve principalmente como centro simbólico da Igrexa ortodoxa de Constantinopla e como un centro de peregrinación para os cristiáns ortodoxos. A igrexa está financiada por donacións de comunidades ortodoxas doutros países.
Interior da catedral ortodoxa de S. Jorge

O interior da catedral de S. Jorge está decorado con gran luxo.
Interior da catedral

Barrio de Balat.-
barrio de Balat, tradicionalmente habitado por xudíos, estase reconvirtindo nun barrio moderno no que as tendas alternativas, as cafeterías modernas e a restauración das casas de madeira otomanas están en auxe.

No Barrio de Balat atopams o Balat Antik Café, un recuncho moi fermoso:
 
Con paraugas de cores colgando
 
Con fermosos recunchos onde tomar té ou café:

Para rematar este 1º día achegámonos ao 
Bazar das Especias.- 
O Bazar das Especias, tamén chamado Bazar Exipcio, é un dos mercados máis antigos de Estambul. É un mercado moi colorido e os tendeiros decoran os seus postos de tal xeito que visitalo é un pracer para os sentidos.

Os inicios do Bazar das Especias de Estambul remóntanse  a 1663. Construeuse ao mesmo tempo que a Nova Mesquita e adxacente a ésta co obxectivo de mantela económicamente.


Mércores, día 7

Santa Sofía
Santa Sofía ou Hagia Sophia é unha antiga basílica ortodoxa, despois foi catedral católica, posteriormente convertida en mesquita, logo en museo e, dende o 1 de agosto de 2020, novamente nunha mesquita da cidade de Estambul. 
Famosa pola súa enorme cúpula,  dise dela que «cambiou a historia da arquitectura».
Santa Sofía

Ao ser reconvertida en mesquita preserváronse os iconos e mosaicos cristianos pero serán cubertos durante as oracións musulmanas.

Na praza que hai na entrada a Santa Sofía vimos un posto de castañas e millo que hai en moitas rúas.
Posto de castañas e millo asados.

Cando Santa Sofía foi convertida en mesquita por vez primeira, houbo que construir unha fonte (como teñen tódalas mesquitas) para realizar as ablucións antes da oración (lavar a cara, os brazos, a cabeza, os oídos e os pés) como símbolo de pureza.
Fonte das ablucións en Santa Sofía

Pazo de Topkapi

pazo de Topkapı situado en Estambul, foi o centro administrativo do Imperio Otomano dende 1465 ata 1853. A construcción do pazo foi ordenada polo sultán Mehmed II en 1459. O pazo está situado entre o Corno de Ouro e o mar de Mármara e dende el temos unha espléndida vista do Bósforo. Está formado por moitos pequenos edificios construidos xuntos e rodeados por catro patios.

Porta da Acollida do Pazo de Topkapi
O pazo foi ampliado significativamente durante o reinado de Solimán o Magnífico.
 Un dos xardíns do pazo:

O Pazo Topkapi é o mellor reflexo da época imperial en Estambul
 e simboliza o poder que alcanzou Constantinopla como sede do Imperio Otomano.
  
Dende este pazo os sultáns gobernaron o seu imperio ata mediados do S. XIX.
 
O pazo ten unha magníficas vistas sobre o Bósforo.
 
Nos seus 700.000 metros cadrados, o Pazo Topkapi conta con catro patios e múltiples edificios no seu interior: sala de armas, cociña, establos reais, tesouro e moitos máis.
  
A biblioteca do pazo tamén é moi interesante:
 
As colas para entrar nas salas onde se garda o tesouro eran importantes.

Igrexa de Santa Irene
Está situada no 1º patio do pazo de Topkapi. A igrexa  foi fundada no S. VI . É a primeira zona de culto construida en Constantinopla.
Igrexa de Santa Irene

 Dende 1980 a igrexa úsase para concertos durante o Festival de Música de Estambul, no verán.
Igrexa de santa Irene

Cisterna Basílica ou de Yerebatán
Foi construida no S. VI polo emperador bizantino Justiniano I e servía para suministrar auga ao Pazo de Topkapi que acabamos de visitar. Esta é a máis grande das 60 cisternas construidas baixo a cidade de Estambul. Cara a finais do S.XIV deixou de utilizarse porque  despois da conquista dos otomanos, estes preferían a auga corrente e non esta almacenada.
Entre os anos 1985 e 1987 limpíase (sacáronse 50000 toneladas de barro) e restaurase preparándoa para a visita turística dotándoa dunha serie de pasarelas case ao nivel da agua. No 2020 estivo cerrada por novas obras de restauración e foi reaberta en xullo deste ano 2022, así que tivemos moita sorte xa que eu penso que é algo que son se debe perder se visitas Estambul.
Cisterna Basílica

Dentro da Cisterna hai espectáculos de luz que vai cambiando de cor e hai momentos en que queda todo a escuras dando aínda máis sensación de misterio ao extraordinario lugar.
Cisterna Basílica
 
Un total de 336 columnas de mámore dispostas en 12 filas reflictense na auga, formando coas luces unha paisaxe máxica que parece que te atopas nun mundo diferente. Non é pois de estrañar que con este telón de fondo, varias películas internacionais foran rodadas neste lugar.
Cisterna Basílica

Nas bases de 2 columnas hai unha cabeza de Medusa (Na mitoloxía grega, Medusa era un ser feminino que convertía en pedra aos que a miraban fixamente aos ollos)

Mesquita Azul
Situada frente á Mesquita de Santa Sofía, foi a única da cidade con seis minaretes ata a construcción da Mesquita de Çamlica inaugurada en 2019. 
A Mesquita Azul foi mandada construir polo sultán Ahmed I no lugar que ocupaba o Gran pazo de Constantinopla
Cando se soubo o número de minaretes que tería a mesquita, criticouse ao sultán por presuntuoso xa que, naquel momento, era o mesmo número de minaretes que tiña a mezquita da Kaaba, na  Meca. O sultán solucionou o problema construindo un séptimo minarete na mesquita da Meca.
A Mesquita Azul cos seus 6 minaretes.

A mesquita do Sultán Ahmed, conocida como Mesquita Azul, é un dos monumentos máis impresionantes do mundo pero non pidemos admirala por dentro como nos gustaría xa que está en obras e apenas queda un pequeno espazo que contemplar. Había ademais moitísima xente para un espazo moi reducido polo que a nsa visita ao exterior foi tamén moi breve.
Mihrab da mesquita (Lugar orientado á Meca onde os musulmáns dirixen as súas oracións)

Na parte inferior e en cada pilar, o interior da mesquita está revestido con máis de 20.000 azulexos de cerámica feitos á man, fabricados en Iznik
 (a antiga Nicea) con máis de cincuenta diseños diferentes de tulipáns. Estes azulexos foron deteriorándose e perdéndose moitos deles por eso agora, dentro do actual proceso de resturación, van tratar de recuperalos dalgún xeito.
Enfín que a visita á Mesquita Azul no estado actual no que se atopa (tapada con andamios) non merece moito a pena.
Interior da Mesquita Azul

Praza de Sultanahmet
Situada entre Santa Sofía e a Mesquita Azul é unha fermosa praza con preciosos xardíns e as vistas de ámbalas dúas mesquitas a un lado e outro fan que este lugar impresione.
Praza de Sultanahmet

Santa Sofía dende a Praza de Sultanahmet

Hipódromo
Dentro da praza anterior, atopamos o Hipódromo de Constantinopla que foi o centro deportivo e social de Constantinopla, capital do Imperio Bizantino e cidade que no S. V chegou a ser a máis grande do mundo. Actualmente sobreviven únicamente algúns fragmentos da estructura orixinal.
O hipódromo acostuma a ser asociado aos días de gloria de Constantinopla cando era a capital imperial, sen embargo, o monumento é anterior a esa data. O primeiro hipódromo foi construido cando a cidade  aínda se chamaba Bizancio.
No ano 324, o emperador Constantino O Grande decideu trasladar o goberno de Roma a Bizancio que comenzou a ser coñecida como Constantinopla, a cidade de Constantino. Constantino ampliou en gran medida a cidade, sendo a renovación do hipódromo un dos seus obxectivos máis importantes. Estímase que o hipódromo tiña cerca de 450 metros de largo e 130 metros de ancho. Tiña unha capacidade de 100000 espectadores eservía de centro de diversión xa que se realizaban nel carreiras de cabalos e circos.
É difícil imaxinar actualmente que nesta praza houbese semellante construcción xa que non queda nada daquelo.
Tralo saqueo perpetrado durante a Cuarta Cruzada, Constantinopla non se volveu a recuperar e o hipódromo non se volveu a reconstruir. Os turcos otomanos, que en 1453 conquistaron a cidade convertíndoa en capital do Imperio Otomano, non estaban interesados polas carreiras polo que o hipódromo foi gradualmente caendo no olvido e nunca chegou a ser reconstruido.
Dise que probablemente debaixo dos xardíns da Mesquita Azul haxa aínda moitos restos do hipódromo.
O Hipódromo
Monumentos que podemos contemplar no hipódromo:
Dous obeliscos:  Obelisco Exipcio
Tutmosis III (1549-1503 A.C) fixo construir este obelisco cunha altura de 60 metros. O obelisco  rompeu durante a carga para Constantinopla no S.  IV.
Unha 3ª parte do mesmo foi erixido no sitio orixinal do hipódromo por Teodosio no año 390 encima dun pedestal de mármore decorado por baixorrelevos.
O Obelisco de Constantino: 
No S. X, o emperador Constantino VII construeu outro obelisco, o de Constantino, no outro extremo do hipódromo. Orixinalmente estaba cuberto con placas de bronce douradas pero foron roubadas durante a Cuarta Cruzada, quedando á vista o interior construido con bloques de pedra.
Obeliscos do Hipódromo. En 1º termo, o exipcio. Ao fondo, o de Constantino.

Columna serpentiforme.-
Construida para celebrar a victoria dos gregos sobre os persas durante as Guerras Médicas no S. V a. C. A parte superior da columna estaba adornada cunha bola dourada sostida por tres cabezas de serpes. A bola foi destruida ou roubada durante a Cuarta Cruzada. As cabezas de serpe foron destruidas tamén. 

Columna das serpes.
A Fonte alemá
É unha fonte octogonal abovedada de estilo neobizantino, foi construida polo goberno alemán en 1900 para marcar a visita a Estambul do emperador alemán Guillermo II en 1898. 
A Fonte alemá

Despois de xantar, deron a opción de ir descansar ao hotel ou visitar o:

 Gran Bazar de Estambul
É un dos mercados máis grandes e antigos do mundo, ten 45.000 metros cadrados e nel traballan unhas 20.000 personas. O número de visitantes diarios oscila entre los 300.000 e os 500.000 dependendo da época.

O Gran Bazar de Estambul conta con máis de 3.600 tendas que se distribúen en 64 rúas. Para acceder ao recinto hai 22 portas. As orixes do Gran Bazar  remóntanse á época de Mehmed II, cando en 1455 construeu cerca do seu pazo o antigo bazar .

Gran Bazar de Estambul (Foto Wikipedia)

Xoves, día 8

Miradoiro de Camlica Tepesi.-
 Estamos na parte asiática de Estambul. A colina de Camlica é unha das 7 que ten a cidade e a máis alta de todas. A 268 metros sobre o nivel do mar, a colina de Camlica ofrece vistas panorámicas de ambos lados do Bósforo, incluindo as dúas puentes que conectan Asia e Europa.
Vistas dende o miradoiro de Camlica

Vistas dende Camlica

Pazo de Beylerbeyi
Situado no lado asiático do Bósforo foi a residencia de verán dos sultáns do Imperio Otomano construida a mediados do S. XIX . Impresiona o luxo deste pazo con numerosas e impresionantes lámpadas de cristal de Baccarat e de Bohemia e as alfombras de Hereke. Tamén destacan os xarróns de porcelana china e xaponesa e os reloxios franceses.
Xardíns do pazo ao pé do Bósforo e da ponte que une Asia e Europa.

Hai que di que este pazo é "un Versalles en miniatura"
Pazo de Beylerbeyi

Cruceiro polo Bósforo

O Bósforo é un estreito que conecta o Mar Negro co Mar de Mármara separando Estambul en dúas partes: a europea e la asiática. A lonxitude total do estreito é de 30 kilómetros e a anchura vai dende os 700 metros ata os case 4 kilómetros na saída ao Mar Negro.
O cruceiro polo Bósforo permiteunos desfrutar dunha fermosa travesía onde un guía en fala española nos ía explicando o máis importante do que íamos vendo: pazos, mansións, mesquitas, pontes...etc

Enormes trasatlánticos  e petroleiros cruzan o estreito do Bósforo que agora vai resultar máis caro, xa que Turquía quere quintuplicar a peaxe a petroleiros e mercantes a partires do 7 de outubro do vindeiro mes de outubro.

