venres, 18 de outubro de 2024

MOGRO, BÁRCENA MAIOR E CARMONA (CANTABRIA)


MOGRO.-

Mogro pertence ao concello de Miengo. É un lugar turístico cunha gran beleza paisaxística pola súa fermosa ría formada pola desembocadura do río Pas no Cantábrico.

O noso hotel estaba xusto a pé de praia, nesa fermosa desembocadura do río Pas. Algunhas fotos que demostran a fermosura do lugar:



Dende un miradoiro algo alonxado do noso hotel:





O sábado, 12 de outubro visitamos:

BÁRCENA MAIOR.-

Cantabria ten unhas vilas moi, moi fermosas. As máis coñecidas son as que están ao pé do mar pero no interior ten tamén lugares que merece moito  a pena visitar!!

Bárcena Maior foi declarado no 1977 Conxunto Histórico Artístico e atópase entre un dos "Pueblos más bonitos de España" dende 2015 É o único núcleo de poboación incluido no Parque Natural Saja Besaya e pertence ao concello de Los Tojos. En Bárcena aínda non viven 100 habitantes.

O antigo lavadoiro e a fonte

A chamada "Casa do Calexón" ten un corredor e un soportal, típicos na construcción en Cantabria. O deterioro da fachada premite que vexamos como se construía: un entramado de columnas de madeira con recheo de pedra en seco.
Casa do Calexón

Algunhas casas foron reconvertidas en restaurantes ao chegar o turismo.


A vila forma un conxunto homoxéneo e ben conservado da arquitectura tradicional de Cantabria.
Vemos casas adosadas que comparten parede medianeira o que supón un aforro importante. Normalmente, os seus moradores estaban unidos por lazos de parentesco.

A vivenda que ten branco na parte de arriba foi a a antiga escola e tamén onde se grabaron algunhas escenas da película "Los días del Pasado" do director cántabro Mario Camus. Actualmente é unha tenda de artesanía.


"As Casas Xemelgas" Orixinariamente, estas casas formaban un so edificio que foi separado para crear vivendas separadas. Esto era propio entre propietarios con vículos familiares. Tamén sucedía en Galicia.

A casona dos arcos foi a Casa Rectoral. É do S.XVIII e un dos mellores exemplos de casa montañesa. Está realizada en pedra de gran calidade e ten dous arcos de medio punto que dan paso a un soportal. Ten un reloxo de sol.


Parece un lugar de postal!! Hai unha foto en cada recuncho!!

"Las casas, hasta el siglo XVII eran de una planta pero hay un hecho histórico que cambia la forma de construir: la llegada a América en 1492. Nos aportan nuevos alimentos como el tomate, el cacao, la patata y uno de los alimentos más consumidos: el maíz. Durante el siglo XVI se introduce el maíz, llegando a Cantabria un poco más tarde, en el siglo XVII. Se adapta perfectamente y se producen excedentes que permiten comerciar mejorando así la economía y la alimentación de aquella época. Las casas pasan de una planta a dos, haciendo del segundo piso llamado “solana” un lugar idóneo para secar el maíz, haciendo así que desaparezca el hórreo que hasta entonces existía. Mientras en Asturias y Galicia por ejemplo se siguen conservando, aquí casi llegó a desaparecer quedando hoy en día muy pocos". (https://www.esenciadecantabria.com/disfruta/turismo-cultural/visitas-autoguiadas/barcena-mayor)


O río  Argoza é curto (24 km)e o seu percorrido abarca case por completo o Parque Natural Saja-Besaya pasando por Bárcena Maior. Desemboca noutro río: O Saja. As casas que vemos de frente forman o chamado "Barrio da Ponte".

A Ponte de pedra sobre o Argoza. Foi reconstruida no S. XIX depois de ser destruida por unha riada.

Ponte de pedra sobre o río Argoza

Rúas empedradas, balcóns de madeira...os elementos naturais son os únicos que vemos.

Bárcena Maior é unha das vilas máis antigas de Cantabria e soubo conservar o seu espíritu tradicional e rural.


A igrexa de Bárcena Maior é do S. XVII en estilo barroco montañés e está totalmente integrada entre as vivendas vila. Resulta difícil sacarlle unha foto na que só saia ela.

En xullo deste 2024 foi inaugurado en Bárcena Maior o Centro de Interpretación "Las Lavanderas" rendindo homenaxe a tódalas mulleres que no pasado lavaban a roupa nos ríos e lavadoiros das aldeas e vilas.

O centro consta de varias figuras que representan as lavandeiras xunto a uns carteis informativos e didácticos, un conto e un poema.


CARMONA

Pertence ao concello de Cabuérniga, está declarado Conxunto Histórico Artístico e dende 2019  está catalogado como un dos "Pueblos Bonitos de España".

O Palacio de Mier ou de Rubín de Celis é o mellor edificio de Carmona e combina a casona montañesa coa arquitectura barroca da época dos Austrias.

Palacio Rubín de Celis ou de Mier

Carmona é coñecida como "A flor dos albarqueiros", artesáns que traballaban a madeira facendo albarcas ou abarcas, calzado típico do rural que permitía illar o pé da humidade do chan. (En galego chamámoslles madroñas)

Na rúa do sol podemos ver este monumento ao símbolo de Carmona: as madroñas.

Casonas con arcos, con grandes balconadas e soportais onde medran as flores.

A vaca de raza Tudanca é propia de Cantabria. En Carmona celebrábase a "Pasá de Carmona", desfile de gando a finais do verán cando voltaban de pastar dos portos de montaña.

A Igrexa de Nosa Señora da Asunción foi construida no S. XVIII

Casas escalonadas adaptándose ao terrreo  e adosadas unhas a outras recordan bastante ás de Bárcena Maior.

A Casona de La Vera que vemos na seguinte foto, é unha casona barroca do S. XVIII. No interior do soportal e nas ventanas da 1ª planta aparecen motivos vexetais tallados na pedra. como decoración.

Casona de la Vera

Escoitei comentarios de que Bárcena Maior era máis fermosa ca Carmona. Depende dos gustos de cadaquén. Bárcena é dende logo preciosa pero máis turística. A min Carmona gustoume moito tamén, é máis aldea, máis rustica, ao mellor non tan coidada...pero ten o encanto do sinxelo...

Monumento á vaca  tudenca, símbolo e identidade de Carmona, xunto coas madroñas.

O río Quivierda é un pequeno afluente do Nansa. Fórmase aquí en Carmona pola confluencia de 3 regos.

Ao cruzar o río temos  barrio da Pesa con casiñas máis pequenas e humildes.
 

Páxinas web consultadas:

https://www.esenciadecantabria.com/disfruta/turismo-cultural/visitas-autoguiadas/barcena-mayor

https://www.guiarepsol.com/es/viajar/vamos-de-excursion/pueblos-bonitos-en-cantabria/

https://www.eldiario.es/cantabria/ultimas-noticias/inaugurado-barcena-mayor-primer-centro-homenaje-cantabras-lavaban-rio-lavaderos_1_11528732.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario