Para realizar esta ruta imos ata o concello de Carral (A Coruña), concretamente imos ata a Casa Rural "Costa da Égoa" na carretera N 550 que é onde empezamos a nosa camiñata.
Esta ruta percorre o Val de Barcia; é unha sinxela ruta fluvial na que veremos 14 muíños de auga e unha pequena central hidroeléctrica do S. XVIII (Eco-Museo) no río Abelleira.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 6,5km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
Saimos dende a Casa de Turismo Rural (As Teixoiras, nº4. Santa Mª de Veira. Carral) Esta casa era coñecida como "Casa del Molinero Francisco", onde se moía o gran en muíños eléctricos alimentados coa enerxía do río Abelleira.
A situación desta casa rural, AQUÍ
A uns 200m. de empezar a camiñar xa atopamos o conxunto de muíños. Todos eles foron restaurados, o entorno está coidado e é ben fermoso!
Nestes muíños, en séculos pasados moíase o gran para facer o pan. O pan de Carral goza aínda hoxe de gran prestixio.
Agora imos por un camiño máis ancho e alonxado do río ata a pequena aldea de Montemeán. Ascendemos por entre eucaliptales ata os 300 m. de altitude e despois baixamos por un souto:
Volvemos á ruta e tras camiñar 1km. por asfalto seguimos por unha pista ancha:
Outras imaxes desta ruta:
E chegamos ao Pazo das Cadeas en Hervés. Este pazo é do S. XVI e aloxou a visitantes tan ilustres como Mariana de Neoburgo que foi raíña de España tralo seu matrimonio con Carlos II. Quedou tan satisfeita coa satisfeita coa hospitalidade brindada que o rei otorgou ao propietario o "Dereito Real de Cadeas" que significa "dereito de asilo", é dicir que naquel tempo aos que a xustiza perseguía por algún motivo e se refuxiaban neste Pazo, o propietario do mesmo dáballes asilo e non podía entragalos. Hoxe este lugar dedícase a organizar eventos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario