domingo, 20 de outubro de 2024

QUINTANILLA, CARTES, COVA EL SOPLAO, POTES (CANTABRIA)

Á esquerda, o restaurante onde xantamos en Quintanilla

O sábado 12, comemos en Quintanilla, unha pequena vila que pertence ao concello de Lamasón. Aínda non chega aos 100 habitantes e aínda así é a localidade máis poboada do concello.

Estamos nunha zona onde predominana as montañas, os vales e os bosques. Unha zona paisaxísticamente preciosa!

En Quintanilla tamén hai grandes casonas:


Aló ao fondo vemos a Igrexa de Santa Mª 


CARTES
É un concello que xurdeu ao longo do camiño tradicional Besaya- Castela. Ten unha excelente arquitectura civil montañesa.
Esta vila está estructurada nunha sola rúa como a disposición que tiña na I Media e soubo conservar.
No S. XVIII o Marqués da Ensenada mandou construir o Camiño real de Santiago a Reinosa para mellorar as comunicacións e posibilitar o mercado de productos agrícolas. Non é difícil de entender a forma alargada da vila e que tódalas vivendas se estructuren ao longo desta rúa.

O Torreón de Cartes

É famoso o Torreónunha casona medieval unida por arcos apuntados. Foi construida pola familia Manrique para defenderse dos señores de La Vega (actual Torrelavega) cos que estaban enemistados. Foi sede de Xustiza, residencia do correxidor condal e actualmente despois de ser rehabilitada é un Museo de Divulgación ciéntifica. 

O Torreón de Cartes

Cartes está declarada Conxunto Histórico Artístico polas súas casonas con escudos milenarios, por exemplo.

A Casa do Capitán D. Miguel Velarde ostenta un gran escudo, ao igual que outras máis.

Casa do Capitán Miguel Velarde

Por aquí pasaba a Ruta do Besaya que foi un eixo de gran importancia económica xa que por aquí pasaba a ruta da lana e do trigo de Castela cara a Europa.

A Casona dos Obregón é de finais do S. XVII

Casona dos Obregón

A Casona Quijano Mier é de principios do S XVII e ten un enorme escudo e unha porta co dintel en pedra decorado.
Casona Quijano Mier

A capela da Divina Pastora é do S. XVIII e durante anos estivo dedicada ao culto.

Capela Divina Pastora

Casa de Dona Melchora Quijano foi reformada a finais do S. XVIII foron na súa orixe dúas vivenda mandadas construir por un membro da Inquisición. A finais do S. XVII foi reformada esta casa engadindo a capela do Santísimo Cristo das Dores.

Casa de Dona Melchora Quijano

Unha rúa de 500m. con moitos outros edificios cargados de historia.


Nesta Casona dos Quijano-Rasa está a Casa Consistorial de Cartes.
Concello de Cartes

Puebla de los Ángeles é un palacete neogótico do S. XIX  así chamado porque o mandou construir un home que marchou a América e voltou dende Puebla de los Ángeles (México)

Palacete Puebla de los Ángeles

Benito Pérez Galdós está relacionado con esta vila porque o seu libro "Marianela" está ambientado nesta vila á que o escritor na novela chama Socartes.

COVA EL SOPLAO

Situada na Serra de Arnero, a unha altitude de 540m está considerada unha cova única a niven mundial pola calidade e cantidade das súas formacións xeolóxicas. Ten 20km. de lonxitude pero só son visitables 4 km.

A cavidade foi descuberta casualmente polos mineiros durante unha perforación "Los mineros denominaban soplaos a las cavidades kársticas que cortaban en sus trabajos y que creaban fuertes corrientes de aire" (https://es.wikipedia.org/wiki/Cueva_de_El_Soplao)

Nesas minas explotábase cinz e chumbo ata finais dos anos 70.

No ano 2005 foi aberta ao público

Eu non entrei a velas porque xa as visitara noutra viaxe a Cantabria había uns anos.

Mentras esperabamos, desfrutamos da impresionante paisaxe:


A mina conta con tenda de recordos, cafetería, aseos, terraza...e no exterior unhas vistas impresionantes!

POTES

Capital da comarca do Liébana con aínda non 2000 habitantes habituais pero con moitísimas visitas a diario que fan medrar esta poboación. Dende 2019 está catalogado como un dos "Pueblos máis fermosos de España"

Rodeado de montañas, Potes é a porta de entrada aos Picos de Europa. Os ríos Quiviesa e Deva únense aquí e é tamén chamada "A vila das Pontes"


A Praza Capitán Palacios é un punto neurálxico da vila 
Praza Capitán Palacios
Ruas con soportais:

A Torre do Infantado é do S. XIV. Actualmente é un lugar de exposicións.

Torre do Infantado

Perdéndose polas rúas de Potes decubrimos antigas casas:




A igrexa de S. Vicente é un edificio composto  por espacios que corresponden a diversas etapas constructivas, cunha cronoloxía que vai dende o S. XIV ao XVIII e polo tanto con estilos arquitectónicos que van evolucionando, dende formas góticas a renancentistas e barrocas.
Igrexa de S. Vicente en Potes

E esta foi a nosa viaxe á fermosa Cantabria . Vimos moito pero aínda queda moito por ver...
Hai que volver!!

Páxinas web consultadas:

https://es.wikipedia.org/wiki/Antigua_iglesia_de_San_Vicente_(Potes)

https://www.viajesyrutas.es/2021/02/que-ver-en-cartes-cantabria.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario