Sabía que había esta nova ruta en Santalla, aínda que para min o percorrido non é novo porque xa o coñecía integramente. Este percorrido que é o da Mina Carmina ou As Talladas eu fíxeno non hai moito e a aldea e a área recreativa de Ferreira tamén a coñecía desa mesma ruta e da Ruta da Coba.
A este percorrido decidiron engadirlle obras de arte fusionando arte contemporánea, natureza e etnografía integrando máis de 20 obras de arte (esculturas, pinturas, forxa...) combinadas co gran patrimonio etnográfico local como a Casa Museo do Marqués de Sargadelos e aldeas tradicionais (Ferreirela, Ferreira, As Talladas, Caraduxe...) xunto co enorme e fermoso patrimonio natural en forma de bosques autóctonos, pontes moi antigas e os ríos Agüeira e Barcia.
Características da ruta:
Lonxitude: 11,8km
Dificultade: Baixa. (Hai que ter en conta un pequeno tramo de baixada ao río Barcia con chan irregular pero nada que un aficionado/a sendeirista non poda facer)
Ruta circular ben sinalizada. De tódolos xeitos, o meu track en WIKILOC
Descrición:
Partimos da Praza Pepe de Pérez, no mesmo centro de Santalla onde hai un cartel explicativo desta ruta.
Vistas dende a Praza Pepe de Pérez nun día frío e con néboa.
 |
| Santalla de Oscos |
A foto seguinte, pertencente a outra ruta, mostra a Praza Pepe de Pérez nun día solleiro.
 |
| Praza Pepe de Pérez, o epicentro da vila de Santalla. |
Baixamos unhas escaleiras ao pé do parque infantil e atopamos a 1ª obra de arte (Bueno, foi a 1º que vimos dende o cartel anunciador, dicir que vimos practicamente todas, agás algunha que está algo escondida e pasou desapercibida.)
Chámase "A Servanda" e está feita en ferro. É un homenaxe ás mulleres rurais de Santalla, sobre todo ás fiandeiras. Foi forxada en 2023 por máis de 40 ferreiros e artesáns da zona.
 |
| A Servanda |
Saimos de Santalla contemplando esta paisaxe outonal e mortos de frío!!!
Deseguida deixamos o asfalto para pillar á esquerda.
Un carreiro outonal no que atopamos a 2ª obra: Guardián, escultura en ferro realizada por
Friedrich Bramsteidi
 |
| Guardián |
A seguinte, é a 3ª obra que vemos. Forma parte da colección de poemas que atoparemos chamada "Sentires". É un poema de Alberto Calvín. Se tes interese en saber máis deste escritor de Taramundi, preme no enlace seguinte.
Este poema titúlase "Poema á cociña lareira" e a min paréceme moi fermoso sobre todo a última estrofa que di:Cantas casiñas de aldea
que van morrendo entre silvas
se fixeron pedra a pedra
con esforzo e mil fatigas.
 |
| Sentires. Poema á cociña lareira. |
Xa ao pé da estrada que nos leva a Ferreirela, atopamos esta obra de Natalia Suárez representado cogomelos silvestres
 |
| Cogomelos |
Moi cerca da anterior temos este cervo. A obra chámase "Encuentro en el bosque". Foi elaborada por Olga Busóm con vimbio. |
| Encuentro en el bosque |
Entre a néboa, aló embaixo vemos A Ferrería.
A 6ª obra que vemos chámase "Renacimiento Arbóreo" elaborada polos artistas de NumenArt que integran obras clásicas nos troncos de árbores, neste caso representando a mulleres pintoras doutras épocas e que foron pouco recoñecidas no seu momento.
 |
| Renacemento Arbóreo |
Fermoso entorno chegando a Ferreirela de Riba onde pillaremos un camiño para Ferreirela de Baixo
Camiño a Ferreirela de Baxo

