Fixen polo concello de Lourezá 3 rutas, as dúas primeiras forman parte do Camiño Natural de S. Rosendo que pasa por aquí; e a terceira foi unha ruta compartida co concello veciño de Mondoñedo que abarcaba aldeas dos dous concellos.
A ruta que traio hoxe transcorre toda ela polo concello de Lourenzá e por unha zona totalmente descoñecida para min, pero no para os peregrinos do Camio Norte a Santiago xa que a 1ª parte do percorrido comparte un tramo deste Camiño.
Lourenzá pertence á provincia de Lugo e dentro desta á comarca da Mariña Central. A historia destas terras está fortemente vencellada á do mosteiro de San Salvador de Lourenzá, creado no S.X por Osorio Gutiérrez.
Características desta ruta
Lonxitude: 6,7 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar . O meu track en WIKILOC
Descripción da ruta:
Aparquei o coche moi preto da Ponte do Baos, unha ponte medieval de pedra e dun só arco tamén coñecida como a "Ponte de Pedra"
Por aquí pasa o Camiño Norte de Santiago e esta ponte é todo un símbolo neste concello e de feito loce no escudo da localidade. Por aquí pasa tamén o Camiño Natural de S. Rosendo.
O Camiño Natural de S. Rosendo segue de frente. Nós torcemos aquí á dereita.
Temos que cruzar a estrada que entra a Lourenzá e pillar esa pista de cemento en pendente que vemos na foto.
Rematado o cemento deseguida, empeza un camiño ata a capela de Santa Cruz.
Paisaxe que vemos indo cara á capela da Santa Cruz.

Xa vemos en frente a capela e á esquerda, o campo de fútbol da localidade.
Estamos en zona totalmente rural. Ao fondo a vila de Lourenzá.
Seguimos no tramo compartido co Camiño Norte de Santiago.
Vistas dende a capela da Santa Cruz.
A sinxela capela da Santa Cruz está no barrio da Tilleira. A lenda di que este foi o lugar dende o que o Conde Santo lanzou a pedra que decidiría o emprazamento do seu novo mosteiro.
Antigamente con motivo da Festividade da Santa Cruz en maio, celebrábase aquí unha romaría con merendas nos prados da contorna.
Capela da Santa CruzSigo o trazado do Camiño de Santiago só que ao revés.
Paisaxe totalmente rural. Á dereita, o barrio de Dodelle.
Á esquerda aló lonxe, queda Pousada, un lugar da parroquia de Santa Mª de Lourenzá.
Deixo o Camiño de Santiago pillando por este outro de monte.Chego a un cruce onde se pode optar por calquera dirección, á dereita pasariamos por diante dunha casa e unha granxa. Eu sigo de frente.Teño unha amiga que me di semopre que se aparecen loureiros, hai cerca vivenda e sempre se cumpre.Antigamente críase que esta planta era máxica e axudaba a protexer das envexas e maledicencias e por eso na entrada a moitas aldeas antigas medra este arbusto que tamén era o empregado (aínda o é) o domingo de Ramos para que o bendigan.
"...nas aldeas cren que o loureiro despide efluvios que adozan o ambiente e que ten virtudes protectoras; e así aparece plantado preto de moitas casas campesiñas; e por iso penduran as súas pólas nas cortes, para preservar o gando de desgrazas e polo xeral é costume queimar poliñas de loureiro que se bendiciran na igrexa o domingo de ramos, supondo que con iso afástase o trono, a treboada e o raio ou chispa. Tense ademais coma purificador; e cando se sospeita que algunha cousa entrou na casa, afúmase con loureiro. Como símbolo quizais de triunfo, todos os construtores de vivendas en Galiza colocaban no máis alto das paredes da nova casa varias pólas de loureiro cando rematan de levantar os muros; e disque esta vella práctica engloba tamén o desexo de protección e ventura para o novo lar"
(https://gl.wikipedia.org/wiki/O_loureiro_na_cultura_popular_galega)
Estou na aldea de Painzás, onde atopei a Moncho (un home que vive na vila) paseando co seu can. El explicoume que nesta aldea xa non vive ninguén habitualmente. Hai xente que vive noutro lugar cercano pero mantén aquí a casa e ten gando: galiñas, cabalos..
