Por 2ª vez imos a Trabada que xa dixen no post da primeira ruta que é o concello da provincia de Lugo con máis rutas homologadas: 5 nada menos!
Se a Ruta de Vilapena nos gustara, esta encantounos!!
Vaia ruta máis fermosa que discorre toda ela por unha fraga que parece de conto con ábores autóctonos, regatos, pontes de madeira, fontes, escaleiras....unha fermosura!!
CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude. 6 km.
Dificultade: media-baixa
Ruta circular ben sinalizada.
O track en WIKILOC
DESCRIPCIÓN:
Para o comenzo desta ruta temos que ir ata aldea de Cima de Vila en Trabada e coller a carretera que vai a Riotorto (LU-P-5506) Despois do 1º km. atopamos a aldea de Cima de Vila, continuamos e a 1km. onde se cruza esta carretera coa vella que ía a Riotorto, á esquerda, están os dous paneis informativos das rutas PR-G81 e Pr-G82 xa que parten do mesmo sitio e comparten o 1º tramo do percorrido.
Ubicación, AQUÍ
NOTA: Esta ruta foi editada a día 24 de setembro de 2022 xa que volvín realizala no día de hoxe. Nótese a diferenza no cambio de vexetación de facela no inverno (en 2018) e facela ás portas do outono deste presente 2022.
Aparcadoiro |
A moi poucos metros do aparcadoiro, a pista bifúrcase. OLLO! Hai que pillar á esquerda. Aínda que hai un sinal, está colocado bastante abaixo e hai que fixarse para velo.
(Foto de setembro-2022) |
O regato Vilapercide vai acompañarnos case todo o percorrido:
A Fonte das Gimenas:
Fonte das Gimenas |
Cruce. |
Atravesando unha ponte sobre o regato de Vilapercide:
A humidade e frondosidade da fraga:
(Foto de setembro-2022) |
O regato Vilaparcide baixa con forza:
Pontes ben rústicas:
Corda de axuda |
Chegamos ás pozas da Becerreira:
Vale moito a pena desviarse, (apenas serán 30 metros) e chegarse a ver estas fermosas pozas situadas nun entorno único de paz onde só escoitarás o son da auga e algún paxaro. Hai que chegar ata a última (son 2 e están case pegadas) xa que é a máis fermosa e en días de moita calor aínda nos podemos remollar.
A 1ª poza (Foto de setembro de 2022) |
A 2ª poza (foto de setembro de 2022) |
Seguimos subindo entre esta marabillosa fraga:
Fonte do Acivro (Foto de setembro-2022) |
Fonte do Acivro (Foto de setembro-2022) |
Cruzamos por un precioso bosque de acivros (de aí o nome da fonte)
Bosque de acivros |
Bosque de acivros |
Seguimos cunha intensa baixada! Esta ruta non toca para nada o asfalto nin se oe traza humana algunha.
Comemos en Trabada no restaurante "Camiño Norte":
Ningún comentario:
Publicar un comentario