En Ferreirela de Baixo hai dous hórreos asturianos, este que vemos ten debaixo un carro antigo e unha pedra de afiar. Nesta zona, os carros, ademais de servir para as labores agrícolas, empregábanse para sacar o ferro. Non hai que esquecer que os Oscos foi unha zona de gran producción de ferro e deste feito dan testemuña os nomes de aldeas que hoxe vemos: A Ferraría, Ferreirela de Riba e de Baixo, Ferreira...En cada casa había un carro.
Na parede desta casa atopamos outra obra de arte: Corro de Bruxas de Natalia Suárez.
 |
| Corro de Bruxas |
Na que hoxe é Casa Museo do Marqués de Sargadelos naceu Raimundo Ibañez, que foi un comerciante, industrial e ilustrado que construeu a 1ª fábrica privada de fundación de ferro en España e a fábrica de porcelana de Sargadelos. (S. XVIII e principios do XX)
 |
| Casa- Museo do Marqués de Sargadelos |
Abandonamos Ferreirela de Baxo por este carreiro. Cando fixen a Ruta da Mina As Talladas este carreiro tiña a herba moi alta e baixaba anegado.
Este gatiño negro acompañounos durante un bo treito (Ata As Barreiras)

O gato que nos segue. Era moi mansiño e deixaba tocarse. Estaba limpo, brilante e levaba un collar.

Que paisaxes hai nos Oscos!!!

Atopamos unha bifurcación na que vemos a 8ª obra: "Limaco Xigante" de Cristian Marne. |
| Limaco Xigante |
Baixamos cara as Barreiras e o gato non nos abandona.

A 9ª obra que vemos é a do recoñecido muralista de Lugo, Diego As que pintou nunha pedra "Nosa Bola" (avoa en linguaxe chamado "a fala") |
| Nosa Bola |
Fermosísimo camiño que nos achega as Barreiras.

Xa cando coñecín esta aldea na ruta anterior me namorou. Está enclavada nun entorno precioso, un val ao do río Agüeira que cruzaremos pola ponte de pedra que vemos na foto. Unha ponte que ten sido de madeira pero que as riadas levaban e obligaron a construir unha de pedra.
 |
| As Barreiras |
Ademais da paisaxe, nesta aldea tamén de disfruta coa etnografía e con esas paredes de pedra e tellados de pizarra que tanto representan a esta zona, donde o ferro e a agua están presentes alá onde se mire.
 |
| As Barreiras |
As obras de arte que atopamos aquí non son recentes, aquí xa tempo atrás, un dos seus veciños, Antonio Martínez, un auténtico artista da cantería, según afirman outros artesanos da zona, tallou en pedra diferentes caras, todas con distintos xestos, que denotan, por conseguiente, outros tantos estados de ánimo, e que colocou polos recunchos máis curiosos da súa aldea. Nós so vimos tres pero hai bastantes máis.
A obra chámase Paisanos.
 |
| Paisanos |
 |
| Paisanos |
As Barreiras tivo un dos máis importantes mazos e ferraría da zona. Daqueles anos de bonanza, daquel tempo no que era algo cotiá escoitar, grazas á forza da agua, o rítmico martelear do mazo sobre o ferro candente xa só quedan as ruinas. A finais do S. XVIII había en todo Santalla 5 mazos o que consta o bo momento que viveu esta industria nesa época. Este de As Barreiras é xa do S. XVII.
 |
| Restos do antigo mazo en As Barreiras |
É indudable o encanto deste lugar. Pasealo, fotografalo e respectalo na medida en que somos "xente de paso" son placeres para quenes sabemos o que realmente merece a pena. |
| As Barreiras |
A maioría das casas de As Barreiras están, segundo imos camiñando, na marxe dereita do río. Esta que vemos na foto está do oiutro lado do río, é enorme e estaban traballando nela, parece que está en pleno proceso de restauración.
Outra cara que vimos máis alonxada das anteriores.
 |
| Paisanos |
E como en tódalas aldeas, non podía faltar a capela que neste caso, é o edificio máis novo da ladea.
Capela en As Barreiras
Marchamos desta fermosa e abandonada aldea por este fermoso carreiro:
Ao pé desta fermosa vivenda restaurada topamos coa estrada que nos vai levar a Ferreira, un pouco máis adiante.
Vistas dende a estrada que nos leva a Ferreira. O outono deixase sentir nas árbores ao pé do río Agüeira.
A 11ª obra que atopamos trátase de Faunia/tritón feita en ferro por Keiko Shimizo. Se queres saber máis desta artista que deixou Xapón para instalarse en Santalla.
 |
| Faunia/Tritón |
A nosa esquerda, aló embaixo ao pé do río, Parada. É un lugar moi pequeno con dúas vivendas.
 |
| Parada |
A 12ª obra de arte é un Sentires/El Gaspe. Relato costumbrista anónimo.
 |
| Sentires. El Gaspe. Relato costumista |
Dende As Barreira ata Ferreira imos 1km. por esta estrada.Ferreira nos anos 2004 e 2005, viveu unha rexeneración integral coa pavimentación de camiños interiores e acondicionamento da estrada de acceso á mesma. Foi construida tamén unha rede de saneamento e de abastecemento de auga.
 |
| Ferreira |
Tamén se instalou o alumeado público e canalizouse soterradamente a rede de telefonía. Ferreira ten algo máis de 20 vivendas pero de forma continuada só estaban habitadas 3 no 2019. Este hórreo é o que sae en tódalas fotos desta aldea.
 |
| Ferreira |
Pista de cemento baixando á area recreativa de Ferreira:
Entramos a área recreativa cruzando esta ponte de pedra sobre o Agüeira. (É a segunda vez que atravesamos este río por antigas e fermosas pontes de pedra.)
 |
| Ponte sobre o río Agüeira |
Esta área recreativa conta con mesas, bancos, zona infantil, praia fluvial e aluguer de canoas.  |
| Área Recreativa de Ferreira |
Este peixe é novo nesta área recreativa; cando eu fixen a ruta da Mina de As Talladas no 2024 non estaba. Penso que forma parte das obras desta Ruta con Arte.
 |
| Área Recreativa de Ferreira |
Neste ano 2026 esta área recreativa foi renovada e instaláronse tamén baños adaptados e peche de pizarra.
 |
| Área Recreativa de Ferreira |
Subimos agora pola pista de cemento e voltando a vista atrás vemos unha imaxe preciosa: Ferreira aló enriba, os verdes prados e o río Agüeira ao pé de nós con esa arboreda exuberante.
Aí temos a aldea de As Talladas, coñecida porque pasan por ela dúas rutas de sendeirismo, esta que estamos a facer e a da Mina As talladas ou Carmina. Está a 435m. de altitude e a súa estructura é tradicional coas vivendas en pedra e pizarra. Actualmente está abandonada.
 |
| As Talladas |
"De pronto me topé con ella,
estaba en un recoveco del viejo camino,
sola, triste, abandonada..." (Jorge Jimenez)
 |
| As Talladas |
E non podía faltar tampouco a capela no máis alto da aldea. |
| Capela en As Talladas |
Así van quedando as nosas aldeas...esta é asturiana pero en Galicia ocorre o mesmo. |
| As Talladas |
E aquí temos a bifurcación indicando a dirección se fosemos ata a mina As Talladas.
Baixamos agora entre unha carballeira.
A atopamos a dúas chicas que estaban colocando ou revisando estas obras de arte. A que vemos a continuación, é a número 14. Pertence á instalación de "Renacemento Arbóreo" rendendo homenaxe ás mulleres .
 |
| Renacemento arbóreo |
Estas pedras suspendidas por un ferro non estaban a última vez que eu pasei por aquí. É obra de recente creación e non sei o significado.
Agora imos por un carreiro a media ladeira dun monte e a paisaxe cambia drasticamente.
Atopamos a seguinte obra de arte: (A nª 16) O autor é Leandro Barea que xoga coa súa ironía e humor característico, transmitindo estas mensaxes: - O refuxio nas propias emocións: o debuxo amosa a un personaxe contorsionado que introduce a cabeza dentro dun corazón. Ao estar instalada neste miradoiro natural, invita ao espectador a deixar a un lado as preocupaciónse conectar co latido do entorno natural. É unha metáfora visual da desconexión e tomarse un respiro.
- Risrse dun mesmo, fiel ao estilo do autor, a postura esaxerada e case absurda do personaxe quita solemnidade ao concepto de agobio emocional.
 |
| O refuxio das propias emocións |
O carreiro vai entre piñeiros.
Agora vemos Parada dende o outro lado e a estrada pola que pasamos antes. Atopamos outra obra que representa a cabeza dunhas vacas.
Parada, aí ao fondo.
A parte esquerda de por onde camiñamos é unha zona aberta que tamén nos ofrece estas vistas:
Empezamos a baixar cara ao río Barcia e a paisaxe volve cambiar:
Outra obra de arte posta recentemente: trátase dunha columna de casas de paxaros en madeira con teitos de lousas. É parte do proxecto impulsado por NumenArt.
 |
| Casas de Paxaros |
Chegamos á Ponte sobre o río Barcia que é nova. Cando eu pasei por aquí en 2024 era de madeira.
 |
| Ponte sobre o río Barcia |
E na ponte tamén nos agarda a sorpresa doutra obra de arte (nª 18) Dous marcos, un de cada lado da ponte que en estilo clásico ou barroco invitan a deterse e mirar a través deles como nós fixemos.
 |
| Marco |
 |
| Marco |
Por este fermoso carreiro accedemos a outra aldea deseguida:
Caraduxe está a 3,5 km. de Santalla e non sei se alguén vive aquí, ver non vimos nin oímos a ninguén. Vimos unha vivenda que é a sede de Duxemiel Apiturismo e Productos Apícolas, un proxecto local onde se pode coñecer o mundo das abellas e degustar mel, polen e xalea real.
"Duxemiel es una empresa familiar que te ofrece productos apicolas y te invita a conocer el mundo de las abejas a través del Apiturismo." Esto é o que din no seu perfil de facebook.
Os habitantes de Caraduxe eran coñecidos co apodo de "ruxe". No ano 2020 contaba con 7 habitantes.
 |
| Caraduxe |
Vistas dende Caraduxe ao espectacular paisaxe dos Oscos por lugares que percorremos nesta ruta.

Dende Caraduxe ata Santalla imos todo pola estrada .
Aínda que é unha estrada fermosa e pola que non pasa practicamente ninguén (bueno...hoxe había cazadores) son 3km. que funden moito.
Pasamos de novo por Ferreirela de Riba.
 |
| Ferreirela de Riba |
O seu nome fai referencia á gran tradición das antigas ferrarías e industrias do ferro presentes na comarca dos Oscos dende o S. XVII.
Sabiades que moitas das construccións dos Oscos foron feitas por canteiros galegos?
 |
| Ferreirela de Riba |
Ao pé da estrada, meténdose uns metros para dentro, nun miradoiro natural, temos a seguinte obra : dúas landras elaboradas en madeira por Eugenio Linares.
 |
| As landras |
Deseguida aparece a seguinte, dentro de Sentires, un relato costumista de Valentín Gayoso chamado El Demo y el Cuco |
| Sentires. El demo y el Cuco |
A seguinte, (nº 21) foi colocada moi recentemente. É unha obra en bronce chamada La espera , obra do escultor galego Miguel Couto.
 |
| La espera |
A Curuxa, feita en ferro pola artista xaponesa afincada en Santalla Keiko Shimizo. |
| A Curuxa |
Xa vemos Santalla. Pouco falta para chegar. |
| Santalla de Oscos |
A última obra que imos ver é esta: Sentires, Por amor á vida. Un precioso relato de Vanessa Villamarzo.
 |
| Sentires. Por amor á vida. |
E ata aquí esta fermosa e cultural ruta que se di que vai seguir incrementando a posta de máis obras de arte, razón para volver a facela, aínda que sempre merece a pena este percorrido sexa con obras ou sen elas.
Xantamos en Casa Pedro a un prezo de 22€ o menú de fin de semana. Non había moita variación (dous primeiros e dous segundos) pero suficiente para poder escoller. Aínda que tiñamos reserva, tivemos que agardar 15 m. aprox. para poder sentarnos porque estaba a tope de xente. A atención, moi boa e a preparación da comida tamén estaba ben.
Páxinas web consultadas:
https://www.lne.es/asturias/2019/12/05/guia-secreta-asturias-miradas-piedra-20436319.html
https://www.aquidiario.com/
https://entrebosquesypiedras.blogspot.com/2017/11/de-ferreirela-de-arriba-talladas-santa.html