Vexo moitas veces esta imaxe: a casa practicamente en ruinas pero o cabozo mantense en mellores condicións: erguido, desafiante...como se o tempo non quixera pasar po el cando realmente hai moito que xa perdeu o seu uso.
 |
| Painzás |
Poucas casas hai en Painzás. Debeu ser unha aldea ben tranquila.
Por una pista baixo agora cara á vila.
Paso ao pé destas dúas vivendas en pedra nas que non debe vivir ninguén aínda.
Evitando sempre o asfalto na medida do posible, dende as casas anteriores en lugar de seguir a estrada, pillo un camiño á dereita (Tódolos camiños e pistas polos que andiven están ben acondicionados para camiñar. Agora, no inverno, hai tramos con algo de auga e barro pero pásase perfectamente)
Prados e plantacións de fabas. O val de Lourenzá ten un microclima especial moi favorable para esta legume que está considerada como unha das mellores de España. Nestes últimos anos aumentou moito a producción e é un sector en pleno auxe que cada ano celebra unha festa "A Festa da Faba" aló polos primeiros de outubro. Naceu no 1990 froito dunha iniciativa do concello para promocionar o consumo desta leguminosa e reune a produtores, compradores, consumidores...
Xa moi cerca da vila, desemboco no barrio de Dodelle.
Agora vou rodear as plantacións de "Viveiros Cabaleiros" empresa que se dedica dende 1941 ao cultivo de árbores e plantas ornamentales. Actualmente ten unha gran superficie de cultivo ao pé do Rego do Batán.
Despois de cruzar a Ponte das Cuñas, torcín á dereita e vin ao pé dunha casa un acceso ao río do Batán e alá fun. Andiven un pequeno tramo ao pé do rego pero dábame a impresión de que era un espazo privado porque por alí tamén se extendían as plantacións de viveiros Cabaleiros,pero preguntei e dixéronme que non , que se podía ir por aí.
O Rego do Batán é así chamado porque se pensa que no pasado houbo batáns á súa beira.
Imaxe do mosteiro. A súa fisonomía actual é do S. XVII. Despois da desamortización de Mendizabal no 1835, o mosteiro queda totalmente abandonado e no 1878 sofre un gran incendio.A artires de 1910 foi ocupado por monxes de Samos que desapareceron nos anos 40 do S. XX.
Estes torreóns forman parte do peche da finca do mosteiro.
A igrexa de Santa Mª data do S. XVIII e foi creada primeiro por Fray Juan de Samos e acabada por Juan de Casas e Novoa.

Foto tomada noutra ocasión, onde vemos a fachada pricipal da igrexa en estilo barroco que é considerada o precedente arquitectónico da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago.
En perpendicular, o mosteiro de S. Salvador que hoxe alberga a Casa Consistorial.
 |
| Igrexa de Santa Mª e mosteiro de S. Salvador |
Cando fixen esta ruta estaba colocada diante do mosteiro a "Vila do Nadal" elaborada de forma artesanal con restos de madeira sobre todo e algún outro elemento. Ten moito mérito o traballo que hai detrás e cada ano van aumentando o nª de figuras e elementos.
O mosteiro de S. Salvador foi fundado no S. X por Osorio Gutierez, " O Conde Santo"
Osorio Gutiérrez, alcumado o Conde Santo, era membro da nobreza altomedieval e recibiu herdanzas do seu pai, Gutierre Osóriz, e do seu tío, Nuno Osóriz, que tiñan amplas posesións na rexión. O 17 de xuño de 969 firmouse a carta de fundación, e o mosteiro adscribiuse á orde de San Bieito. Cando o conde enviuvou ingresou na comunidade de monxes, e xa con idade avanzada viaxou como peregrino a Terra Santa, de onde trouxo o seu propio sartego. Morreu ao pouco do seu regreso, e foi soterrado neste lugar. (https://gl.wikipedia.org/wiki/Mosteiro_de_San_Salvador_de_Lourenz%C3%A1)
Outra imaxe da parte traseira do mosteiro.
A pesares de estar separado do mosteiro, o Torreón dos Frades formaba parte das dependencias monásticas. Está construído en pedra, ten 2 plantas e remata nunha cúpula.
Páxinas web empregadas:
https://www.fundaciongaliciaverde.org/index.php
https://amarinalucense.gal/es/monasterio-de-vilanova-de-lourenza