sábado, 29 de xuño de 2024

CELJE/ PTUJ/MARIBOR (ESLOVENIA)

 No este de Eslovenia visitamos 3 cidades, todas elas moi tranquilas, sen ningún tipo de aglomeración.

Celje: a 3ª cidade máis grande do país.

Ptuj: a cidade máis antiga de Eslovenia

Maribor: A 2ª cidade máis grande do país.

CELJE

É a 3ª cidade máis grande de Eslovenia e é famosa pola súa historia medieval e polos seus balnearios(só na cidade, hai 6) Tamén coñecida como "A Cidade dos Condes de Celje" xa que esta familia noble viveu aquí.

 Coa chegada dos pobos bárbaros, Celje  foi arrasada e non se soubo máis dela ata o S. XII, cando foi reconstruida baixo o nome de Cylie e foi denominada a sede dos condes de Celje, que foron a dinastía máis influente en tempos medievais de toda Eslovenia. Posteriormente pasou a depender dos Habsburgo, e no S. XIX, ao Imperio austrohúngaro. Nese momento, Celje era un núcleo de nacionalismo alemán (cerca do 67 % eran alemáns). Coa caída  deste imperio, foi integrada no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, onde comenzou a industrialización e crecemento da cidade.

Vimos Celje de camiño a Maribor. Ao chegar a Celje, estaba esperándonos un guía local que nos foi explicando a historia desta cidade.

Comenzamos a visita na Praza Maior que domina o Celjski Dom. Este edificio foi construido en 1907 como Centro Social para os residentes xermanoparlantes (por eso se lle chamou tamén a Casa Alemana)Ten torres e fachada neogótica. Ata 1918 foi o centro cultural e social da minoría gobernante alemana en Celje xa que durante a II Guerra Mundial, esta cidade foi ocupada polos nazis.

Celjski Dom
 O palacio modernista que vemos aberga a Oficina de Correos.

Fermosos edificios coa torre da Catedral de S. Daniel ao fondo.

Na seguinte foto, a igrexa da Asunción de María de estilo románico do S. XIII.

Igrexa da Asunción

O Narodni Dom é un edificio construido a finais do S. XIX que no momento da súa creación era un símbolo dos eslovenos  na loita contra a xermanización da cidade nese momento. Dende 1995 é a Sede do Municipio de Celje e da maior parte da súa administración.
Narodni Dom

Vemos a estatua de Alma Karlín (1889-1950) que foi periodista, escritora de viaxes e unha gran aventureira que viaxou por todo o mundo e dominaba moitos idiomas. Ao fondo, o edificio da Estación de tren de Celje. É un edificio de dúas plantas construida en 1846  cando o 1º tren chegou a Celje, como unha das paradas entre Viena (Austria) e Trieste(Italia). Este feito supuxo un gran crecemento económico para a cidade.

MANSIÓN DOS VELLOS CONDES (MUSEO REXIONAL)
O Museo Rexional ocupa dous espazos: un edificio antigo e a Mansión do Príncipe. Este museo ten exposicións permanentes que nos levan dende a Prehistoria ata os nosos días.

Palacio do Principe
 Este patio corresponde á Mansión dos que foron Condes de Celje.

Algo do que vimos no Museo:





O "Teito de Celje" é o punto culminante do antigo edificio, antiga pintura profana entre o Renacemento e o Barroco.


Son moi interesantes unhas excavacións recentes que descubriron unha cidade romana do S. I.





Ao remate da visita a Celje demos un paseo ás beiras do río Savinja dende onde divisamos aló no alto o Castelo de Celje que non visitamos.

Ás beiras do río Savinja

 PTUJ.

Ptuj é  a cidade máis antiga de Eslovenia que acadou o seu máximo esplendor en época romana. Foi campo de batalla durante as guerras turcas do S. XVIII e incendiada numerosas veces. No S. XIX era unha cidade de escasa importancia ata a apertura da línea ferroviaria Viena-Trieste. En 1941 foi ocupada pola Alemania nazi, pero despois da guerra os alemáns foron deportados a Austria e outros marcharon a Estados Unidos. Dende entón Ptuj estivo poblada case completamente por eslovenos.

A cidade está atravesada polo río Drava que dotou sempre de gran riqueza aos seus habitantes.

IGREXA DE S. JORGE.- É unha das igrexas máis antigas de Eslovenia. Foi empregada como picota na I. Media e foi de gran importancia na vida da cidade. Foi construida ao redor de 1140.

Igrexa de S. Jorge en Ptuj

Visitamos por dentro esta igrexa onde observamos o estilo gótico.

Interior da igrexa de S. Jorge

Vemos o Munumento a Orfeo no lugar que se empregaba como picota na I. Media e o Teatro.

PRAZA MESTNI.-É o centro neurálxico da cidade. O impresionante edificio que vemos é o do concello.

Edificio do concello de Ptuj

A Torre da Cidade ten a curiosidade de que a única cara que non ten reloxo é a que mira ao castelo.

A estatua que vemos é a de S. Florián, un santo ao que se encomendaron os habitantes de Ptuj tralos graves incendios que asolaron a cidade.


CASTELO DE PTUJ
Actualmente este castelo funciona como museo onde se mostran obxectos e obras de arte que a nobleza foi acumulando ao longo dos séculos, destacando os instrumentos, as pinturas e o diferente mobiliario.
O castelo, do S. XII, domina toda a cidade dende a colina na que está situado. 


Entrando ao castelo:

Aspecto de arcadas no castelo.
 
Algo do moito que vimos:






O CARNAVAL DE PTUJ
"Durante el período de carnaval, la ciudad eslovena más antigua, Ptuj, se convierte en un gran escenario de carnaval, donde los famosos personajes kurenti desempeñan el papel principal. 
Kurentovanje tiene más de 60 años de tradición y es uno de los carnavales más grandes de Eslovenia. La figura del kurent y sus desfiles durante la época de carnaval también están incluidas en la lista del patrimonio cultural inmaterial de la UNESCO".(https://www.slovenia.info/es/historias/kurentovanje-el-carnaval-mas-grande-de-eslovenia)
Nas fotos, imaxes dos kurents e outros disfraces:




Aspecto exterior do castelo de Ptuj

Fomos comer ao restaurante Turisticka kmetija Hlebec onde nos ofreceron unha degustación de varios tipos de viño. 

MARIBOR

É a 2ª cidade máis grande de Eslovenia. Está situada cerca de Austria, ás beiras do río Drava. Ten moita industria e o principal producto é o viño.

"Formó parte del Imperio Austro húngaro hasta su disolución, cuando pasó a ser un miembro más del reino de Serbios, Croatas y Eslovenos. Fue una localidad con mucha influencia alemana durante gran parte de su historia, aunque tras la I Guerra Mundial muchos los alemanes que la habitaban emigraron de Maribor provocando una desgermanización de la zona. Años después, durante la II Guerra Mundial, fue nuevamente anexionada a Alemania. Una vez finalizada la contienda Maribor vuelve a formar parte de Yugoslavia hasta 1991, momento en que Eslovenia se independiza".(https://www.turismoeslovenia.es/ciudades-de-eslovenia/maribor/)

Paseamos pola Capital Europea 2012 

Un dos edificios máis emblemáticos desta cidade é esta igrexa franciscana que destaca pola súa cor vermella e foi o noso punto de referencia para movernos pola cidade cando nos deixaron templo libre.

Igrexa Franciscana

Na Praza Svobode ou Praza da Liberdade temos o munumento ás víctimas da II Guerra Mundial ao pé dun antigo castelo que hoxe é un museo.
Monumento ás vítimas da II Guerra Mundial

A Catedral de S. Juan Bautista é de estilo gótico do S. XII.
Catedral
A Praza Glavni é moi fermosa e aquí localizamos elementos moi emblemáticos desta cidade como o edificio do concello, a columna votiva ou da peste...
Praza Glavni
A columna votiva é un símbolo para non esquecer a plaga de peste que asolou esta cidade. É un monumento do S. XVII dedicado a Virxe para recordar as víctimas da peste negra que matou un terzo de habitantes de Maribor no S. XVII. Exemplos destas columnas hai por moitos países europeos xa que a peste negra asolou o continente europeo entre os séculos XIV e XVIII e cando a epidemia rematou, moitas cidades levantaron monumentos que o celebraban e agradecían a Deus, a Virxe e aos santos habela superado. Moitas destes monumentos son de gran valor artístico.
Columna votiva ou da peste.

O edificio que alberga o concello é de estilo renancentista do S. XVI.
O Concello de Maribor

Fomos ata o barrio xudío e vimos unha das sinagogas máis antigas de Europa. Este lugar foi un gueto  na I. Media. No S. XV, os xudíos foron expulsados de Maribor e a sinagoga converteuse nunha igrexa, despois en almacén militar, máis tarde en residencia privada ata a época actual en que é un museo e centro cultural.
Sinagoga
A Torre da Auga, do S. XVI tivo no pasado un gran valor militar como torre de defensa e despois foi usada como almacenamento de viño, sendo a bodega máis antiga de Eslovenia. Actualmente atopamos un bar nela.

Tamén demos un paseo ás beiras do río Drava onde vimos a vide máis antiga segundo o Libro Guinness dos Récords (estímase que ten máis de 450 anos) e segue dando preciosos froitos. Foi plantada a finais da I. Media, cando Maribor foi sitiada polos turcos e sobreviveu ás batallas que se deron no seu arredor, xa que antes formaba parte das murallas da cidade. Non poideron destruila nin os incendios, nin as plagas, nin os bombardeos...

 

A vide máis antiga do mundo

A Ponte de Tito sobre o río Drava é do 1913 é un dos símbolos da cidade.



Páxinas web consultadas:
https://serviajero.blogspot.com/2023/08/celje-eslovenia-centro-historico.

https://sl.wikipedia.org/wiki/Narodni_dom,_Celje
https://elatlasdemb.com/europa/eslovenia/que-ver-en-celje-y-predjama-excursiones-de-leyenda/
https://elcolosoderodas.home.blog/2021/02/08/viajeras-y-misticas-en-el-lejano-oriente/
https://navicup.com/object/slovenia-grand-tour/regional-museum-of-celje-279489/es
https://es.wikipedia.org/wiki/Ptuj
https://es.wikipedia.org/wiki/Antigua_catedral_de_San_Jorge_(Ptuj)
https://www.turismoeslovenia.es/ciudades-de-eslovenia/ptuj/
https://www.andalan.es/?p=15683
https://www.vitamia.si/es/trips/64-maribor-%C5%BEi%C4%8De-y-los-vi%C3%B1edos-de-la-regi%C3%B3n.html
https://www.visitmaribor.si/en/what-to-do/wine-and-culinary/old-vine-house/

martes, 25 de xuño de 2024

LAGOS BLED E BOHINJ / CASCADAS SAVICA E PALENK (PARQUE NACIONAL DE TRIGLAV, ESLOVENIA)


LAGO BLED

O Lago Bled é un lago glaciar dos Alpes Julianos situado na cidade de Bled. É moi fermoso e turístico. Mide pouco máis de 2km de longo e ten unha anchura de 1380m. A profundidade máxima é de 30,6m.

Este lago está situado dentro do Parque Nacional de Triglav, único de Eslovenia e un dos máis antigos creados en Europa (1924) Todo o Parque ten unha frondosidade exuberante con inmensos bosques, covas, lagos glaciares e numerosas cascadas.

Tivemos un día feo climatolóxicamente para esta visita. Había nubes baixas que tapaban completamente o sol e ás veces incluso chuviscaba.

CASTELO DE BLED.-

O 1º que visitamos foi o Castelo de Bled cunha guía que persoalmente me gustou moito.

O Castelo de Bled está edificado sobre un enorme acantilado sobre o lago do mesmo nome. Foi nomeado por vez 1ª no S. XI. No S.XIII pasou a mans da Casa de Habsburgo.

Castelo de Bled (Foto Licencia Creative Commons)

Cunha historia que se remonta ao S. XI, este castelo desempeñou un papel importante na defensa da rexión e foi testemuña de numerosos eventos históricos ao longo dos séculos. Orixinalmente construido en madeira, o castelo foi reconstruido en pedra no S. XII e experimentou varias renovacións e modificacións ao longo dos anos, reflectindo diferentes estilos arquitectónicos e épocas históricas.

Castelo de Bled

Este castelo é un dos máis antigos de Eslovenia.

Castelo de Bled

Dende o castelo podemos ver a cidade de Bled e os Alpes Julianos, ao fondo.
Vistas do Lago Bled dende o castelo

Dende o castelo temos excelentes miradoiros para desfrutar de toda a beleza do lago Bled.

Vistas do Lago Bled dende o castelo

Despois de desfrutar destas fabulosas vistas, baixamos ao pé do lago para subirnos a unha  pletna, embarcación típica do lugar  na que demos un pequeno paseo achegándonos ata a pequena illa que hai no lago e que ten a igrexa da Asunción.
Mentras camiñábamos cara á embarcación, non deixaba de chover. O día non podía estar peor!

Estas que vemos na foto son as pletnas, as embarcacións que nos levarían e aínda que están tapadas por encima, os bancos estaban mollados. Menos mal que case todos e todas levábamos chuvasqueiros!! Eu, un prestado. Grazas Susana!
As embarcacións, chamadas pletnas

Chegando á illa de Bled. Esta é a única illa quen ten o país. 
Lago Bled coa súa illa.

Unha vez chegamos á illa baixamos e tivemos que subir 99 escaleiras para chegar ata a Igrexa da Asunción que non vimos por dentro porque había que pagar por entrar e facer soar tres veces a campana para que se che cumpra un desexo. É un ritual que a min particularmente non me di nada, xa que non creo en absoluto nesas cousas. A illa por outra parte non ten case nada que ver e paramos nela moi pouco tempo.
A igrexa foi construida en estilo gótico pero no S. XVII foi reconstruida dándolle un estilo barroco. O campanario, independiente da igrexa, foi construido no S. XV.
Igrexa da Asunción na illa de Bled.
 
Rematada a visita á illa volvemos embarcar outra vez para voltar ao inicio do percorrido.

O día non estaba moito para fotos, pero aínda así se deixa ver a beleza deste lugar.
Lago Bled

Ao redor do lago hai un fermoso e relaxante paseo cunha vexetación desbordante. Xa me gustaría rodealo andando pero...hai un programa que cumprir☝☝☝☝

Dicímoslle adeus a este lugar máxico que nos deixou impresionados de tanta beleza!!


Despois do xantar, fomos visitar a:

CASCADA SAVICA
Dentro do Parque Nacional de Triglav atopamos esta cascada, unha das máis famosas do país, que ten 78m. de altura.
Camiñamos no medio dunha natureza apabullante pero...non deixaba de chover!!
Camiño á cascada de Savica

Ata chegar ata o Lago Bohinj que veremos despois, o río Sava Bohinjka é coñecido como Savica(pequeno Sava) A cascada Savica é realmente o nacemento deste río.
Río Savica

Para acceder á cascada hai que subir máis de 500 escaleiras pero son moi cómodas e baixas.
Máis de 500 escaleiras ata a cascada

Eu non desfrutei para nada da fervenza: chovía e había demasiada xente nun espazo moi reducido. A cascada...bueno...vinas tan espectaculares ou máis en moitos lugares de Galicia e Asturias.


No inicio/fin de acceso á cascada vemos esta cabana onde se mercan as entradas. Nós xa as levábamos incluidas no prezo da viaxe.


LAGO BOHINJ

Moi cerca da cascada Savica temos este lago que é o máis grande de Eslovenia, tamén dentro do Parque Nacional de Triglav.

Fixemos unha parada moi curta neste lago. Para min, demasiado curta xa que apenas poidemos desfrutar desta marabilla.

Bohinj é un dos vales máis fermosos situado no corazón dos Alpes Julianos con altas montañas, verdes bosques, cumes alpinos e as pradeiras coas súas belezas naturais

Lago Bohinj

Este lugar é ideal durante todo a ano para desfrutar de sendeirismo, deportes naúticos, alpinismo, pesca, baños no lago, kayakismo...
Tamén se pode percorrer o lago todo ao redor. Son 12 km. aprox. de beleza incomparable que non realizamos claro!
Lago Bohinj

CASCADA PALENK

Moito me deu que atopar o nome desta cascada!! Despois de bucear e bucear por Internet, por fin descubrín que se chama Cascada Palenk!
Esta situada moi preto do Hotel Plesnik, no Val de Logarska Dolina, dentro do Parque Nacional de Triglav. É este un val dos máis fermosos de Europa.
Paramos ao pé do hotel Plesnik e a natureza desbordante apertounos con forza. Detrás do hotel vemos a cascada Palenk. 
Hotel Plesnik

Esta foto vese en Internet, folletos...etc en multitude de ocasións. Aínda que agora non chovía, o día estaba moi oscuro e con néboas baixas e as fotos non saen coa mellor das calidades.

As casas desta zona son as típicas dos Alpes, preciosas con corredores e balcóns de madeira e tellados inclinados.

Esta zona é moi cara para hospedarse pero pódese facelo en outros lugares próximos máis económicos. O chamado turismo activo pode atopar aquí multitude de actividades para facer: sendeirismo con rutas espectaculares, alpinismo, safaris fotográficos...no inverno, esquí, escalada nas cascadas de xeo..


Realmente, Eslovenia ten unhas paisaxes que non deixan indiferentes!

A cascada Palenk cae sobre un acantilado quebrado por un desnivel de 78m.  Nesta zona hai outras cascadas, algunha delas moi famosas como a Rinka, que non vimos.

No inverno esta cascada ao igual que moitas outras son un gran atractivo para os amantes da escalada en xeo, xa que nesa estación conxélanse.


O Parque Nacional de Triglav é, polo que vimos, un dos lugares máis fermosos de Europa e o Monte Triglav cos seus case 3000m de altitude é a cima máis alta de Eslovenia e o ascenso ao mesmo é como unha peregrinación para os eslovenos xa que procuran subir ao cume polo menos unha vez na vida.
Cando se viaxa nunca se pode ver todo e menos indo en grupo. Quedaron bastantes lugares que ver nesta zona fermosísima:  varias cascadas e sobre todo o desfiladeiro chamado a Garganta de Vintgar, un espectacular canón fluvial.
Haberá que volver!!


Páxinas web consultadas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_de_Bled
https://www.viajeroscallejeros.com/lago-bled-eslovenia/
https://es.wikipedia.org/wiki/Lago_Bohinj