sábado, 31 de outubro de 2026

PICO POUSADOIRO DENDE A ÁREA RECREATIVA DO MESMO NOME

 A Serra da Calabaza sitúase no occidente asturiano, no concello de Castropol, aínda que o Pico máis alto da mesma, O Pousadoiro, pertence ao concello de Tapia de Casariego.

Hoxe fixen unha ruta ata ese pico. Busquei tracks para seguir pero todos eles deseñaban unha ruta de ida e volta polo mesmo sitio. A min non me gusta nada facer así as camiñatas, odio voltar ao punto de inicio polo mesmo sitio, polo tanto planifiquei unha ruta diferente circular que quedou moi fermosa aínda que cun tramo por un camiño con certa dificultade.

Características da ruta: 

Lonxitude: 8 km

Dificultade: moderada

Ruta circular. Imprescindible seguir este track

Descrición:

Aparquei na área recreativa do Pousadoiro situada nun cruce de estradas. Estou no concello de Castropol

Neste lugar aparquei o coche.

Hai un cruce de estradas e camiños nesta área recreativa.


Empezo por este ancho camiño en moderado ascenso.

A medida que vou subindo, teño o regalo das montañas á dereita.


O camiño está perfectamente acondicionado para camiñar. Á dereita, na terra parda que vemos, hai unha plantación moi recente de castiñeiros.

"Plantación de castaños autóctonos para la creación de un sumidero de CO2 que compense la huella de carbono generada en el desarrollo de las IV jornadas ornitológicas de la Ría del Eo" Esto é o que se pode ler nun cartel que colocaron alí.




Deixamos as vistas anteriores porque xiramos á dereita por estre estes piñeiros:

Camiño de subida ao Pico Pousadoiro.

As vistas dende aquí, a máis altitude, son practicamente as mesmas que vin contemplando durante case todo o percorrido.


Dende o Pico Pousadoiro temos tamén vistas a Ribadeo e outras zonas da costa galega e  asturiana.


 Un vértice xeodésico é un punto de posición xeográfica para medir o territorio e elaborar mapas topográficos. Consta dun pilar cilíndrico de formigón situado sobre una base cúbica.
Vértice xeodésico

Vistas á costa asturiana dende o Pico Pousadoiro.


Non é doado de atopar o carreiro de volta, hai que buscalo cerca da antena de comunicación que hai ; seguindo o meu track non debería haber problema.


Percorremos este carreiro durante uns 200m. 


Desembocamos nun camiño que se nota que hai tempo ninguén percorre. Non hai toxos nin silvas, só unha herba moi alta e moita humidade.


Nótanse ben as antigas rodeiras dos carros, podemos ir por elas ou ben pola herba.

O camiño está dificultoso durante 1 km pero está rodeado de árbores fermosas!


Paso polo medio dun bosque de piceas (xénero das coníferas) precioso!!!


A piques de desembocar noutro camiño, teño esta vistas de Ribadeo:


E desemboco noutro camiño que xa está en moito mellor estado .


Mentres que o anterior camiño era pechado de vexetación, este é máis aberto e deixame estas vistas:

Aínda que se camiña moito mellor, hai bastante auga en tramos. Supoño que en pleno inverno será peor.

Dende aquí vemos Tomentosa da parroquia de de Piñera en Castropol.

Os castiñeiros nacen no medio dos piñeiros formando soutos.



Desemboco nunha estrada local.

Por esta estrada vou, durante 1km, ata o punto de inicio.





Ningún comentario:

Publicar un comentario