No ano 2020 fixemos o tramo Porto de Santa Mariña- Faro do Roncudo nun día de agosto feo, oscuro e con choiva pola tarde, por eso case 5 anos máis tarde quixen repetir este tramo. A intención era chegar ao Faro do Roncudo pero non puido ser porque este tramo (ao igual que outros) é ben duro e xa nos chegou facela ata a aldea do mesmo nome.
Características desta ruta:
Lonxitude: 8 km.
Dificultade: difícil
Ruta lineal ben sinalizada con marcas verdes. De tódolos xeitos o meu track en WIKILOC
Descripción:
Iniciamos a camiñata no Porto de Santa Mariña que pertence á parroquia de S. Xulián de Brantuas, concello de Ponteceso, no que hoxe nos moveremos.
Aquí só hai unhas pequenas casetas de pescadores para gardar os aparellos de pesca e outros útiles para a pesca artesanal.
 |
Porto de Santa Mariña (Brantuas- Ponteceso) |
Dende Santa Mariña e durante boa parte deste percorrido mirando cara atrás, veremos o Faro de Punta Nariga (concello de Malpica) ao lonxe.
 |
Faro de Punta Nariga dende Santa Mariña |
Empezamos a camiñata polo tipo de sendeiro que xa coñezo ben.
Imos pegados ao mar nun fermoso día solleiro aínda que frío.
Ao longo deste Camiño dos Faros veremos varias cruces chantadas nas rochas ao pé do mar, como lembranza de naufraxios que teñen sucedido nesta Costa da Morte ao longo dos anos.
A fermosa e temible costa que imos percorrer.
Ao pouco, alonxámonos do mar tomando un camiño. Ao empezar este, cando deixamos a costa había, polo menos no 2020, uns cabalos que hoxe, por máis que miramos, non vimos.
Imos uns metros (moi poucos) pola mesma estrada pola que baixamos antes en coche.
Deseguida, torcendo á dereita pillamos un fermoso camiño entre peches ancestrais.
As rochas de tódolos tamaño serán as compañeiras case inseparables da nosa andaina.
Os carreiros van estre elas e por derriba moitas veces...
Chegamos a un punto dende onde podemos ver xa a Enseada da Barda que percorreremos toda, primeiro por un lado e despois polo outro. No final da enseada está a recollida, pequena e fermosa Praia da Barda.
 |
Enseada da Barda. |
A baixada cara á Barda é moi técnica polo desnivel e o tipo de chan. Ás veces hai que agarrase coas mans ás rochas, o terreo é irregular e con moito desnivel...
Non teñen que envexar nada estas augas ás que vemos en fotos de países moi lonxanos. Son estas augas moi transparentes e dunha cor única!
A praia da Barda (barda en galego ten varios significados e un deles fai referencia a un lugar onde abunda o peixe) e debe ser certo porque vimos varias barquiñas de pescadores. A praia é un paraíso natural onde non hai máis nada que unhas casetas de pescadores.
 |
Praia Area Grande na enseada da Barda |
Un pequeno rego desemboca nesta praia.
Imos agora uns 200 metros pola estrada estreita que chega ata praia para desviarnos despois á dereita.
Camiñamos agora polo outro lado da enseada.
A Praia da Barda está separada por un promontorio rochoso que a divide e 2 praias coñecidas como Area Grande e Area pequena. Como curiosidade a praia máis grande (a única que pisamos) pertence á parroquia de Brantuas e a máis pequena, que contemplamos de lonxe, pertence á parroquia de Corme Aldea.
Se a baixada ata a praia da Barda foi complicada, a subida de agora non vai ser menos ás veces!
Que fermoso é este percorrido!! tamén duro, si, pero ao mellor esto o fai aínda máis atractivo.
Vemos o que deberon ser fincas de cultivo con antigos peches de pedra.
A
Punta do Castro e o carreiro por riba que percorremos.
O C
amiño dos Faros...unha ruta de montaña á beira do mar.
Agora o camiño métese ao interior para ascender á aldea do Roncudo, que xa podemos ver aló enriba.
Atravesamos un pequeno rego:
E despois dunha curta pero intensa subida chegamos á aldea do Roncudo que pertence á parroquia de Corme - Aldea. É unha aldea pequena con hórreos típicos da zona que dan idea da actividade que tivo este lugar no pasado.
 |
Aldea O Roncudo |
As vivendas teñen fortes muros de pedra que as protexían nos crudos invernos. Actualmente vimos varias casas restauradas e unha delas dedicada a Turismo Rural.
 |
Aldea O Roncudo |
 |
Hórrreos no Roncudo |
Ao Roncudo foi recollernos para levarnos de novo a Santa Mariña, o noso taxista de confianza, Julio Souto, ao que xa coñecíamos das primeiras etapas deste Camiño dos Faros. Unha persoa moi amable e faladora que sempre nos pon ao día de cousas que pasan nesta Costa da Morte.
Páxinas web consultadas:
https://www.caminodosfaros.com/puerto-de-santa-marina-2/https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/playa-praia-da-barda-en-ponteceso/