xoves, 7 de maio de 2020

RUTA DOS FERREIROS (TARAMUNDI) PR-AS 18

Voltamos a Tarumundi, este concello do occidente asturiano que ten fermosas rutas de sendeirismo, ben coidadas e promocionadas como a da Auga(sen dúbida a máis coñecida) pero ten outrs tamén dignas de persorrer como é a que hoxe imos facer.
A Ruta dos Ferreiros e curtiña e sinxela  e permítenos visitar varias aldeas do municipio camiñando entre unha vexetación autóctona.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 6km.
Dificultade: baixa
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:

A ruta parte do mesmo Tarumundi. Imos en dirección sur e tomando un camiño empedrado, chegamos a Mazonovo onde hai un Museo dos Muíños nun precioso enclave, á beira dos rios Turía e Cabreira.
A ubicación AQUÍ


Macetas pintorescas en Taramundi
Mazonovo

No centro de Taramundi

Dende Mazonovo, cruzamos unha ponte sobre o río Turía e tomamos un sendeiro á dereita (está ben sinalizado)



O río Turía:

E chegamos a Vega de Zarzo con interesantes mostras de arquitectura popular:


Agora subimos cara á Pardiñas:

Ponte subindo a Pardiñas:


E chegamos a Pardiñas onde está o Museo da Cuchillería de Taramundi. Nós fotografiamonos xunto á navalla xigante:

Volvendo cara a Taramundi. Esta é a igrexa:


Agora collemos os coches e imos comer á máxica aldea de As Veigas como xa fixéramos cando realizamos a Ruta da Auga
Esta aldea totalmente restaurada nun entorno privelixiado é algo que non se debe deixar de visitar se vimos a Taramundi:






Ningún comentario:

Publicar un comentario