Amosando publicacións coa etiqueta ano 2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2017. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de maio de 2020

RUTA CASTROS DE BOAL PR_AS 249 (ASTURIAS)

Desta ruta podo falar  moi pouco xa que o día que nos tocou facela chovía e ventaba de tal maneira que non poidemos facela completa. Só andivimos un pequeno tramo e demos a volta xa que era imposible desfrutala. Queda pendiente para unha nova ocasión.
Boal é un pequeno concello (menos de 3000hab.) do occidente asturiano.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 14km. (nós fixemos uns 6km. en total)
Dificultade: Media (para nós foi fácil xa que non chegamos á parte dura)
Ruta circular cunha sinalización regular nalgúns tramos.

DESCRIPCIÓN:
 A ruta parte da casa da apicultura que está a 2km. de Boal, na aldea Os Mazos ( a nós que imos dende a costa de Lugo, quédanos antes de chegar á vila)
A situación exacta da casa da apicultura AQUÍ
A Casa da Apicultura é un centro de divulgación e interpretación relacionado coa cría das abellas xa que este concello posee, dende tempos moi antiguos, moitas colmeas.
Casa da Apicultura en Os Mazos

Baixamos pasando pola Casa da Rectoral:

Os Mazos


Mirando cara atrás, vemos de onde saímos


Detrás queda a aldea de As Viñas






A paisaxe que nos acompaña é ben fermosa pero a chuvia contínua non nos deixa desfrutala:









Non deixa de chover...


Dende este lugar decidimos dar a volta e repetir esta ruta noutra ocasión:


Demos a volta e volvemos por onde viñemos. Polo tanto non vimos o Castro de Pendía, nin subimos ao Pico Penácaros. 

Estas fotos íxenas ao volver:

Os cabalos non podían estar máis mollados


O río Pendía:

Collemos os coches  e diríxímonos a Boal onde tíñamos reservado o xantar:

Boal

Que ben senta hoxe este pote asturiano!

Moita xente de Boal emigrou a finais do S. XIX e principios do S.XX a ultramar, sobre todo a Cuba. Este monumento, realizado en bronce está composto por 5 figuras a tamaño natural e reproduce a despedida dunha familia fotografíada en 1909. É obra de Amado González hevia, "Favila"
Monumento á emigración

A fotografía orixinal e o monumento ( publicación recollida do grupo de facebook"El occidente astur")

mércores, 6 de maio de 2020

RUTA CAMIÑO VELLO- RÍO SESÍN (FRAGAS DO EUME)

Por 2ª vez imos ás Fragas do Eume a facer unha ruta. Eu teño que dicir que nestas famosísimas fragas existen varias rutas, nós só fixemos dúas e a mín personalmente gústanme bastante máis outras rutas que levamos feitas. Non sei...a mín paréceme que moita xente vén aquí atraída pola fama que teñen e poucas máis rutas fan e entón non chegan a descubrir outros lugares que ten Galicia igual ou máis fermosos.
Hoxe fomos polo Camiño Vello por onde se accedía na época Medieval ao Mosteiro de Caaveiro.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 7km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta arranca dende a igrexa de Santiago, ao lado do Museo Etnográfico en A Capela.
A situación, AQUÍ



Deseguida nos adentramos no bosque:


A vexetación autóctona vai ganando terreo e chegamos ás beira do río Sesín(principal afluente do Eume)


E á ponte románica sobre o río Sesín:


Por un camiño empedrado, chegamos ao Mosteiro de Caaveiro:




Despois de facer un descanso desfrutando do entorno do mosteiro, continuamos polo Camiño vello agora subindo entre carballos. Despois camiñaremos uns 200m. por asfalto e visitamos o Parque Etnográfico do Río Sesín que é todo un placer para os sentidos xa que atopamos preciosos rincóns con muíños restaurados e canles de auga no medio dunha exuberante vexetación de ribeira.




Algo máis adiante cruzamos unha ponte medieval.

E chegamos á carretera, imos uns metros por asfalto e deseguida chegamos ao final da nosa ruta.

martes, 5 de maio de 2020

RUTA COSTA DA ÉGOA (CARRAL) PR-G101

Para realizar esta ruta imos ata o concello de Carral (A Coruña), concretamente imos ata a Casa Rural "Costa da Égoa" na carretera N 550 que é onde empezamos a nosa camiñata.
Esta ruta percorre o Val de Barcia; é unha sinxela ruta fluvial na que veremos 14 muíños de auga e unha pequena central hidroeléctrica do S. XVIII (Eco-Museo) no río Abelleira.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 6,5km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
Saimos dende a Casa de Turismo Rural (As Teixoiras, nº4. Santa Mª de Veira. Carral) Esta casa era coñecida como "Casa del Molinero Francisco", onde se moía o gran en muíños eléctricos alimentados coa enerxía do río Abelleira.
A situación desta casa rural, AQUÍ


A uns 200m. de empezar a camiñar xa atopamos o conxunto de muíños. Todos eles foron restaurados, o entorno está coidado e é ben fermoso!
Nestes muíños, en séculos pasados moíase o gran para facer o pan. O pan de Carral goza aínda hoxe de gran prestixio.
Entorno coidado



A paisaxe entre felgos, auga, árbores...é espectacular!

Agora imos por un camiño máis ancho e alonxado do río ata a pequena aldea de Montemeán. Ascendemos por entre eucaliptales ata os 300 m. de altitude e despois baixamos por un souto:

E desviándonos uns 100m. da ruta atopamos a capela de S. Pedro de Rubieiro, que na I. Media servía de aloxamento aos peregrinos que ían a Santiago.

Volvemos á ruta e tras camiñar 1km. por asfalto seguimos por unha pista ancha:

Outras imaxes desta ruta:



E chegamos ao Pazo das Cadeas en Hervés. Este pazo é do S. XVI e aloxou a visitantes tan ilustres como Mariana de Neoburgo que foi raíña de España tralo seu matrimonio con Carlos II. Quedou tan satisfeita coa satisfeita coa hospitalidade brindada que o rei otorgou ao propietario o "Dereito Real de Cadeas" que significa "dereito de asilo", é dicir que naquel tempo aos que a xustiza  perseguía por algún motivo e se refuxiaban neste Pazo, o propietario do mesmo dáballes asilo e non podía entragalos. Hoxe este lugar dedícase a organizar eventos: