Nunca fixera unha ruta no concello de Monterroso e hoxe guiándome por un track que vira fixen unha que ampliei e mellorei quitando un tramo de estrada con bastante tráfico.
Monterroso é un concello capital da comarca da Ulloa. Os outros dous concellos que forman esta comarca son Palas de Rei e Antas de Ulla.
O nome do concello vén de que no S. XII se asentaron xentes aquí a vivir no que daquela sería un monte.
O concello conta con pouco máis de 3500 habitates e está practicamente situado no centro de Galicia. É un concello dunha extensión considerable e conta con 29 parroquias.
Eu calificaría a ruta de hoxe como "Da Pedra e da Auga" porque a pedra é protagonista nos numerosos peches ancestrais que se ven, en moitas casas, na área recreativa A Peneda...e a auga é outra protagonista desta ruta xa que camiñaremos a maior parte do percorrido ás beiras do Ulla.
Características desta ruta:
Lonxitude: 9,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalización ningunha. Necesario un track. O meu en WIKILOC
Descripción:
Para realizar esta ruta, partín dende a igrexa de S. Miguel de Monterroso, no centro da vila. Este templo está construido con sillares de granito.
Templo de S. Miguel en Monterroso |
Outra vista do templo:
Templo de S. Miguel en Monterroso |
O track que seguín lévame agora pola estrada LU-221 case 2km. pero eu modifiquei o traxecto e aos 600 m. desvieime a Esporiz que merece moito a pena xa que unha aldea moi fermosa e despois, en lugar de voltar á estrada, atopei un camiño perfectamente transitable que me alonxou da estrada.
Chamoume a atención os moitos carballos que vin.
Estrada a Esporiz. |
A parroquia de Esporiz ten unha boa riqueza patrimonial como a igrexa de S. Miguel, un miliario romano, numerosos sarcófagos...
Esporiz |
Esporiz é unha pequena e fermosa aldea
Esporiz |
Esta igrexa foi a parroquial de Monterroso ata que se construeu a actual na propia vila, no S. XX.
Igrexa de S. Miguel de Esporiz |
Na seguinte foto vemos a súa fachada románica.
Igrexa de S. Miguel de Esporiz |
A pedra é protagonista en Esporiz nos muros, cabozos, casas...
Esporiz |
A Esporiz podíaselle chamar "A aldea de Pedra"
Desemboco nunha estrada local.
Non deixo de ver carballos centenarios.
Atraveso o lugar de Cariza da parroquia de Esporiz.
Cariza |
Bidouredo |
Un cabozo típico desta zona en Bidouredo. É de estilo Portomarín con construcción mixta de madeira e pedra. É o máis estreito de todos e a cuberta pode ser de pizarra ou tella, neste caso é de tella.
Hórreo en Bidouredo. |
Igrexa de Santiago de Bidouredo |
Igrexa de Santiago de Bidouredo |
Cemiterio en Bidouredo |
En moi poucos metros chego ao río Ulla.
Río Ulla
Antigos carballos á beira do Ulla.
Desemboco na estrada LU- 640. Unha ponte moderna cruza o Ulla e ao pé hai esta de pedra máis antiga, chamada Pontepedriña. Estas pontes separan os concellos de Monterroso e de Antas de Ulla. Estamos no lugar de A Pedriña, na parroquia de Bidouredo aínda.
Pontepedriña |
Estou a piques de entrar na Área Recreativa de A Peneda. Polo que xa vexo, promete...
É un lugar máxico, precioso, con 3 protagonistas: a auga do Ulla, a pedra e as árbores.
Área Recreativa da Peneda |
Elementos etnográficos como rodas de antigos muíños son aproveitadas como mesas situadas en lugares estratéxicos.
Área Recreativa da Peneda |
Unha inmensa piscina que aproveita a existencia dunha antiga presa que canalizaba auga para os muíños. Foi a 1ª piscina da área recreativa e aínda segue habilitada para o baño. Actualmente existen outras dúas construídas a principios do S. XXI diferenciadas por idades.
Área Recreativa da Peneda |
Área Recreativa da Peneda |
Mesas e bancos estratexicamente situados.
Despois da zona de auga, a zona verde inmensa, unha carballeira que agora no inverno está espida pero que axiña dará boa sombra.
Área Recreativa da Peneda |
Área Recreativa da Peneda |
Área Recreativa da Peneda |
Área recreativa da Peneda |
Área recreativa da Peneda |
Área recreativa da Peneda |
Pazo de A Laxe |
E dende a praza anterior xa estamos case ao pé do inicio desta ruta.
Páxinas web empregadas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Monterroso
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2018/08/san-miguel-de-esporiz-monterroso.html
https://www.monterroso.es/es/ferias-y-fiestas