 Debaixo vemos o Museo Naval que é  o maior museo naval de Turquía e un dos poucos museos do mundo con esa variedade de colección. Contén máis de 20 mil obxectos, en especial artefactos militares pertenecentes á marina de guerra otomana.
Museo Naval

 
A Fortaleza de Rumelia é medieval e sitúase na parte europea do Bósforo.  Construida no S. XV por orden do sultán  otomano Mehmed  II, o complexo foi encargado  para un asedio otomano planeado na entón cidade bizantina de Constantimopla, co obxectivo de cortar o socorro marítimo, militar e loxístico que potencialmente podería acudir en axuda dos bizantinos a través do Estreito do Bósforo.

Despois da conquista otomana da cidade, Rumelia sirveu como posto de control aduaneiro e prisión ocasional, especialmente para as embaixadas dos estados que estaban en guerra co  imperio. Despois de sufrir grandes danos no Gran Terremoto de 1509, a estructura foi reparadae empregouse de forma continua ata finais do S.XIX.

Hoxe en día, a fortaleza é un museo popular aberto ao público e, ademáis actúa como un lugar ao aire libre para concertos de temporada, festivais de arte e eventos especiais.

Fortaleza de Rumelia

Vemos o Pazo de Ciragán, antigo pazo otomano que actualmente é un hotel de 5 estrelas.
Pazo de Cigarán

Pazo de Dolmabahçe. Foi o 1º pazo de estilo neobarroco de Estambul. É do S. XIX e está situado na parte europea.  O pazo serviu de principal centro administrativo do Imperio otomanoO candelabro de cristal máis grande de Bohemia, ten setecentas cincuenta lámpadas e pesa catro toneladas e media. O Dolmabahçe ten a maior colección de candelabros de cristal de Bohemia e Baccarat.
Pazo de Dolmabahçe
 
Dende aquí vemos a Mesquita de Ortaköy. Os sultáns do pazo de Beylerbeyi que vimos antes,  viñan a rezar a esta mesquita en góndola.No interior hai zonas reservadas para a familia imperial.Os altos ventanais están pensados para deixar pasar a luz do Bósforo, que se reflicte na auga creando un fermoso efecto. A mesquita está construida en pedra branca.

 Vemos tamén a Universidade de Galatasaray , pública e francófona. Está considerada como un dos mellores centros de ensino turcos. Foi fundada en 1992.
A universidade de Galatasaray é o primeiro colaborador de Francia en Turquía nos intercambios universitarios. Mediante o programa Erasmus a universidade acolle cada ano a 70 estudiantes europeos, a maior parte de universidades francesas. Asimesmo un importante número de estudiantes da Universidade de Galatasaray elixen Francia como destino.
Universidade de Galatasaray
Ponte de Gálata.-
Esta ponte atravesa o estuario ou brazo de mar coñecido como "Corno de Ouro". Une o vello Estambul coa zona máis moderna. Ten case 500 m de lonxitude e antes da actual houbo outras, 1º foi construida en 1845 e a que podemos ver actualmente é de 1992.
No nivel inferior da ponte hai varios restaurantes e cafeterías.
 
No restaurante "Mámara Balik" situado debaixo da Ponte de Gálata foi o noso xantar de hoxe nun fermoso restaurante ao pé do Bósforo cunhas vistas impagables.

Praza de Taksim.-
Está considerada a praza máis moderna da cidade na parte europea. A Praza Taksim é unha zona repleta de bares, restaurantes e algúns dos hoteis máis luxosos da cidade.
A moderna Praza Taksim

Vemos na foto seguinte o Monumento á República na Praza Taksim que conmemora a fundación da República de Turquía despois da guerra de Independencia.
Monumento á República
 Aquí tivemos tempo libre e sabíamos que estábamos moi cerca do barrio onde se rodou a serie turca "Mujer" que tanto éxito tivo no noso país. Valéndonos do móbil, sen preguntar a ninguén (era difícil, jeje...non sabemos turco e o inglés dos 5 que íamos é moi básico) chegamos en aprox. 3 minutos ao barrio de Tarlabasi. É incrible que en apenas uns metros pasemos dunha zona moderna, coidada, moi frecuentada a outra zona marxinal onde moita xente vive da recollida de residuos. Poucos turistas chegan aquí e a verdade é que nos pareceu que non é moi seguro achegarse a esta zona.
 
A mesquita que vemos na Praza Taksim foi inaugurada no 2021"Ademáis de ser un lugar de culto, a mezquita de Taksim será un dos centros culturais e artísticos máis importantes de Estambul coa súa biblioteca dixital e áreas de lectura e exhibición" dixo o presidente do país, Erdogan, na súa inauguración.
 
Da Praza Taskim parte unha rúa comercial peatonal: Istiklal Caddesi (Avd.da Independencia) chea de centros comerciais de todo tipo e con moitísima xente. De aprox. 3 km. de lonxitude está chea de vida.

Cando íamos camiñando fixámonos nesta igrexa. É a igrexa católica de S. Antonio de Padua
 
Foi construida por cidadáns de orixe italiano e o seu interior é bastante modesto.
 
Ao final da rúa rematamos vendo a Torre Gálata, un dos lugares máis chamativos da cidade. Ten  de altura  case 70 m.
A torre, foi construida en 1348 como parte da expansión da colonia xenovesa de Constantinopla.  A torre actual non é a mesma que a antiga torre de Gálata, orixinariamente bizantina que se encontraba nun lugar diferente e foi destruida durante a Cuarta Cruzada, en 1204

A parte cónica superior da torre modificouse en varias restauracións durante o periodo otomano, cando se utilizaba como torre de vixiancia.

Na década de 1960, foi sustituido o interior orixinal de madeira por unha estructura de formigón e abreuse  ao público. Nas plantas superiores hai un restaurante e unha cafetería, dende onde se disfruta dunhas magníficas vistas de Estambul e o Bósforo. Tamén hai local de festas onde se levan a cabo espectáculos turcos. 

Torre Gálata

Como o noso hotel de Estambul estaba moi céntrico, na zona histórica, o autobús non chegaba ata el e tíñamos que ir camiñando sobre 800m. aprox. para chegar a el. Cada vez que o autobús nos deixaba ou nos levaba faciamos o mesmo percorrido e pasamos sempre por diante da Estación Sirkeci, que era a estación do mítico Orient Express que percorría os 3094 km. que separan as cidades de París e Constantinopla (Estambul)
O edificio foi construido en 1890 seguindo os cánones da arquitectura otomana. A fachada de tonos rosáceos permanece tal como era. Non a vimos por dentro e foi unha pena xa que pasamos moitas veces por diante dela, aínda a maior parte da planta baixa está ocupada por un restaurante, así que non sei se sería viable.
A escritora Ágata Christie xa nos falou do Orient Expres na súa famosísima obra "Asasinato no Orient Exprés"
 
Unha locomotora a vapor está exposta ao pé da estación. Viaxar neste tren era moi caro, era un dos máis luxosos do mundo.



Outras fotos de Estambul:

En Estambul hai tranvías

Unha rúa de Estambul

Abundan os gatos nas rúas

Balat Antik Café

Entrada do noso hotel en Estambul

Piscina do hotel

Cafetería da piscina

Xardíns do pazo de Beylerbeyi

Ponte intercontinental sobre o Bósforo que une Asia e Europa

Barco que nos levou polo Bósforo

Barrio de Tarlabasi onde se rodou a serie Mujer

Anoitecer en Estambul

Ponte de Gálata. Estambul

Pasamos en Estambul 4 noites e 3 días nos que desfrutamos dunha cidade única, a min personalmente sorprendeume. Esperaba atopar outro tipo de urbe, máis pobre, máis árabe...pero atopamos unha cidade moderna, similar a moitas outras cidades europeas pero tamén moi diferente noutros aspectos: lembraremos a chamada á oración dende as mesquitas, as multitudes sobre todo nos lugares máis turísticos (esto foi o que menos me gustou), os minaretes de tantas e tantas mesquitas que hai, enormes algunhas, fermosas, impresionantes....Lembraremos os preciosos atardeceres, o navegar polo Bósforo con tanto tráfico marítimo, contemplando Estambul doutro xeito; a Cisterna Basílica que me encantou e sorprendeu porque nunca vira algo tan magnífico; lembraremos os suntuosos pazos que vimos, os Bazares cheos de mercadorías e de xente....
Marchamos de Estambul, primeiro Bizancio, despois Constantinopla, pero sempre unha cidade que merece ser visitada si ou si.

Páxinas web consultadas:
https://es.wikipedia.org
https://www.aa.com.tr/es/cultura/turqu%C3%ADa-inaugura-la-mezquita-taksim-en-estambul/2257575
https://www.laguiadeestambul.com/que-ver/parques-calles-plazas/la-plaza-taksim-estambul/
https://www.estambul.es/crucero-bosforo
https://www.estambul.es/